Skip to Content

Alumnas e alumnos do IES Valga acaparan todos os primeiros postos na competición deportiva celebrada en Portas

Alumnos e alumnas do IES de Valga acapararon todos os primeiros postos das catro categorías da competición deportiva de campo o pasado dias 19 de xaneiro na localidade pontevedresa de Portas.

Nesta fase comarcal, os primeiros, segundos e terceiros postos foron para estudiantes do IES de Valga nas categorías de Infantil femenino, Infantil Masculino, CAdete Femenino e Cadete Masculino.

Para ampliar foto prema na imaxe

Todos os premiados son dos cursos 1º, 2º e 3º ESO. Os xoves agañadores  foron, na categoría de Infantil Femenino, Antía Varela (1º premio), e Andrea Soler (2º); o Infantil Masculino estivo acaparado olos "tres Brais":Brais Otro(1º), Brais Vidal(2º) e Brais García (3º); en Cadete Femenno gañaron Zoe Santos (1º), Tara Vázquez (2º), Ana Otero (3º); e en Cadete Masculino, os vencedores foron Luis David Vieites (1º), Roi Pedreira (2º) e Salvador Tarrío (3º).

Noraboa a todos e todas¡ e aos profes de Educación Fisica que os acomañaron: Daniel Chenlo e José Luis Martínez.

 

Cobertura da prensa da actividade de cross

Para ampliar foto prema na imaxe



page | by Dr. Radut