O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data escollida pola UNESCO dende 1999 para, entre outros obxectivos, honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía. A Biblioteca do IES Plurilingüe de Valga celebra este día cunha escolma de libros, unha reseña ao poeta portugués Fernando Pessoa e un vídeo realizado pola responsable da Biblioteca, a profesora Hilda Gulías co seu alumnado de 2º de Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe SOCA recitando varios poemas do escritor galego Carlos Negro e que podedes escoitar e ver picando no seguinte enlace ou na imaxe.
Animación á lectura
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
