Skip to Content

Actividades

Entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño

entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño  entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 á alumna do noso Centro Sara Iglesias  O pasado 12 de decembro a Cidade da Cultura acolleu a entrega do Premio Eduemprende Idea 2018, no que resultaron gañadores do 1º premio na modalidade de ciclos medios o alumnado do noso centro, Sara Iglesias e Juan Mariño, do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría, polo seu proxecto empresarial SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, SL. Deixámosvos unhas fotos do acto.  
   

Alumnado de 1º FP Básica de Soldadura e Caldeirería prepara o Nadal

Alumnado de 1º FP Básica preparando a árbore de Nadal 2018 Alumnado de 1º FP Básica preparando a árbore de Nadal 2018  O alumnado de 1º de FP Básica de Soldadura e Caldeirería preparou estes días no taller e coa súa profesora, Mercedes Calvelo, unha árbore de Nadal para decorar o noso Centro para estas datas do 2018,. A árbore con adornos realizados en metal, está colocada na entrada do IES. Parabéns!!! polo traballado realizado a este grupo de alumnos e a súa profesora de taller.

 
   

O IES Valga no GaliciaSkills 2018

O IES Valga no GaliciaSkills de Soldadura 2018 O IES Valga no GaliciaSkills de Soldadura 2018    No recinto da Semana Verde de Silleda celebrouse, desde o mércores 28 ata o venres 30 de novembro, unha nova edición das Olimpíadas da Formación Profesional, as Galicia Skills.

Este ano, na especialidade de Soldadura, participou Sara Iglesias, alumna do Ciclo Superior de Construcións Metálicas do IES de Valga, e que acadou un meritorio posto a piques de acadar unha medalla. Agradecémoslle a Sara a súa participación e enviamoslle os parabéns de todo o centro. 

 
   

Premio "Eduemprende Idea 2018" para dous alumnos do IES Valga

proxectoSuevia O alumnado de Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE) do CM de Soldadura e Caldeiraría, Sara Iglesias Rodríguez e Juan Lago Mariño, gañou o primeiro premio do concurso Eduemprende Idea 2018 na modalidade de Ciclos Medios (DOG do 24 de outubro de 2018), co traballo que leva por título "SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, S.L."  O concurso Eduemprende Idea pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional. 

Parabéns!! ao alumnado e tamén para a profesora Rosalía García Seijo, quen os asesorou e os acompañou na elaboración do seu proxecto gañador.

           
   

O IES Valga acada un dos premios a proxectos de innovación na FP

Alumnado de Ciclo Superior  A resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria otorgou ó noso IES o premio ó proxecto: "Construción dunha maqueta de nave industrial mediante impresión 3D". O IES Valga participa como centro coordinador e colabora a empresa Gama e Hijos, S. L. como centro de traballo asociado.

Na ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25056 atópase a nova.

Picando aquí  podes consultar tódolos proxectos premiados e, entre eles, o proxecto do noso centro.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut