O pasado 9 de xuño tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a presentación, por parte do alumnado de 1º ESO C, do vídeo multilingüe sobre o concello de Valga que elaboraron dento do proxecto titulado "Outono gastronómico" e dentro do Plan Proxecta. Foi un traballo realizado ao longo do curso e onde se implicaron os alumnos e alumnas desta aula xunto guiados por profesorado de diferentes materias. No vídeo promociónanse os lugares máis destacados do patrimonio artístico e natural do concello. |