Skip to Content

Clubes de lectura

O escritor Suso de Toro no Club de lectura de adultos

Encontro co escritor Suso de Toro no Club de lectura de adultos

O xoves 8 de abril e a través de videoconferencia, polas actuais circunstancias sanitarias, tivemos unha nova sesión do noso club de lectura de adultos. Nesta ocasión foi unha interesante, amena, divertida e participativa sesión virtual ccoa presenza do escritor Suso de Toro. O escritor compostelán disertou sobre a súa obra "Un señor elegante" e respondeu ás preguntas dos asistentes a esta sesión. En palabras do responsable do Club de Lectura de adultos do noso Centro, Víctor González: "Están todos rindo. Seguro que o están pasando moi ben". Dende o IES Valga agradecemos a participación de Suso de Toro no club de lectura. 

Xuntanza online do club de lectura de adultos este xoves 8 de abril

Suso de Toro no Clube de lectura de adultos

O xoves 8 de abril, terá lugar unha nova xuntanza do Club de Lectura de adultos do noso Centro. Será a partir das 16:30 horas, e debido ás actuais circunstancias sanitarias, farase de xeito online. Será este un encontro para conversar sobre a novela Un señor elegante  de Suso de Toro, o cal estará connosco nesta xuntanza.

En palabras do responsable do Club de Lectura de adultos do noso Centro, Víctor González:

"Non haberá café, nin doces, nin canapés; non haberá cansazo, tampouco aburrimento... . Non, non se trata dun "after hours" na Ibiza da xente guai, nin moito menos..., nin falta que fai. estamos en Valga, no IES, no club de lectura, e o lecer, a alegría, a ledicia e o sorriso están garantizados.
O 8 de abril, xoves, ás catro e media visítanos, ben certo que dun xeito virtual, Suso de Toro. Para que queremos máis! Falaremos amigablemente sobre o seu libro  Un señor elegante. Eu de vós non o perdería.
Non haberá café, nin doces, non pode habelos, pero seguro que pasaredes un anaco agradable e entretido, un bo momento, que, para os tempos que corren, tampouco parece pouca cousa. O enlace é a chave para entrar na sala persoal do Club... ata a cociña. Gardade, por favor, a distancia de seguridade".

Aquí deixamos o enlace para poder asisitir a esta máis que interesante sesión do noso Club de Lectura. Agardamos vosa presenza.

https://eduxunta.webex.com/meet/gonzalezzunigavictor

 

Xuntanza do Clube de Lectura do alumnado

Alumnado Clube de Lectura curso 2020-2021

O pasado luns 22 de febreiro, celebrouse a xuntanza do club de lectura do alumnado do IES de Valga. Foi a primeira deste ano, pois a pandemia impediu que se celebrara cando estaba inicialmente previsto, a finais de xaneiro.

En palabras do profesor coordinador deste clube de lectura, Víctor González Zúñiga: "en fin, houbo tertulia, no patio, pois o tempo acompañou, tertulia animada e alegre. Versou sobre o libro "Mentiras" de Care Santos, e gustoulles bastante. Recoñeceron que teñen moito coidado co uso que fan das redes sociais, que é un dos temas que vertebra o libro, ademais da amistade e de como hai rapaces xenerosos que, por un amigo, son capaces ata de ir a cárcere".

 

Encontro co escritor Juan Tallón no Clube de Lectura

 

Clube de Lectura co escritor Juan Tallón

O xoves 21 de xaneiro tivemos, a través de videoconferencia, unha nova sesión do noso clube de lectura de adultos. Nesta ocasión foi unha interesante, amena, divertida e participativa sesión virtual ccoa presenza do escritor Juan Tallón. O escritor ourenán disertou sobre a súa obra "Rewind" e respondeu ás preguntas dos asistentes a esta sesión. Dende o IES Valga agradecemos a participación de Juan Tallón no clube de lectura.

 

Xuntanza do Clube de Lectura este xoves 5 de marzo

Clube de Lectura xoves 5 marzo

Distribuir contido


by Dr. Radut