Skip to Content

Extraescolares

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2021-2023

Graduación do alumnado de 2º Bacharelato, promoción 2021-2023

O xoves 22 de xuño, no Auditorio Municipal de Cordeiro, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2021-2023. Foi un acto entrañable e emotivo, presentado polo alumnado desta promoción: Laura Ríos e Pablo Guimarey, no que en representación dela tomaron a palabra Tania Otero e Samuel Rial, que fixeron referencias ao seu paso polo noso centro. Tamén houbo discursos do Director do Centro, Eliseu Mera, do rexidor municipal, José María Bello Maneiro,  xunto cos da madriña e o padriño dos graduados: o profesorado Hida Gulías e Jaime Oviedo. O acto completouse cunha actuación musical a cargo da Banda Municipal de Música, dirixida polo mestre Manuel Villar. Ademais non podía faltar a entrega de diplomas ao alumnado graduado xunto coas mencións especiais aos mellores expedientes do Bacharelato de Ciencias, Samuel Rial, o que lle conlevou o premio "Ángel Carracedo", e do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, concedido á alumna Tania Otero. Picando neste enlace podes ver máis fotografías deste acto.

XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC

A Universidade de Compostela abre o prazo de preinscrición dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio para o XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.  O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo. O custo da matrícula é 250 €.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofértanse durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Máis información no ficheiro anexado a esta nova.

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2020-2022

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2020-2022

O venres 10 de xuño, no Auditorio Municipal de Cordeiro, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2020-2022. Foi un acto entrañable e emotivo, presentado polo alumnado desta promoción: Iris Barros e Arón Magán, no que en representación dela tomaron a palabra Damián Bustelo e Alexandra Bandín, que fixeron referencias ao seu paso polo noso centro. Tamén houbo discursos do Director do Centro, Eliseu Mera, do rexidor municipal, José María Bello Maneiro,  xunto cos da madriña e o padriño dos graduados: o profesorado Loli Rego e Fran Godón. O acto completouse cunha actuación musical a cargo da Banda Municipal de Música, dirixida polo mestre Manuel Villar. Ademais non podía faltar a entrega de diplomas ao alumnado graduado xunto coas mencións especiais aos mellores expedientes do Bacharelato de Ciencias, Alicia Iglesias, o que lle conlevou o premio "Ángel Carracedo", e do Bacharelato de Letras, concedido ás alumnas Iris Barros e Sara Rodríguez. Picando neste enlace podes ver máis fotografías deste acto.

 

Sorteo do dron da excursión de 2º ESO a Asturias e Cantabria

Gañador do dron excursión 2º ESO O venres 20 de outubro, procedemos ao sorteo do dron, que non puidemos facer no seu día, por mor da pandemia. Este dron foi cedido pola empresa IBS para sortear con motivo da excursión de 2º ESO a Asturias e Cantabria do curso 2019-20, que finalmente foi cancelada pola COVID-19. O afortunado gañador foi o alumno de 3º ESO B ESO IVÁN FRANCO MARTÍNEZ que posa así de contento co seu agasallo.

Excursión a Cantabria e Asturias do alumnado de 2º ESO

Alumnado 2º ESO en Liébana 

Alumnado de 2º ESO realizou unha viaxe por Asturias e Cantabria entre o 23 e o 26 de abril, acompañado dos profesores Milagros Martínez e Bienvenido Neo, xunto co alumnado de 2º ESO do CPI de Pontecesures. Entre os lugares visitados están os Picos de Europa (Fuente Dé), as cidades de Xixón e Santander, Santo Toribio de Liébana, a cova de El Soplao, o museo da Inquisición en Santillana do Mar, Covadonga,..., empapándose de natureza e cultura do norte peninsular.

Alumnado de 2º ESO en Xixón

Distribuir contido


by Dr. Radut