O alumnado de Oratoria de 1º ESO asistiu, na tarde do luns 13 de decembro, á presentación do libro "Be water" de Antía Yañez. A escritora estivo na Biblioteca do noso centro para conversar co alumnado sobre o seu novo libro, finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil e publicado pola editorial Cuarto de Inverno; nel reflexiona sobre a auga como un ben preciado ademais de pensar na necesidade do ecoloxismo e das relacións interpersoais. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá.
Actividades
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
