Oferta Educativa

Convocatoria de actividades de formación en linguas estranxeiras 2016 alumnado

 CIRCULAR INFORMATIVA PARA  NAIS/PAIS SOBRE CONVOCATORIA AXUDASLE 

Desde o centro querémoslle informar da seguinte  información por si son do seu interese:

Convocatoria de actividades de formación en linguas estranxeiras 2016 alumnado

O vindeiro día 28  de abril,  remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 14 de marzo de 2016, DOG do  28 de marzo).

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle/.

Para  calquer consulta ou dúbida,  pódese poñer en contacto coa dirección do centro.

Admisión de alumnado en ESO e Bacharelato para o curso 2016-2017

Desde o IES de Valga infórmase do inicio do procedemento para a admisión do alumnado en centros sotidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Asemesmo, infórmase da oferta de postos escolares en ESO e Bacharelato, así como a presentación de solicitudes, documentación para o baremo, listaxe provisional de admitidos e prazos odinario e extraordinario de matrícula.

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 29 de marzo.

Neste documento adxunto pódese consultar toda esta información.

Admisión de alumnado en centros públicos 2016-2017

Xa está en marcha o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. Fai clic nesta ligazón http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048 para acceder á información oficial.

Lembramos que, de acordo co establecido no artigo noveno da Orde de 12 de marzo de 2013 [ver na ligazón], o alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

O prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito será o período comprendido entre o 1 e o 21 de marzo (Anexo II) que se pode descargar de tal ligazón.                                                                                                                    

Reserva de praza para o curso 2015-2016 nos centros docentes públicos

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes
 sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016
 Pódese consultar no ficheiro adxunto e no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

Oferta Educativa

 
  • ESO - ENSINANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA
    • 1ºESO
    • 2ºESO
    • 3ºESO
    • 4ºESO
    • PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR

  •   BAC - BACHARELATOS:
    • BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA:1º E 2º
    • BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAS:1º E 2º 

  •  FORMACIÓN PROFESIONAL
    • CICLOS FORMATIVOS 
      • CICLO MEDIO EN SOLDADURA E CALDEREIRÍA
      • CICLO SUPERIOR EN CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS
    • PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL
      • PCPI EN FABRICACIÓN MECÁNICA

 

Powered by Drupal - Design by artinet