Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 22 horas 41 min

A composición das Xuntas de Directores e Directoras de centros deberá garantir a paridade entre sexos

Xov, 07/03/2019 - 10:26
Summary: Así o recolle a nova Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicada hoxe no Diario Oficial de GaliciaO obxectivo é promover unha composición máis axeitada ao principio de igualdade e fomentar unha maior presenza das mulleres nestes órganos de participación e colaboración en materia educativa Idioma Gallego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se modifica a composición das xuntas autonómicas e a Xunta Provincial de Directores e Directoras de centros de ensino non universitario, cuxa composición deberá garantir, a partir de agora, a paridade entre sexos.

Logo de máis de dúas décadas en vigor da normativa pola que se crearon e regularon as xuntas provinciais de directores como canle institucional de participación e colaboración en materia educativa, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional actualiza dita normativa co obxectivo de promover unha composición máis axeitada ao principio de igualdade e, polo tanto, fomentar unha maior presenza das mulleres nestes órganos, tendo en conta tamén a representatividade de xénero que na práctica xa existe entre o profesorado e as direccións dos centros educativos.

Galicia conta con catro xuntas provinciais de directores e directoras de centros de ensino non universitario compostas por 14 persoas directoras nos casos da Coruña e de Pontevedra e 10 persoas directoras nos casos de Lugo e Ourense. Así mesmo, hai unha Xunta Autonómica de Directores e Directoras integrada por catro persoas directoras pertencentes a cada unha das xuntas provinciais.

A partir da entrada en vigor desta Orde, estas xuntas provinciais así como a autonómica terán unha composición paritaria, co mesmo número de homes e mulleres entre os candidatos que opten a estes postos.

Directores/asEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar felicita a Antonio López e Marcelino Oreja pola súa investudira como membros de honor da Academia Xacobea

Mér, 06/03/2019 - 19:45
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde no acto de apertura de curso da Academia Xacobea, no que se investiu como Académicos de honor ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e a Marcelino Oreja Aguirre. A titular do departamento educativo da Xunta felicitou a ambos pola súa investidura e salientou que “as súas recoñecidas traxectorias profesionais e persoais van ser, a partir de agora, unha valiosa achega para a entidade que nos reúne hoxe aquí”.

No acto participaron tamén o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a  vicepresidenta e o secretario desta entidade, Josefa Sanz e Ulises Bértolo, respectivamente.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta que as agrupacións estratéxicas permiten consolidar en Galicia a investigación universitaria excelente

Mér, 06/03/2019 - 11:26
Summary: A conselleira de Educación participou na presentación de AEMATA nova estrutura supragrupal da USC está centrada na investigación de materiais avanzados e nanociencia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na presentación da agrupación estratéxica AEMAT, da Universidade de Santiago de Compostela, centrada en coordinar, fomentar e contribuír a consolidar unha unidade de referencia en investigación en materiais avanzados e nanociencia.

Na súa intervención a conselleira salientou que as agrupacións estratéxicas permiten “ordenar unha parte da investigación excelente que se atopa nas universidades, co obxectivo primordial de consolidar en Galicia un modelo de ciencia no ámbito universitario”.

“Neste sentido,– explicou– responden ao vello dito de que a unión fai a forza, xa que transcenden o que podería lograr un grupo de xeito individual, e favorecen a creación de coñecemento, a competitividade no acceso a fontes de financiamento ou a mellora da calidade e do impacto da produción científica”.

Carme Pomar salientou que AEMAT vai liderar e servir de estímulo á contorna tecnolóxica, “cos principios de ciencia excelente, política de talento, xestión eficiente, investigación e innovación responsables como piares e a transferencia de coñecemento no horizonte”. “Os novos materiais son un dos piares da actual revolución industrial e a AEMAT vai a usar estes elementos novidosos para abordar retos globais, como a transición enerxética, a diminución do impacto ambiental e a innovación biomédica”, dixo.

A Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT) é unha das catro novas estruturas supra-grupais que foron acreditadas polo Goberno autonómico na convocatoria de 2018. “Un recoñecemento digno de salientar, xa que só o lograron a metade das entidades solicitantes”, sinalou a conselleira.

