Skip to Content

Extraescolares

Home/muller á auga! 4º ESO e 1º Bach salvan os rápidos

Salvando os rápidosEstudiantes de 4º ESO e 1º Bach do IES Valga salvaron os rápidos con éxito durante a excursión a facer ráfting en Arbo o pasado 2 de maio, acompañados dos intrépidos profesores José Luis Martínez e Juan Vinagre.

Vendaval de actuacións no Festival "Voa con nós" (17/02/2011)

Teatro, poesía, música, danza, ximnasia rítmica......houbo de todo no Festival Axenda 21 que celebrou un ano máis o Instituto de Valga para defender o medio ambiente. Esta vez o tema foi o aire, e o lema, "Voa con nós". Un vendaval de actuacións fixeron desta iniciativa un éxito gracias á participación duns 80 alumnos e alumnas. Aí van algunhas fotos.

Houbo un afinado comezo gracias ós alumnos da Banda Municipal de Valga.

Oito estudiantes do IES Valga inauguran coa súa música a Biblioteca Padre Isorna (02/03/2911)







O OCTETO DE METAIS DO IES VALGA 


Oito dos moitos músicos que hai no IES de Valga amenizaron recentemente a inauguración da Biblioteca Padre Isorna, situada no Auditorio de Cordeiro. Tocaron, por suposto, divinamente, ben entrenados como están polo director da Escola de Música e da Banda Municipal de Valga, Manuel Villar. Coa directora do IES, Olga López, están, de esquerda a dereita: Ismael Suárez, Jéssica Freire, Adrián Arufe, María Refojo, Sara Azidane, Fernando Gómez, Laura Susavila e Luz Iglesias. Foto de Ismael Llerena.


 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut