Desde o IES de Valga infórmase do inicio do procedemento para a admisión do alumnado en centros sotidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Asemesmo, infórmase da oferta de postos escolares en ESO e Bacharelato, así como a presentación de solicitudes, documentación para o baremo, listaxe provisional de admitidos e prazos odinario e extraordinario de matrícula. O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 29 de marzo. Neste documento adxunto pódese consultar toda esta información. |