O seu obxectivo é establecer un liderado autonómico que sirva de estímulo e apoio á contorna tecnolóxica sobre os principios da excelencia científica, da política de talento, da xestión eficiente, da transferencia de coñecementos e da investigación e innovación responsables. Está conformada por 11 grupos de investigación que traballan no eido dos nanomateriais funcionais e outros materiais (cerámicas, magnéticos, plasmónicos, poliméricos e superconductores), dispositivos ópticos ou biomateriais.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

Amplíase unha praza no concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos convocado pola Orde do 22 de outubro de 2018

Mér, 06/03/2019 - 10:06
Idioma Gallego

Orde do 26 de febreiro de 2019 pola que se amplía unha praza no concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos convocado pola Orde do 22 de outubro de 2018.
 

  • O prazo de presentación de solicitudes para a nova praza da especialidade de Trastornos graves de conduta no equipo específico da Coruña será de quince (15) días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
Anuncio principal: Convocado o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos 2018/2019Tema: Programas e plansComisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Aberto o prazo para que as Anpas de educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades

Mar, 05/03/2019 - 11:53
Summary: O DOG publica hoxe a Orde na que se habilitan 60.000 euros para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para financiar actividades das confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial para este ano.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas dotada cunha partida de inicial de 60.000 euros, contía que pode ampliarse, tal e como se recolle na propia convocatoria, coas transferencias que se reciban do Ministerio de Educación e Formación Profesional. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións.

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 5 de abril para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e xuntar toda a documentación que se require.

BolsasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosFamilias
Categorías: Administración

Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019

Mar, 05/03/2019 - 08:57
Idioma Gallego

Orde do 15 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
     
File:  Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG)Tema: BolsasEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: Familias
Categorías: Administración

Educación premiará os 23 mellores expedientes da Formación Profesional de grao superior

Lun, 04/03/2019 - 11:08
Summary: A Consellería de Educación publica hoxe no DOG a convocatoria destes galardóns Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia os Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18. O prazo de presentación de solicitudes para optar a estes galardóns estará aberto desde mañá ata o día 4 de abril. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, aínda que tamén se poderá realizar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros legalmente establecidos para tal fin.

En total convócanse ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada en Galicia. Poderán optar a este recoñecemento as e os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e os rematasen no ano 2018, sempre e cando obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Premios autonómicosFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Lun, 04/03/2019 - 09:15
Idioma Gallego

Orde do 15 de febreiro de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2017/18.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG)Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

O certame de oratoria ComunicaTedu céntrase na igualdade e na prevención da violencia de xénero

Dom, 03/03/2019 - 11:00
Summary: A Consellería de Educación acaba de publicar a convocatoria deste concurso, destinado a alumnado de ESO e 1º de bacharelato Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a convocatoria da segunda edición do concurso de oratoria ComunicaTedu, que ten como obxectivo que o alumnado afonde na adquisición da competencia en comunicación lingüística, desta vez en relación á igualdade e á prevención da violencia de xénero. Este certame complementa a oferta da materia de oratoria nos centros educativos galegos como materia de libre configuración autonómica en 1º e 2º de ESO, así como –pola temática escollida este ano– as de Igualdade de Xénero, Sociedade Inclusiva e Coeducación para o século XXI.

Respecto da convocatoria do curso anterior, cambia a temática do concurso, amplíase a participación a 1º de bacharelato, amplíase a constitución dos equipos e aumentan as categorías dos premios. En calquera caso, o certame segue baseándose na preparación dunha intervención por cada equipo de estudantes participante arredor dun tema determinado e na súa gravación para sometela á avaliación do xurado.

Deste xeito, poderán participar alumnas e alumnos que cursen en centros públicos os catro cursos de ESO ou 1º de bacharelato. Cada centro poderá presentar ata 4 equipos, cada un deles constituído por un docente coordinador, ata tres docentes colaboradores e ata 6 estudantes.

A presentación das solicitudes realizarase a través do enderezo electrónico comunicatedu@edu.xunta.gal.

Fases

Entre os centros solicitantes a Consellería seleccionará 30 equipos para participar no concurso. Nunha primeira fase, os docentes recibirán o asesoramento necesario sobre as normas de elaboración das presentación e a metodoloxía: definición do tema, discurso argumentativo, soporte audiovisual, elementos de valoración do xurado...

