O pasado mércores 9 decembro e na Biblioteca do noso Centro tivo lugar dentro do proxecto “Ler por Ler”, unha nova actividade a cargo do alumnado de 3º ESO C co título “Que será de nós cando sexamos maiores”, onde nos explicaron un traballo que xa presentaran na súa participación no proxecto da USC “SEPA-interea”. A súa intervención consistiu nun vídeo, con participación de persoas maiores da contorna, e unha explicación sobre como facer un mundo máis sostible e ter uns hábitos máis saudables. Picando aquí podes ver o vídeo deste interesante traballo.
|
|
O pasado venres 11 de decembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado da materia de Oratoria de 1º da ESO participaron na actividade “Ler por Ler” coa exposición de textos arredor do tema en común “Que pasaría se…”. Mostraron que ocorrería no mundo se non houbese abellas, se os coches non tivesen avarías,…
|
|
O pasado venres 24 de novembro tivo lugar unha nova sesión da actividade Ler por Ler na Biblioteca do noso Centro. Nesta ocasión as alumnas de Historia da Arte de 2º de Bacharelato fixeron a súa achega a esta actividade cun traballo audiovisual co suxestivo título: “Que é a Arte?. No vídeo colaboraron tamén varios alumnos e alumnas, profesorado, ademais das propias autoras deste traballo, reflexionando e opinando sobre a cuestión formulada. Picando aquí pódese ver este interesante vídeo.
|
|
|
O venres, 20 de novembro, no segundo recreo, tivo lugar na Biblioteca do noso Centro, unha nova sesión da actividade "Ler por Ler". Os protagonistas neste caso, foron as alumnas e alumnos de 1º ESO C. A lectura de textos en Lingua Española e Galega tiveron un nexo común a través do suxerente título de "Breverías". A actividade está sendo realizada polo Departamento de Ed. Plástica, a Biblioteca e a colaboración dos departamentos de Lingua.
|
|
O Departamento de Ed. Plástica en colaboración cos distintos departamentos de Lingua e a Biblioteca do noso Centro, celebra tódolos venres a actividade "Ler por Ler", centrada neste curso escolar en diferentes temáticas. Este venres pasado, no 2º recreo, alumnado de 1º ESO B leu diferentes textos, en castelán e galego, arredor dun nexo común: "O porqué das cousas".
|
|
|