Skip to Content

Actividades

Alumnado do STEMBach participou na Xornada Europea: Unistem Day 2024

Alumnado do STEMBach na Xornada Europea: Unistem Day 2024

Na mañá do venres 22 de marzo, o alumnado STEMBach de 1º participou na Facultade de Psicoloxía da USC na Xornada Europea: Unistem Day 2024, o maior evento internacional de divulgación sobre células nai e terapia celular. Co lema "A viaxe interminable da investigación en células nai", o evento incluiu actividades xunto a charlas de docentes e persoal investigador da USC, que abordou temas sobre os últimos avances no terreo das células nai e a terapia celular. Foron acompañados polas profesoras Ana Bueno e Loli Rego. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado do Bacharelato STEM na Xornada Europea: Unistem Day 2024

Alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias visitou a X Feira de Minerais en Santiago de Compostela

Alumnado de 1º Bacharelato A na X edición da Feira de Minerais en Santiago

O alumnado de 1º Bacharelato A realizou unha visita á X edición da Feira de Minerais, a máis grande de España e Portugal, onde puido ollar minerais de diferentes partes do mundo, como amatistas, azabaches ou fósiles. Nesta feira instalada no recinto de Área Central, en Santiago de Compostela, tamén puideron aisitir á charla “Cobalto, la fiebre del oro azul”, impartida polo xornalista de La Vanguardia, Xavier Aldekoa. O xornalista explicoulles como no surleste do Congo, as grandes firmas internacionais e os mineiros artesanais disputan unha batalla desigual polo cobalto, mineral clave para a fabricación das baterías dos coches eléctricos. Foron acompañados polas profesoras Ana Bueno e Bibiana Lorenzo. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado de 1º Bacharelato A na X edición da Feira de Minerais en Santiago

Alumnado de 1º Bacharelato participou na XV Olimpíada de Xeoloxía: fase galega

Alumnado de 1º Bacharelato Ciencias na XV Olimpíada de Xeoloxía en Santiago

O mércores 7 de febreiro, o alumnado de 1º Bacharelato Ciencias participou na fase autonómica da XV Olimpíada de Xeoloxía. Foi organizada pola AEPECT (Asociación Española para la enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Este evento tivo lugar en Santiago de Compostela, na Facultade de Bioloxía e consistiu nunha proba teórica de 40 preguntas tipo test e unha proba práctica, por equipos. As alumnas participantes foron acompañadas pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Bueno.

Alumnado de 1º Bacharelato Ciencias na XV Olimpíada de Xeoloxía en Santiago

 

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Bioloxía asiste a unha conferencia-coloquio sobre Xenética en Mosteiro

Conferencia-coloquio sobre Xenética en Mosteiro a cargo do catedrático Antonio Salas

O alumnado de Bioloxía do 1º e 2º curso de Bacharelato acudiu, o pasado venres 26 de xaneiro, ao Auditorio de Mosteiro (Meis) para asistir a unha interesante conferencia-coloquio "Investigacións en Xenética XEN-COVID, sensoxenoma e outors proxectos", organizada polo Club da Ciencia do CEIP de Mosteiro. A charla foi impartida polo catedrático da Facultade de Medicina da USC e especialista en xenética, Antonio Salas Ellacuriaga, O alumnado aprendeu aspectos relacionados coas investigacións en xenética relacionadas coa covid e o sensoxenoma, entre outras cuestiones. A continuación abriuse un coloquio entre todo o profesorado e alumnado presente. Máis información picando neste enlace.

Conferencia-coloquio arredor da Xenética para alumnado de 1º e 2º Bacharelato Bioloxía

                         Conferencia-coloquio arredor da Xenética para alumnado de 1º e 2º Bacharelato STEMBach

Distribuir contido


by Dr. Radut