Na segunda fase, os equipos prepararán as súas intervencións e elaborarán os vídeos correspondentes, que serán enviados para a súa valoración na terceira fase. Unha vez seleccionadas, as 12 intervencións mellor valoradas –que serán recoñecidas cun diploma que acredite esta distinción- participarán nun evento no que serán de novo expostas para a súa gravación definitiva e difusión a través do portal educativo.

Nesta segunda edición outorgaranse un total de catro premios, 1º e 2º para a categoría de ESO e o mesmo para a de bacharelato, dotados con 2000 € (os primeiros premios) e 1500 euros (os segundos).

IgualdadePremios autonómicosEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Educación investirá máis de 1,4 millóns de euros na renovación da instalación eléctrica do CIFP Politécnico de Santiago

Dom, 03/03/2019 - 10:00
Summary: A Consellería vén de licitar a obra, que conta cun prazo de execución de 19 meses Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de reforma da instalación eléctrica de baixa tensión no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. Cun orzamento de licitación de 1.432.459,45 euros, a remodelación terá un prazo de execución de 19 meses. A previsión é adxudicar a obra neste ano e executala no segundo semestre do ano 2019 e durante o ano 2020.

O obxectivo da actuación é adecuar a instalación eléctrica do CIFP ao requirimento da normativa actual e ao aumento da potencia das instalacións pola implantación de novos ciclos formativos.

A obra distribuirase en 6 fases, en función das partes do centro ás que afecte. En resumo, os traballos consistirán na demolición dos falsos teitos existentes e na desmontaxe e retirada do cableado e da iluminación actual. A continuación instalaranse novas canalizacións de forza e alumeado, novo cableado e cadros eléctricos e colocaranse luminarias led de alta eficiencia enerxética e falsos teitos que substitúan os demolidos.

Construcións e mellorasFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Educación convoca os primeiros premios de excelencia académica ao alumnado de grao das universidades galegas

Sáb, 02/03/2019 - 10:00
Summary: A Consellería destina 440.000 euros a estes novos galardónsPremiarase o mellor expediente de cada un dos cursos de grao, agás o último Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial. Na súa primeira edición, estes galardóns premiarán os estudantes que obtiveron as mellores cualificacións no 2017/18 no Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao, agás o último.

O orzamento total da convocatoria ascende a 440.000 euros e cada persoa que resulte premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Non será necesario presentar solicitude ningunha xa que serán as universidades quen seleccionen os expedientes académicos das persoas que, superando a totalidade dos créditos correspondentes a un curso académico completo segundo o plan de estudos na primeira convocatoria, obtivesen a maior nota media, sempre superior aos 8 puntos.

Concederase un premio por cada titulación oficial de grao ao alumnado que finalizase os estudos de 1º, 2º e 3º curso. Quedan excluídos os de último ano por poderen optar aos premios fin de carreira que tamén convoca a Consellería. Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos de ditas titulacións, estenderase o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para o grao de 6 anos.

O obxectivo deste premios é motivar ao alumnado universitario para mellorar o seu currículo ao recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. Neste sentido, a Consellería entende que estimular o aproveitamento académico significa seguir apostando pola construción dun SUG excelente, competitivo e de calidade.

Esta nova liña de axudas enmárcase, ademais, no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia para o trienio 2018-2020, que lles permitirá dar un novo salto de calidade ás universidades galegas para seguir avanzando nun camiño de vangarda e excelencia.

Premios autonómicosUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesAlumnado
Categorías: Administración

Educación porá en marcha este ano un programa de incorporación ao SUG de investigadores posdoutorais

Ven, 01/03/2019 - 11:24
Summary: A conselleira anunciouno hoxe no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira Será unha das liñas de acción do Plan de captación e retención de talento investigadorNeste primeiro ano prevese un investimento de 3 millóns de euros para esta acción Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto poñer en marcha este mesmo ano un programa de incorporación de recursos humanos posdoutorais aos centros e unidades de I+D do Sistema Universitario de Galicia (SUG), unha acción que forma parte do Plan de captación e retención de talento investigador que está a preparar a Xunta de Galicia.

