Skip to Content

Actividades

Alumnado STEMbach de 1º Bacharelato participou no UniStem Day 2023

Alumnado de 1º STEMbach na UniStem Day 2023

O venres 17 de marzo, o alumnado de STEMBach de 1° de Bacharelato asistiu ao UniStem Day 2023: o maior evento intenacional de divulgación de células nai e terapia celular europeo.
Esta celebración anual pretende achegar a ciencia e espertar vocacións científicas aos preto de 400 mozas e mozos presentes na Facultade de Medicina da USC, e aos dos 300 institutos de 14 países que asistían a eventos semellantes.
Estivo organizado polo grupo de investigación do CiMUS especializado no desenvolvemento neurobiolóxico da enfermidade do Parkinson. Foi organizado polo grupo de profesorado STEMBach, e estiveron acompañados das profesoras Silvia Bouzón e Ana Bueno.

Alumnado de 1º STEMbach na UniStem Day 2023

Alumnado de 1º STEMbach na UniStem Day 2023

Éxito do alumnado de 2º Bacharelato na XIV Olimpíada de Xeoloxía: fase galega

Alumnado de 2º Bacharelato na XIV Olimpíada de Xeoloxía: fase galega

O IES de Valga vén de participar con éxito, o mércores 8 de febreiro, na XIV Olimpiada de Xeoloxía, organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. As probas: unha proba teórica de 40 preguntas tipo test e unha proba práctica, por equipos, tiveron lugar na Facultade de Bioloxía da USC. Participaron polo noso centro o alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato: Naim Aynaoui, Marina Barreira, Marta Guimarey, Sara Iglesias, Sheila Piñeiro, Samuel Rial, Lucía Suárez e Andrea Vieites. Temos que felicitar ao grupo formado por Sheila Piñeiro, Lucía Suárez, Andrea Vieites e Samuel Rial polo "DIPLOMA AO MELLOR EQUIPO". E tamén ao noso alumno de 2° de  Bacharelato Samuel Rial Maneiro por acadar o 1° premio individual, pasando deste xeito, á fase española, proba que se celebrará en Jaén o vindeiro 25 de marzo. Parabéns!!! ao alumnado do noso centro participante nesta proba e de xeito moi especial a Sheila, Lucía, Andrea e, por partida dobre, Samuel e tamén, por suposto, a súa profesora Ana Bueno.

Mellor Equipo XIV Olimpiada Xeoloxía: fase galega

Alumnado de 2º Bacharelato participa na XVIII Olimpíada de Bioloxía

Alumnado 2º Bacharelato na XVIII Olimpíada de Bioloxía

O venres 3 de febreiro tivo lugar a proba telemática da fase autonómica na XVIII Olimpíada de Bioloxía, convocada pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (AOEB), na que participaron centros de toda Galicia e entre eles o noso Centro, que estivo representado polo alumnado de 2º Bacharelato: Sheila Piñeiro, Sara Iglesias, Soraya Varela, Laura Ríos, Marina Barreira, Rodrigo Vidal e Samuel Rial. Foron acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Loli Rego. A nosa alumna Laura Ríos Velo foi unha das que superaron esta fase previa e acadou o pase á fase presencial autonómica que se celebrará o venres 17 de febreiro na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Noraboa a Laura Ríos e a súa profesora Loli Rego. Moita sorte na proba final autonómica!!!

O alumnado do STEMBach participou nun obradoiro de rochas impartido polo xeólogo Fran Canosa

 Alumnado STEMBach no obradorio de rochas con Fran Canosa

O mércores 1 de febreiro tivo lugar, na aula e laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, un obradoiro de rochas para o alumnado do STEMbach, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo. O obxectivo principal foi dar a coñecer a riqueza xeolóxica do noso país xunto coa formación e propiedades da grande variedade de rochas que afloran na nosa terra. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

                     Alumnado STEMBach no obradorio de rochas con Fran Canosa

Alumnado 2º Bacharelato STEMBach no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, Madrid

Alumnado 2º Bacharelato STEMBach no CBMSO Madrid

O alumnado de 2º Bacharelato que participa no proxecto STEMBach do noso centro, visitou, o xoves 19 de xaneiro, o Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa en Madrid. Tamén visitaron o Museo Thyssen-Bornemisza da capital española. Estiveron acompañados polas profesoras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Lara García, Ana Bueno e Loli Rego.

Alumnado 2º Bacharelato STEMBach no CBMSO Madrid

Distribuir contido


by Dr. Radut