Skip to Content

Actividades

Alumnado de 3º e 4º ESO de Tecnoloxía presenta os seus proxectos na Biblioteca

Alumnado de 3º e 4º ESO cos seus proxectos de Tecnoloxía

Alumnado de 3º e 4º ESO da materia de Tecnoloxía expoñen estes días na Biblioteca do noso Centro os proxectos realizados co asesoramento da súa profesora Beatriz LLoret ao longo deste trimestre e que se corresponden coa construción de tres en raia electrónico, pas escavadoras hidráulicas e vehículo con brazo articulado de robot por parte do alumnado de 3º ESO, e da fabricación dunha ponte elevadiza e lancha a motor polo alumnado de 4º ESO.

Alumnado de 1º Bacharelato no CIF de Lourizán, Pontevedra

Alumnado 1º Bacharelato no CIF Lourizán, Pontevedra

Alumnado de 1º Bacharelato realizou unha visita didáctica ao Centro de Investigación Forestal e Formación Agroforestal de Lourizán o luns 29 de abril. Acompañados do profesorado Loli Omil, Beatriz LLoret e Mario Sosa, coñeceron nunha visita guiada a este espazo onde souberon que o Tratado de París (1898) negocióuse na gran mesa de pedra do Pazo de Montero Ríos.  

No paseo polo arboredo puideron admirar árbores senlleiras como a Sophora japonica, o Cedrus atlantica, a Sequoia sempervirens…entre outras, enclavadas  nun entorno de beleza extraordinaria. Tamén lles ensinaron dúas especies de árbores coñecidas como fósiles antes que se atoparan na natureza: a Metasequoia glyptostroboides e a Wollemia nobilis. O profesorado e monitores do Centro de Formación contáronlles as experiencias na recuperación do bosque autóctono a partir dun eucaliptal. Tamén viron a maquinaria coa que o alumnado aprende: a hidro-sementeira, o viveiro de prácticas, con numerosas arboriñas procedentes de semente, a parcela de produción de plantas aromáticas e a experimentación que están a facer este curso coa posta en marcha do cultivo de cogumelos (Pleurotus ostreatus e Lentinula edodes) en troncos de árbores cortadas. 

Unha proveitosa xornada que se completou cun paseo pola fermosa cidade de Pontevedra. A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía.

Alumnado da ESO de Tecnoloxía expón os seus traballos na Biblioteca

Alumnado de ESO de Tecnoloxía expón os seus traballos Alumnado de ESO de Tecnoloxía expón os seus traballos Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO da materia de Tecnoloxía expoñen estes días na Biblioteca do noso Centro os traballos realizados co asesoramento dos seus profesores, Beatriz LLoret e Daniel Loureiro, ao longo deste trimestre e que se corresponden coa construción de coches e estruturas por parte do alumnado

Exposición de maquetas na Biblioteca do IES de Valga

Exposición de maquetas de alumnado de 2º, 3º e 4º ESO na Biblioteca    Exposición de maquetas de alumnado de 2º, 3º e 4º ESO na Biblioteca

   Na Biblioteca do noso Centro e, ata o día 27 de xuño, pódese contemplar unha exposición de maquetas que durante este curso se foron realizando na materia de Tecnoloxía. Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO desta disciplina realizaron un proxecto na aula de Tecnoloxía con diferentes materiais. As maquetas son de coches, coches rato, muíño de vento, brazo escavador hidráulico, barca con motor a vapor e vehículo hidráulico. Para a realización deste proxecto pasaron por tres fases: planificación; deseños dos prototipos e a construción das maquetas. A exposición complétase cuns carteis onde aparece unha breve explicación dos traballos realizados.

Novo blog da aula de informática de 4º de ESO

Un novo blog da aula de Informática de 4º de ESO do IES de Valga sobre temáticas variadasrelacionadas coa educación titulado "Entre Nós"  e que nestes últimos momentos   estase a  traballar a educación medioambiental. Este blog está dirixido e coordinado pola profesora Viginia Domínguez Martínez.  Para velo podes premer no link

"Entre Nós"

Distribuir contido


by Dr. Radut