No marco do acto de entrega dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos no ano 2017 nas universidades do SUG, a titular do departamento educativo da Xunta explicou que esta actuación vai permitir “promover a mellora das capacidades de investigación e o fortalecemento dos grupos mediante a atracción e promoción de persoal”. “Un paso máis para acadar a excelencia que consiste, tamén en compartir e poñer o talento a disposición para lograr un mundo mellor”, salientou.

Esta primeira acción do Plan de captación e retención de talento investigador dividirase en dúas modalidades. A primeira delas dirixirase a persoal que non estivese contratado nunha universidade ou institución científica galega nos últimos 24 meses, mentres que a segunda irá destinada ao persoal investigador que si traballou nunha universidade do SUG ou institución científica galega no último ano. Tanto na modalidade A como na B será necesario que a persoa candidata teña o grao de doutor cunha experiencia posdoutoral de, polo menos, 24 meses en institucións científicas de recoñecido prestixio de fóra de Galicia.

A incorporación dos investigadores seleccionados realizarase baixo a figura contractual de Investigador Distinguido e a selección realizaraa unha comisión de expertos científicos alleos ao SUG e nomeada ao efecto pola Consellería. En calquera caso, no deseño desta convocatoria, coordinarase coas universidades galegas as áreas prioritarias de investigación e os centros nos que precisen a captación e retención deste persoal.

Nesta primeira convocatoria o número máximo de axudas será de 15 e a duración mínima dos contratos será de 4 anos cun custe estimado de 50.000 euros ao ano, polo que se prevé un investimento total de arredor de 3 millóns de euros.

A segunda acción do Plan de captación e retención de talento investigador centrarase na figura de investigador Sénior e neste momento estase a traballar na súa definición.

Galardóns

Respecto dos premiados, a conselleira felicitounos, así como a familias e profesorado, por este logro e convidou os galardoados a compartir “ese talento, intelixencia, bondade, solidariedade, coñecementos e os valores que fixestes vosos”, porque “o valor da excelencia non está unicamente na obtención dos bos resultados académicos”.

Hoxe recoñeceuse o traballo de 68 egresadas e egresados. Por universidades, a que máis galardoados conta é a de Santiago de Compostela, con 30, seguida da de Vigo (27) e da da Coruña (11). No referido ás titulacións que tiveron máis dun estudante galardoado foron, con tres premios cada unha, Enfermaría, Medicina, Dereito, Educación Infantil e Educación Primaria; e, con dous premios cada unha, Administración e Dirección de Empresas e Relacións Laborais e Recursos Humanos. Cabe salientar que se concede por primeira vez este recoñecemento a dúas persoas que cursaron unha simultaneidade de graos na opción pola que optaron, en concreto en Dereito e Administración de Empresas (na opción de Dereito) e en Turismo e Ciencias Empresariais (opción de Turismo).

Do total de galardoados 46 son mulleres e 22 homes. En canto ás puntuacións, a mellor nota foi a dunha titulada en Matemáticas na USC, Erika Díaz Pita, seguida de Alipio Santiago Dacosta (Filosofía na USC) e de Yosua Martínez Rodríguez (Dereito na UDC).

Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. Así, ademais do premio económico de 3.000 euros, os galardoados recibiron un diploma acreditativo desta distinción, o que supón un importante recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Os premiados, por universidades, son os seguintes:

