O luns 15 de abril, alumnado de 4º de ESO e do 2º curso dos Ciclos Básicos de Soldadura e Caldeiraría e Agroxardinaría asistiu a unha charla impartida por persoal da Garda Civil. Co título: “Saídas profesionais na Garda Civil”, a actividade tiña como obxectivo que o alumnado coñecera as saídas académicas e profesionais, así como as diferentes opcións onde poder desenvolver a súa carreira profesional dentro deste corpo de seguridade do estado español. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.