O martes 27 de febreiro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Letras tivo un encontro literario, na Biblioteca do noso Centro, con Belén Senín, exalumna do IES Valga, que recén comezados os seus estudos universitarios de Filoloxía Galega, vén de gañar un importante premio de poesía.
|
Con motivo do Día Escolar da Paz e non violencia deste ano alumnado de diversos cursos leu textos de temática relacionada con esta celebración. O acto tivo lugar na Biblioteca do noso centro. |
|
|
|
Este venres 26 de xaneiro celebrarase na Biblioteca do noso centro, e no segundo recreo, un acto para conmemorar o Día Escolar da Paz e non violencia deste ano. Participará alumnado de diversos cursos lendo textos de temática relacionada con esta celebración. |
|
|
|
Dentro das actividades de fomento da lectura que levan a cabo os responsables da Bibilioteca do noso centro, pódese ver unha exposición sobre libros dedicados por parte de escritores que estiveron nalgún momento no IES Valga.
|