Universidade de Santiago de Compostela

Persoa premiada

Titulación

Adrián Vázquez Parcero

Administración e Dirección de Empresas

Daniel Regueiro Varela

Ciencia Política e da Administración

Pedro Blanco Gutiérrez

Comunicación Audiovisual

Noelia Vila Seijas

Enxeñaría Civil

Eloy Pérez González

Enxeñaría informática

Leticia Vázquez Bengoechea

Enxeñaría Química

Iria Varela Rey

Farmacia

Alipio Santiago Dacosta

Filosofía

David Peinador Veiga

Física

Abel Lorenzo Rodríguez

Historia

María Dolores Fontán Amoedo

Historia da Arte

Antía Tacón García

Lingua e Literatura Españolas

Alba María Rodríguez Díaz

Lingua e Literatura Galegas

Beatriz Gómez Vidal

Lingua e Literatura Inglesas

Elena Veiga Rilo

Lingua e Literatura Modernas

Érika Diz Pita

Matemáticas

Lucía Rodríguez Rodríguez

Medicina

Rocío Mato Bua

Medicina

Carmen Antía Rodríguez Fernández

Medicina

Lorena Sanín Sánchez

Mestre de Educación Infantil

Elisa I. Iglesias Framil

Mestre de Educación Infantil

Jesús Somoza Fernández

Mestre de Educación Primaria

Ana María Rubinos da Silva

Odontoloxía

Vanesa Mesías Vilas

Pedagoxía

Carolina Sanmartino Arias

Psicoloxía

Alicia Riobóo Vidal

Química

María Laura Copa Novo

Relacións Laborais e Recursos Humanos

María Catuxa Criado Herrero

Veterinaria

Alejandro Otero Varela

Xeografía e Ordenación do Territorio

Borja Melchor Fernández

Xornalismo

 

Universidade da Coruña

Persoa premiada

Titulación

Naomí Diz Rosales

Bioloxía

Raúl Sar García

Ciencias Empresariais

Yosua Martínez Rodríguez

Dereito

Humberto Armand Teijeiro Jiménez

Dereito

Jéssica Seco Franco

Enfermaría

Adrián Herrero Filgueira

Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Lucía Picón Pazos

Logopedia

Rocío Carton Martínez

Podoloxía

Ángela Estefani Tarrío Maneiro

Socioloxía

Marta Freire Vázquez

Terapia Ocupacional

Diana María Agra Varela

Turismo

 

Universidade de Vigo

Persoa premiada

Titulación

Estefanía Hermida Hermida

Administración e Dirección de Empresas

Sara Martínez Pérez

Belas Artes

Patricia Soutullo Novelle

Ciencias Ambientais

Anxo Pena Pérez

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Nerea Leyenda Barreiro

Comercio

Talia Iglesias Limia

Dereito

Marta García Rodríguez

Economía

Cristina Fernández da Vila

Educación Infantil

Erroz Uribarri Landa

Educación Primaria

MªJulia Arias Rodríguez

Educación Primaria

Selene Casal Álvarez

Educación Social

Miriam Estévez Vázquez

Enfermaría

María Amosa Serto

Enfermaría

Laura Meno Fariñas

Enxeñaría Agraria

José López Miralles

Enxeñaría da Enerxía

Guillermo Rodríguez Lage

Enxeñaría de Tecnoloxías da Comunicación

Carlota Sánchez Alonso

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Daniel Cajigal Faginas

Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Javier Vivanco Vázquez

Enxeñaría en Organización Industrial

Pablo Malvido Fresnillo

Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Marta Fernández Álvarez

Enxeñaría Forestal

Manuel Casal Guisande

Enxeñaría Mecánica

Pablo Campo Prieto

Fisioterapia

Lidia Dosil Tajes

Publicidade e Relacións Públicas

Karina Blanco Bugallo

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Laura Alonso González

Traballo Social

María Rico Vázquez

Tradución e Interpretación

BolsasPremios autonómicosUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/20198

Ven, 01/03/2019 - 10:51
Idioma Gallego

De conformidade co artigo 11 da orde do 27 de novembro de2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se  convocan as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus +, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (modelo emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo de presentación da documentación do 4  o 15 de marzo  de 2019.
Anuncio principal: Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019Tema: BolsasErasmusEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/2018 nas universidades do SUG

Ven, 01/03/2019 - 09:22
Idioma Gallego

Orde do 19 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

  • O prazo de remisión do requirimento xunto coa aceptación expresa será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa recepción.
     
