Skip to Content

Actividades

Alumnado de Ciclos e de Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Alumnado de Ciclos e Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Alumnado do Grao Básico de Agroxardinaría en GaliciaSkills 2023, Silleda

O alumnado do Grao Básico de 2º Fabricación e Montaxe e de 1º e 2º Agroxardinaría xunto co de 1º Ciclo Medio de SOCA e o de 2º Ciclo Superio de COME realizou unha visita, o xoves 26 de outubro, ao recinto Feira Internacional Abanca de Silleda para coñecer as actividades do GaliciaSkills 2023. Este campionato galego da formación profesional ofrece unha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional. Nesta edición compiten case 200 estudantes de 84 centros en 24 especialidades. Foron acompañados polo profesorado Bibiana Bértoa, Luciano Rodríguez, Daniel Seoane, Iria Villar e Xabier Loureiro.

Alumnado de Ciclos e Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Alumnado do Ciclo Superior visita a empresa Fundivisa en Vilagarcía de Arousa

Alumnado CS Construcións Metálicas en Fundivisa, Vilagarcía

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Construcións Metálicas visitou o mércores 15 de febreiro a empresa Fundivisa, situado no Polígono do Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa. Fundivisa é unha empresa creada en 2006 que se dedica á fabricación de elementos destinados á industria  naval, sobre todo hélices e turbinas, de fundición de bronce, para sistemas de propulsión. Foron acompoañados polo profesorado Nuria Casal e Antonio Mirás. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado CS Construcións Metálicas en Fundivisa, Vilagarcía

Alumnado do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe visita Extrugasa

Alumnado CB de Fabricación e Montaxe en EXTRUGASA

O venres 10 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Fabricación e Montaxe realizou unha visita a Extrugasa. Foron acompañados polo profesorado Luciano Rodríguez e Antonio García. Os alumnos foron recibidos por don Andrés Quintá.

A actividade do departamento de Fabricación Mecánica realizouse dentro das xornadas “Tecnolóxicas Week” organizadas por Asime e a Deputación de Pontevedra

“A Tecnolóxicas Week é unha semana temática de actividades e xornadas en diversos municipios da provincia de Pontevedra, para fomentar as vocacións técnicas e tecnolóxicas na xente moza, con especial foco nas mulleres. Buscamos acercar a realidade da industria á xente moza, para que coñezan os traballos e oportunidades que poden desenvolver nun sector que ofrece enormes posibilidades de emprego estable e desenvolvemento profesional. O obxectivo é fomentar a empregabilidade dos mozos e paliar a medio-longo prazo a falta de persoal cualificado no sector, á vez que traballamos por unha maior integración de perfiles femininos en postos técnico-tecnolóxicos dentro da industria.” 

Alumnado CB de Fabricación e Montaxe en EXTRUGASA

Visita a ExpoFerr do alumnado do departamento de FM

O alumnado de 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría e 1º e 2º do Ciclo Superior de Construcións Metálicas realizou unha visita a ExpoFerr, Feira de subministración e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria. Foron acompañados polo profesorado Antonio Mirás, Nuria Casal e Francisco Alvar. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado de Ciclos en Expoferr, Silleda

Enlace a noticia do Faro de Vigo

Visita de profesorado do Lycée Eric Tabarly de Francia ao noso centro

Visita de profesorado da escola profesional Eric Tabarly

O xoves 24 de marzo visitaron o noso centro dous novos membros do profesorado da escola profesional Eric Tabarly da vila francesa de Olonne sur Mer. Nesta ocasión viñeron Jean-Louis (profesor de matemáticas) e Brigitte (profesora de francés e historia) que reemprazan aos dous profesores anteriores nas tarefas de acompañamento e supervisión dos cinco alumnos que realizan prácticas en empresas de Santiago. Estarán desde o 22 de marzo ao 2 de abril, data en que remata o período de prácticas dos alumnos. Durante a súa visita e acompañados de Antonio Mirás do departamento de Fabricación Mecánica e Beni Neo do departamento de Francés, percorreron o noso Centro, visitaron varias aulas, conversaron e fixéronse fotos co alumnado, ademais de interesarse polos nosos plans de estudos.

Alumnado de Francés de 2º Bacharelato co profesorado da escola profesional Eric Tabarly

Distribuir contido


by Dr. Radut