Este venres, 3 de marzo, tivo lugar no ximnasio do noso Centro, a actividade "Taller de baile", organizada polo departamento de Educación Física. O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO máis o de 1º de Bacharelato en quendas de dúas horas, puideron mellorar a súa técnica de baile a partir de ritmos como a bachata, chachachá, salsa ou zouk, grazas ás indicacións da profesora de baile invitada, Marta, e do noso compañeiro e profesor de Educación Física, José Luis Bestilleiro. |
|
|
|
O pasado 20 de decembro, alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e 1º Bacharelato realizou no ximnasio do noso centro unha exhibición de coreografías ximnásticas, coincidindo co final deste primeiro trimestre do curso 2016-2017. Durante máis dunha hora amenizaron ao resto do alumnado do Centro así como ao profesorado que asistiu moi atento a unha actividade que ensaiaron co seu profesor de educación física, Santi, durante este trimestre, e que ademais serviu como emotiva despedida para el. |
|
|
|
 |
Alumnos e alumnas do IES de Valga acapararon todos os primeiros postos das catro categorías da competición deportiva de campo o pasado dias 19 de xaneiro na localidade pontevedresa de Portas.
Nesta fase comarcal, os primeiros, segundos e terceiros postos foron para estudiantes do IES de Valga nas categorías de Infantil femenino, Infantil Masculino, CAdete Femenino e Cadete Masculino.
Para ampliar foto prema na imaxe
|