Alumnado de 3º e 4º ESO da materia de Relixión realizou, na mañá do mércores 23 de outubro, unha visita a diferentes espazos relixiosos na cidade de Santiago de Compostela. En concreto, estiveron no albergue de San Francisco, no Museo da Terra Santa e no convento das Carmelitas. Neste último lugar realizaron unha entrevista a unha das monxas de clausura que se atopa neste convento. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión e o alumnado estivo acompañado das profesoras Teresa Barreiro, Carmen Pedreira e Aurora Vázquez.