Actividades

Charla-coloquio sobre "Acoso Escolar" dentro da Rede Municipal de Convivencia

Charla sobre Ciberacoso 15 marzo 2018    A "Rede Municipal de Convivencia" organizou unha nova actividade o xoves 15 de marzo. Co título "Acoso escolar" tivo lugar, na Biblioteca do IES Valga, unha interesante charla-coloquio coa participación do responsable da Garda Civil da Comandancia de O Grove e a asistencia dunha trintena de membros da comunidade educativa do concello de Valga.

Lembrar que a "Rede Municipal de Convivencia de Valga" é unha organización da que forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga.

 
   

Charla sobre Ciberacoso no IES Valga

   A "Rede Municipal de Convivencia" organiza unha nova actividade o xoves 15 de marzo, ás 20:00 horas. Co título "Acoso escolar" terá lugar, na Aula de Audiovisuais do IES Valga, unha charla-coloquio coa participación do responsable da Garda Civil da Comandancia de O Grove. Será unha nova oportunidade de fomentar unha maior coordinación e interrrelación entre os centros participantes e as familias nesta rede de convivencia. Convidamos a todos a asistir a esta actividade.

Lembrar que a "Rede Municipal de Convivencia de Valga" é unha organización da que forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga.

 
   

Charla da profesora Carmen Loureiro López "Resolución de conflitos no ámbito familiar e aspectos emocionais" dentro da "Rede Municipal de Convivencia"

 Charla sobre resolución de conflitos 22 02 18 O xoves 22 de febreiro, tivo lugar na Aula de Audiovisuais do noso Centro unha charla a cargo da profesora Carmen Loureiro López "Resolución de conflitos no ámbito familiar e aspectos emocionais", organizada pola recentemente constituída  "Rede Municipal de Convivencia".

Desta organización forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA, ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga. Picando aquí podes acceder aos contidos máis destacados da conferencia. 

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet