Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación

Alumnado de 1º e 2º ESO asiste a unha charla sobre uso de internet e as redes sociais

Alumnado 1º ESO na charla sobre "Riscos nas TIC"

O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu, en dúas sesións lectivas e na aula de Audivisuais, a unha charla sobre internet e redes sociais. A charla, titulada "Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais", está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Durante unha hora, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado como evitar situacións de risco persoal relacionadas co uso de internet e as redes sociais, sobre todo no caso de compartir fotos e vídeos. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado de 1º ESO participa no obradoiro "Signar nas aulas"

Alumnado de 1º ESO no obradoiro "Signar nas aulas"

O alumnado de 1º ESO e durante dúas sesións lectivas está a participar nun Obradoiro en lingua de signos: "Signar nas aulas". Alba Puentes, intérprete de lingua de signos, e Claudia Domínguez, persoa xorda especialista en lingua de signos, dan a coñecer esta linguaxe así como a labor dunha intérprete desta linguaxe e a realidade que rodea a unha persoa xorda no súa vida diaria. A activida está organizada polo departamento de Orientación e Vicedirección.

Alba Puentes e Claudia Domínguez co alumnado de 1º ESO

Visita do alumnado de 4º ESO ao centros de FP de Santiago: Lamas de Abade e CIFP Politécnico

Alumnado de 4º ESO no CIFP Politécnico de Santiago

O venres 17 de marzo, o departamento de Orientación organizou unha visita aos centros educativos de Formación Profesional de Santiago: Lamas de Abade e o CIFP Politécnico para que, o alumnado de 4º ESO, puidese coñecer de primeira man outras posibilidades que, pode elexir unha vez remate a súa etapa académica no noso centro. Foron acompañados polas profesoras Esther de Andrés, Mar Tejero, Nieves Gómez e Laura Souto.

                         Alumnado de 4º ESO no IES Lamas de Abade

Visita do alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO á USC, CIFP Politécnico e EA Mestre Mateo de Santiago

Alumnado de 4º ESO vista a EA Mestre Mateo en Santiago140219  O xoves 14 de febreiro e como actividade final da "Semana de orientación e emprego" do noso centro, o departamento de Orientación organizou unha visita a distintos centros educativos de Santiago para que o alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO puidese coñecer de primeira man as posibilidades que pode elexir unha vez remate a súa etapa académica no IES Valga. Puideron visitar, segundo a opción elexida, a USC, dentro do programa "A Ponte", o CIFP Politécnico de Santiago e a EASD Mestre Mateo. Foron acompañados polas profesoras Rosalía García, Noa Carrera e Pilar Lestido.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut