Skip to Content

O Equipo da Biblioteca celebrou a "Semana do libro" con diferentes actividades

Alumnado 3º ESO representando "Romeo e Julieta"

A “Semana do libro” celebrouse na Biblioteca entre o luns 24 e o venres 28 con éxito organizativo, mostrando diferentes actividades programadas polo Equipo da Biblioteca. O alumnado de 1º ESO inagurou esta semana con “que morra o conto!”, completándose a semana con outras actividades, nas que participaron alumnos e alumnas dos distintos niveis da ESO e Bacharelato: lectura, en Inglés, de obras de Shakespeare; dramatización da obra “Romeo e Julieta” e dúas sesións de booktubers para recomendar obras literarias, audiovisuais e de arte. Noraboa ao Equipo da Biblioteca e o alumnado participante e asistente a todas elas!!!

Alumnado de 2º Bacharelato na lectura de textos de Shakespeare, en Inglés

Booktubers na Semana do Libro 2023

 

 



page | by Dr. Radut