Skip to Content

Actividades

Celebración aniversario Declaración Universal dos Dereitos Humanos: Charla/coloquio con activistas saharauis sobre a falta de dereitos no Sáhara Occidental

 

"Este martes 10 de decembro ás 13:00 na Biblioteca celebrouse a actividade para conmemorar o Aniversario da Declaración Universal dos DDHH de 1948 titulada “As eivas da aplicación efectiva da Declaración dos Dereitos Humanas nalgunhas rexións do mundo: Unha experiencia práctica no Sáhara Occidental”. Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Filosofia en colaboración ca Biblioteca e a Vicedirección.

Para ampliar foto prema na imaxe
Máis información prema Leer Máis Cartel en arquivo adxunto

O profesor Carlos Ruiz Miguel estará no IES de Valga para ter unha charla sobre Gdeim Izik desde unha perspectiva xurídica

 Na Biblioteca do IES de Valga este venres ás 10:30 celebrarase a 2ª parte da actividade c

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera
árabe” II:
 Que será unha Charla-coloquio titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na
primavera árabe a través do contexto xurídico internacional
do conflito saharauí” impartida por Carlos Ruiz Miguel.
Catedrático de Dereito Constitucional da USC
A actividade está organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofia do IES de Valga e está dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato

 

Prema para ampliar a imaxe

O profesor Santiago Jiménez no IES de Valga na actividade " O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” parte I

 

Este xoves 22 de novembro, ás 10:45 horas na Sala da Biblioteca do IES de Valga
 se celebrará a Actividade

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” I:que constará de duas partes. 1-Proxección do video documental:Gdeim Izick detonante da Primavera árabe”
2- Charla-coloquio  titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na primavera árabe  a través dos aspectos histórico-sociais do conflito saharauí ” impartida por Santiago Jiménez. Profesor Titular de Historia Medieval da USC
Esta actividade está dirixida a alumnado de 1º de BAC e organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofía do IES de Valga.

para ampliar prema na imaxe

Excursión á Coruña do alumnado colaborador da biblioteca

Os rapaces e rapazas que axudaron voluntariamente na Biblioteca do IES Valga este curso 2011-12 disfrutaron dun bo premio: unha saída á cidade da Coruña no derradeiro día lectivo cos profes Miguel Fernández e Juan Carlos Montejano. Acompañados tamén polos alumnos membros do Clube de Lectura e os gañadores do concurso de bibliotecas de aula, os excursionistas visitaron entre outros sitios a Torre de Hércules e a nova sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Alí gustoulles especialmente ver por dentro unha cabina de avión verdadeira.  

Para ampliar foto prema a imaxe

A biblioteca do IES Valga acolle unha exposición de pinturas de alumnas, alumnos e profes






Quen visite a biblioteca do IES Valga estes días poderá disfrutar dunha exposición que amosa a creatividade das alumnas e dos alumnos do instituto e mais dos seus profesores e profesoras. A mostra inclúe cadros pintados por rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e os profesores Blanca Barrio, Raúl Gómez Pato, Natalia López e Baldo Ramos. Aínda vanse sumar máis pinturas nos vindeiros días, segundo o profesor de Ciencias Sociais Juan Carlos Montejano, organizador da exposición. 


Para ampliar foto prema na imaxe


Distribuir contido


by Dr. Radut