Skip to Content

Actividades

Ler por Ler con 1º ESO C e poemas de Manuel María

Alumnado de 1º ESOC recitando poemas de Manuel María                  Alumnado de 1º ESO C recitando poemas de Manuel María                                                                                       

O alumnado de 1º ESO C xunto a súa profesora de Bioloxía, Julia Menéndez, organizaron o venres 6 de maio unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo e un tractor: ríos, montañas,....e por suposto un tractor foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes. 

 

"Ler por Ler" con 1º ESO A e poemas de Manuel María

Ler por Ler co alumnado de 1º ESO A e poemas de Manuel María       Ler por Ler co alumnado de 1º ESO A e poemas de Manuel María

 

    O alumnado de 1º ESO A xunto as súas profesoras de Bioloxía e Plástica, Julia Menéndez e Mar Tejero, organizaron o venres 29 de abril unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo animal: bolboretas, ovellas, vacas ou burros foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes.

Exposicións arredor de Cervantes e Shakespeare no IES de Valga

Exposición na Biblioteca do IV Centenario Cervantes e Shakespeare    Exposición na Biblioteca do IV Centenario Cervantes e Shakespeare

Exposición no IES Valga do IV Centenario Cervantes e Shakespeare    Exposición no IES Valga do IV Centenario Cervantes e Shakespeare

Con motivo do "Día do Libro", na Bibilioteca de noso centro estase facendo unha mostra da obra de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, celebrando tamén o IV centenario da súa morte. Ademais o Departamento de Lingua Española ten unha exposición sobre "O Quijote" no corredor da planta baixa do centro.

Ler por Ler: Poemas de Manuel María, paxaros, piares

Alumnado de 1º B con poemas de Manuel María       Alumnado de 1º B recitando poemas de Manuel María                                            

O venres 15 de abril tivo lugar na Biblioteca do noso Centro unha nova actividade de “Ler por Ler”. Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO B quen baixo o título de “Poemas de Manuel María, paxaros, piares” quixo render unha homenaxe ao poeta a quen este ano se lle adica o “Día das Letras Galegas”. O alumnado recitou varios textos acompañados de imaxes de paxaros e dos seus piares. Nesta actividade colaboraron varios departamentos e foi organizada pola Biblioteca e o EDL do Centro.

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2015-2016

1º premio Torneo Xadrez 2015-16 Xabier Martínez Bello          2º premio Torneo Xadrez 2015-16 Francisco Otero Lobato                  

 O pasado mércores, 16 de marzo,  tivo lugar a entrega dos premios do Torneo de Xadrez 2015-2016 que durante varias semanas  celebrouse na Biblioteca do noso Centro. O gañador foi Xabier Martínez Bello de 4º ESO A, seguido de Francisco Otero Lobato de 4º ESO C e de María Victoria Luna Magariños de 3º ESO C. Tamén houbo un premio de consolación para un dos participantes que, tras efectuarse un sorteo, recaeu en Pablo Rial Rivas de 1º ESO B. Os premios foron entregados polo Director  e Vicedirectora do noso Centro así como polo Xefe do departamento de Matemáticas, J. A. Montoto, un dos organizadores deste Torneo. Competición que esperamos teña continuidade nos vindeiros cursos.  

 
Distribuir contido


by Dr. Radut