Skip to Content

Actividades

Alumnado de Relixión de 3º e 4º ESO visita diferentes espazos relixiosos en Santiago

Alumnado de 3º e 4º ESO de Relixión en Santiago Alumnado de 3º e 4º ESO da materia de Relixión realizou, na mañá do mércores 23 de outubro, unha visita a diferentes espazos relixiosos na cidade de Santiago de Compostela. En concreto, estiveron no albergue de San Francisco, no Museo da Terra Santa e no convento das Carmelitas. Neste último lugar realizaron unha entrevista a unha das monxas de clausura que se atopa neste convento. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión e o alumnado estivo acompañado das profesoras Teresa Barreiro, Carmen Pedreira e Aurora Vázquez.

Alumnado de 3º e 4º ESO de Relixión en Santiago

 

Alumnado de Relixión de 3º ESO realiza unha visita á Pontevedra monumental

Alumnado de Relixión de 3º ESO en Pontevedra  Alumnado de Relixión de 3º ESO en Pontevedra  O pasado mércores 17 de xaneiro, o alumnado de Relixión de 3º ESO realizou unha saída didáctica guiada á cidade de Pontevedra.

Alumnado de Relixión de 1º ESO visita o Belén de Valga

Alumnado de Relixión de 1º ESO no Belén de Valga O alumnado de Relixión de 1º de ESO do IES de Valga visitou, como xa é tradicional, o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.  
   

Campaña Quilo dende o IES Valga

Campaña operación quilo dende o IES Valga     Campaña operación quilo dende o IES Valga O pasado mes de decembro, achegáronse ata a sede de Cáritas, no Concello de Padrón, as alumnas de 1º de Bacharelato, Andrea Rodríguez Seco e Jéssica Vilas López xunto coa profesora de Relixión, para levar as doazóns feitas no noso instituto na Campaña Quilo, iniciativa de Departamento  de  Relixión. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!

Felicitación de Nadal polo Departamento de Relixión

Felicitación de Nadal
Distribuir contido


by Dr. Radut