Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º ESO de Relixión visita o Belén de Valga

Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga          Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga  O alumnado de Relixión de 1º de ESO B e C do IES de Valga visitou o día 12 de decembro o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. Estiveron acompañados pola profesora Elisa Casado.

Alumnado de 1º ESO de Relixión visita o Belén de Valga

Alumnado de Relixión de 1º ESO C no Belén de Valga          Alumnado de Relixión de 1º ESO A e B no Belén de Valga

O alumnado de Relixión de 1º de ESO do IES de Valga visitou os días 16 e 17 de decembro o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. Estiveron acompañados polas profesoras Teresa Barreiro, Milagros Martínez e Beatriz Lloret. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.

Alumnado de Relixión de 1º e 2º de Bacharelato visita diversos lugares en Santiago de Compostela

Alumnado de Relixión de Bacharelato ante a Basílica do Santo Sepulcro no Museo de Terra Santa                        Alumnado de Relixión de Bacharelato no interior do Albergue Xoán XXIII

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato do noso Centro realizou unha visita didáctica o pasado 18 de decembro ao "Museo de Terra Santa", en Santiago de Compostela, situado nun dos claustros do Convento de San Francisco. Este convento foi fundado no ano 1214, sendo unha das edificacións pertencentes ao barroco galego que podemos atopar na cidade de Santiago de Compostela. Na visita ao Museo, o alumnado puido observar o percorrido histórico de Terra Santa dende o Paleolítico ata a actualidade mediante maquetas como a da Basílica do Santo Sepulcro, diferentes traballos artesáns, unha importante colección numismática, entre outros obxectos de gran valor cultural.

Alumnado de Relixión de 1º ESO visita o Belén de Valga

Visita ao Belén de Valga polo grupo de 1º ESO             alumnado de Relixión de 1º ESO no Belén de Valga
O alumnado de Relixión de 1º de ESO do IES de Valga visitou na mañá do 16 de decembro o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. Estiveron acompañados polas profesoras Teresa Barreiro e Carmen Reino. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión.

Curso 2010-2011

Para consultar as actividades, abrir arquivo adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut