O alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións florais xunto co de Cultura Científica de 1º Bacharelato estiveron visitando os Festivais Internacionais de Xardíns en Allariz e Ponte de Lima, durante os día 3 e 4 de outubro.
“Xardíns terapéuticos. Deseños que curan” é a temática da XII edición deste certame en Allariz, onde os dez xardíns concursantes foron valorados tanto polo alumnado como polo profesorado. En Ponte de Lima, nesta súa XVII edición, pudieron votar as once propostas internacionais seleccionadas baixo o lema “Xardíns contra o Cambio Climático” despois de visitalas.
Acompañaron ao alumnado, o profesorado: Estefanía Calderón, Xabier Loureiro e Ana Bueno.
Actividades
