Skip to Content

Actividades

O profesor Carlos Ruiz Miguel estará no IES de Valga para ter unha charla sobre Gdeim Izik desde unha perspectiva xurídica

 Na Biblioteca do IES de Valga este venres ás 10:30 celebrarase a 2ª parte da actividade c

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera
árabe” II:
 Que será unha Charla-coloquio titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na
primavera árabe a través do contexto xurídico internacional
do conflito saharauí” impartida por Carlos Ruiz Miguel.
Catedrático de Dereito Constitucional da USC
A actividade está organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofia do IES de Valga e está dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato

 

Prema para ampliar a imaxe

O profesor Santiago Jiménez no IES de Valga na actividade " O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” parte I

 

Este xoves 22 de novembro, ás 10:45 horas na Sala da Biblioteca do IES de Valga
 se celebrará a Actividade

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” I:que constará de duas partes. 1-Proxección do video documental:Gdeim Izick detonante da Primavera árabe”
2- Charla-coloquio  titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na primavera árabe  a través dos aspectos histórico-sociais do conflito saharauí ” impartida por Santiago Jiménez. Profesor Titular de Historia Medieval da USC
Esta actividade está dirixida a alumnado de 1º de BAC e organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofía do IES de Valga.

para ampliar prema na imaxe

Excursión á Coruña do alumnado colaborador da biblioteca

Os rapaces e rapazas que axudaron voluntariamente na Biblioteca do IES Valga este curso 2011-12 disfrutaron dun bo premio: unha saída á cidade da Coruña no derradeiro día lectivo cos profes Miguel Fernández e Juan Carlos Montejano. Acompañados tamén polos alumnos membros do Clube de Lectura e os gañadores do concurso de bibliotecas de aula, os excursionistas visitaron entre outros sitios a Torre de Hércules e a nova sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Alí gustoulles especialmente ver por dentro unha cabina de avión verdadeira.  

Para ampliar foto prema a imaxe

A biblioteca do IES Valga acolle unha exposición de pinturas de alumnas, alumnos e profes






Quen visite a biblioteca do IES Valga estes días poderá disfrutar dunha exposición que amosa a creatividade das alumnas e dos alumnos do instituto e mais dos seus profesores e profesoras. A mostra inclúe cadros pintados por rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e os profesores Blanca Barrio, Raúl Gómez Pato, Natalia López e Baldo Ramos. Aínda vanse sumar máis pinturas nos vindeiros días, segundo o profesor de Ciencias Sociais Juan Carlos Montejano, organizador da exposición. 


Para ampliar foto prema na imaxe


Exposición montada na biblioteca, co gallo do centenario do nacemento de Cunqueiro.

Simpática exposición montada na biblioteca, co gallo do centenario do nacemento de Cunqueiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut