Skip to Content

Actividades

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato nas fervenzas de Valga

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato nas fervenzas de Valga

O mércores 29 de marzo, o alumnado de 2º Bacharelato da materia de Xeografía fixeron unha saída didáctica ás fervenzas de Parafita e Raxoi seguindo o percorrido do Camiño Portugués de Santiago á beira do río Valga, así como observado diferentes aspectos da xeografía física do concello.
A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, sendo acompañados polos profesores Diego Botana e Juan Carlos Montejano.

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato nas fervenzas de Valga

Alumnado de 4º ESO asiste a unha charla coa xornalista e escritora Montse Fajardo

Alumnado 4º ESO na charla de Montse Fajardo

Un curso máis, tivemos no noso centro á xornalista e escritora vilagarciá Montse Fajardo, impartindo unha interesante charla: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado de 1936”.  A autora de “Matriarcas”, “Un cesto de mazás” ou "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira" deu a coñecer, ao alumnado de 4º ESO, a través das historias dalgunhas mulleres de distintos concellos pontevedreses, a situación da muller nese período histórico  e como viron as súas vidas truncadas ou condicionadas a raíz deste tráxico suceso da historia de España. Ademais a relatora fixo fincapé na historia do último alcalde republicano do concello de Valga. A actividade tivo lugar o martes 21 de marzo no espazo da Biblioteca, sendo organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 4º ESO na charla de Montse Fajardo

 

Reportaxe do alumnado de 4º ESO que participa no concurso "Xornalismo na Escola" de La Voz de Galicia

Alumnado de 4º ESO na súa visita a Extrugasa

Un grupo de vinte alumnas e alumnos de 4º ESO participan no concurso de La Voz de Galicia "Xornalismo na Escola". O concurso ten como eixe a elaboración dunha reportaxe. O alumnado elexiu como tema central desta; o aluminio como motor económico do concello.
O mércores 15 de marzo saiu publicado no suplemento "La Voz de la Escuela" da edición en papel de La Voz de Galicia a referencia ao seu reportaxe "O aluminio en Valga e a súa contorna". Pode lerse o traballo completo no seguinte enlace:

https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/valga-e-a-sua-contorna-o-epicentro-do-aluminio-en-espana/

Alumnado de 2º Bacharelato participou na XIV Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnado de Xeografía 2º Bacharelato na XIV Olimpíada Xeográfica de Galicia, Paraninfo da USC

O xoves 9 de marzo, alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato participou na XIV Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. Completaron a súa participación na Olimpíada coa visita a distintos lugares emblemáticos desta Facultade como a Biblioteca ou o Paraninfo. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Alumnado de Paisaxe e de 1º dos ciclos básicos de Agroxardinaría e Fabricación e Montaxe fan unha saída polo concello de Valga

Alumnado Paisaxe e 1º CB Agroxardinaría e Fabricación e Montaxe no monte Galiñeiro

O luns 30 de xaneiro, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO xunto co de 1º do Ciclo Básico de Agroxardinaría e o de Fabricación e Montaxe,  realizou unha saída a pé polo concello de Valga para coñecer parte dos seus lugares máis representativos. Foi un percorrido visitando: o miradoiro do monte Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga, a igrexa de Santa María de Xanza, finalizando co percorrido do río Valga ao seu paso pola aldea do Carballiño. Foron acompañados polo profesorado Ana Castro, Estefanía Calderón, Luciano Rodríguez, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi  organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut