Skip to Content

Actividades

Presentación vídeo multilingüe sobre o concello de Valga

Presentación do vídeo multilingüe do concello de Valga por 1º ESO C   Presentación do vídeo multilingüe do concello de Valga por 1º ESO C

O pasado 9 de xuño tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a presentación, por parte do alumnado de 1º ESO C, do vídeo multilingüe sobre o concello de Valga que elaboraron dento do proxecto titulado "Outono gastronómico" e dentro do Plan Proxecta. Foi un traballo realizado ao longo do curso e onde se implicaron os alumnos e alumnas desta aula xunto guiados por profesorado de diferentes materias. No vídeo promociónanse os lugares máis destacados do patrimonio artístico e natural do concello. 

Ler por Ler: reivindicando a Manuel María por 4º ESO C

Premiados polas ilustracións sobre o IV Centenario da morte de Cervantes O pasado venres 27 de maio, tivo lugar na Bilioteca do noso Centro unha nova sesión da actividade "Ler por Ler". Nesta ocasión o alumnado de 4º ESO C recitou poemas do escritor homenaxeado este ano con ocasión do Día das Letras Galegas, Manuel María. Ademais aproveitouse o acto para a entrega de premios polo concurso sobre ilustracións relacionado co IV Centenario da morte do escritor Miguel de Cervantes. Os premiados foron Ana Belén Aboy de 4º ESO C e Óscar Ferreiro de 1º ESO C.
 

Ler por Ler con 1º ESO C e poemas de Manuel María

Alumnado de 1º ESOC recitando poemas de Manuel María                  Alumnado de 1º ESO C recitando poemas de Manuel María                                                                                       

O alumnado de 1º ESO C xunto a súa profesora de Bioloxía, Julia Menéndez, organizaron o venres 6 de maio unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo e un tractor: ríos, montañas,....e por suposto un tractor foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes. 

 

"Ler por Ler" con 1º ESO A e poemas de Manuel María

Ler por Ler co alumnado de 1º ESO A e poemas de Manuel María       Ler por Ler co alumnado de 1º ESO A e poemas de Manuel María

 

    O alumnado de 1º ESO A xunto as súas profesoras de Bioloxía e Plástica, Julia Menéndez e Mar Tejero, organizaron o venres 29 de abril unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo animal: bolboretas, ovellas, vacas ou burros foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes.

Exposicións arredor de Cervantes e Shakespeare no IES de Valga

Exposición na Biblioteca do IV Centenario Cervantes e Shakespeare    Exposición na Biblioteca do IV Centenario Cervantes e Shakespeare

Exposición no IES Valga do IV Centenario Cervantes e Shakespeare    Exposición no IES Valga do IV Centenario Cervantes e Shakespeare

Con motivo do "Día do Libro", na Bibilioteca de noso centro estase facendo unha mostra da obra de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, celebrando tamén o IV centenario da súa morte. Ademais o Departamento de Lingua Española ten unha exposición sobre "O Quijote" no corredor da planta baixa do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut