A Dirección Xeral de Formación Profesional concedeu ao noso centro dentro do programa de Espazos de Tecnoloxía Aplicada o proxecto "Espazo multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D".
A dotación é de 55000€ e con elo vaise adquirir diverso material, pero sobre todo un robot colaborativo (cobot) e un simulador de soldadura robotizada. Poderanse simular soldaduras robotizadas dentro da aula con total seguridade podendo testar diferentes condicións e procesos de soldadura. Este tipo de soldadura se está implantando en moitas das empresas do metal.
Poderase proxectar nas pantallas interactivas a operación de soldadura que vai realizando o cobot operando o simulador de soldadura ou velas na careta de realidade virtual inmersiva.
O profesor poderá intercomunicarse cos alumnos que estean no laboratorio mediante unha cámara e conexión de audio en streaming para ver como executa as operacións o cobot ou ver as tarefas que están realizando o alumnos dende a aula principal interactuando con eles.
Aula dotarase ademais con equipos informáticos, simuladores de soldadura/robots, pantalla táctil colaborativa de 75” e cámaras.
Ademais na aula teremos as zonas existentes de:
- De impresión 3d: con dúas impresoras e escáner.
- Ensaios e metroloxía: durómetro, forno, ensaios de soldadura, mármore de comprobación e aparatos de medición.
- Automatismos: con neumática é autómatas.
Esta equipo dará moito valor engadido a formación do ciclo medio de soldadura e caldeirería e do superior de construcións metálicas.
Este proxecto se desenvolve dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU