Skip to Content

Alumnado de 3º e 4º ESO participou nas charlas do programa 'Que non te líen, ti elixes'

Alumnado de 4º ESO na charla do programa 'Que non te líen, ti elixes'

O martes 23 de abril e en dúas sesións lectivas, o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a sendas charlas do programa educativo "Que non te líen, ti elixes", impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade. As sesións foron impartidas por Ana Oróns xerente de Fearmaga (Federación de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia) acompañada de Ana Busto, adxunta de dirección da firma e cuarta xeración de Serrerías Rodríguez, empresa asentada en Valga.

Estas dúas representantes femininas do sector forestal compartiron as súas experiencias laborais. Ademais o alumnado reflexionou sobre a importancia de elixir unha profesión dende unha perspectiva libre de prexuízos sexistas e de estereotipos de xénero, así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado de 4º ESO na charla do programa 'Que non te líen, ti elixes'



page | by Dr. Radut