Clubes de lectura

Encontro co escritor Miguel Sande na Biblioteca do noso Centro

Participantes no Clube de Lectura co escrito Miguel Sande O pasado xoves, 30 de novembro, tivo lugar na Biblioteca do noso Centro, un encontro dos participantes no Clube de Lectura de adultos co escritor Miguel Sande, Foi unha interesante charla-coloquio arredor do seu libro "A Candidata".  
   

Encontro co escritor Miguel Sande no Clube de Lectura o xoves 30 de novembro

Encontro co escritor Miguel Sande  O vindeiro xoves 30 de novembro, terá lugar unha nova xuntanza do Clube de Lectura de adultos do noso Centro. Será un encontro para conversar sobre a novela "A Candidata" e contaremos coa presenza do seu autor, Miguel Sande. Esperamos a vosa asistencia.   
   

Inaguración do Clube de Lectura 2017-2018

Inaguración Clube de Lectura 2017-2018 Este xoves, 26 de outubro, a partir das 16:30 horas, comezan as actividades deste curso 2017-2018, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Esperamos a vosa presenza. 
   

O escritor Miguel Anxo Fernández no Clube de Lectura de adultos do IES Valga

Os asistentes ao clube de lectura de adultos con escritor Miguel Anxo Fernández O pasado xoves, 1 de xuño, estivo no noso Centro o escritor e crítico de cine e televisión, Miguel Anxo Fernández, o cal compartiu cos asistentes ao Clube de Lectura de adultos, e durante dúas horas, información, opinión e todos aqueles detalles menos coñecidos da súa obra "Blues para Moraima", último premio Blanco Amor de novela.  
   

Encontro co escritor Miguel Anxo Fernández no Clube de Lectura o xoves 1 de xuño

Encontro co escritor Miguel Anxo Fernández xoves 1 de xuño Mañá xoves 1 de xuño, ás 16:30 horas, terá lugar a última xuntanza do actual curso do Clube de Lectura de adultos do noso Centro. Será un encontro para falar da novela "Blues para Moraima", e contaremos coa presencia do seu autor, Miguel Anxo Fernández. Esperamos a vosa asistencia.  
   

Powered by Drupal - Design by artinet