File:  Orde do 19 de febreiro de 2019 (DOG)Tema: Premios autonómicosEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

A Xunta licitará este verán as obras de ampliación do IES Sanxillao (Lugo), cun orzamento de case 1,7 millóns de euros

Xov, 28/02/2019 - 20:28
Summary: A conselleira de Educación visitou esta tarde o centroO obxectivo da actuación é dotar o centro de novas instalacións para os ciclos de FP de Hostalaría e TurismoCarmen Pomar visitou tamén os conservatorios profesionais de Danza e Música da cidade da Muralla Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anunciou hoxe que o seu departamento vai licitar este verán as obras de ampliación do IES Sanxillao (Lugo), que contarán cun orzamento de case 1,7 millóns de euros e que se poderían comezar a executar en 2020. Nunha visita a este centro, na que estivo acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, a conselleira explicou que o obxectivo desta actuación é dotar o centro de novas instalacións para os ciclos da familia profesional de Hostalaría e Turismo, na que está especializada o instituto. Non en balde, este curso o IES ofertou a FP básica de Cociña e restauración, os ciclos de grao medio en Cociña e gastronomía e en Servizos en restauración e os de grao superior en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración (este último no réxime modular para adultos).

A obra, que se desenvolverá en dúas fases, consistirá na edificación dun novo volume sobre a pista deportiva descuberta do centro, que estará conectada a nivel da planta primeira co edificio existente. No novo edificio situaranse un taller-restaurante, talleres para panadería e repostería, un taller para elaboración de pratos fríos e outro para a elaboración de pratos quentes. A superficie total nova construída ascenderá a 660,80m².

Xa na segunda fase, está previsto actuar tamén no edificio existente, modificando os vestiarios e os aseos da planta baixa. Así mesmo, na planta primeira redistribuiranse os espazos para crear un taller que faga as funcións de bar-cafetería, unha aula de cata e unha aula polivalente; mentres que na segunda planta se creará unha segunda aula polivalente ademais dun almacén para material e mobiliario. A superficie total reformada será de 726,64 m².

Con esta actuación solucionarase a necesidade do centro de ampliar os seus espazos para dar resposta ao incremento de matrícula tanto na FP como en ESO e Bacharelato. A conselleira quixo salientar, neste sentido, o compromiso da Consellería coas infraestruturas educativas non universitarias de Lugo cidade, nas que se levan investido máis de 18 millóns de euros desde 2009 en melloras e equipamento, e en concreto das centradas na Formación Profesional. Non en balde, a Consellería remodelou totalmente nestes últimos anos o CIFP As Mercedes, o que supuxo un investimento de máis de 5,3 millóns de euros.

Carmen Pomar achegouse tamén esta tarde ao Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o único desta disciplina dependente da Consellería en Galicia, e máis ao Conservatorio Profesional de Música da cidade.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario para o curso 2019/2020

Xov, 28/02/2019 - 14:49
Idioma Gallego

Resolución do 28 de febreiro de 2019 pola que se regula o concurso de oratoria ComunicaTedu, que dedica esta edición á igualdade e á prevención da violencia de xénero. Pódese consultar a convocatoria e os anexos relacionados (solicitude e regulamento) no pé desta mensaxe. Respecto da convocatoria do curso anterior, cambia a temática do concurso, amplíase a participación a 1º de bacharelato, amplíase a constitución dos equipos e aumentan as categorías dos premios.

Prazo de solicitude: venres 1/03/2019 - luns 25/03/2019
Centros destinatarios: centros públicos que impartan ESO ou 1º de bacharelato.
Premios para os centros gañadores:

  • categoría A (ESO): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).
  • categoría B (bacharelato): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).

Para obter máis información pódese consultar no teléfono 881 997 598 (Mónica Baleirón) ou no enderezo electrónico comunicatedu@edu.xunta.gal.
 

File:  Resolución do 28 de febreiro de 2019 Anexo I: Solicitude Anexo IITema: IgualdadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010)

Xov, 28/02/2019 - 14:14
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións informáticas e soldadura

Resolución do 28 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de  profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).

  • Prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución para formular reclamacións
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2019/2020

Mér, 27/02/2019 - 11:57
Idioma GallegoAnuncio principal: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Xúntase a Resolución de 27 de febreiro de 2019, da dirección xeral de  centros e recursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da orde do 12 de marzo de 2013 e mais o Anexo II do formulario de admisión.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P"
 

Servizo relacionado: Admisión alumnadoTema: Programas e plansEscolarizaciónEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: AlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

O venres día 1 abre o prazo de admisión nos centros educativos, e as solicitudes poderán presentarse ata o 20 de marzo

Mér, 27/02/2019 - 11:44
Summary: Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñiblesOs trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnadoSegundo o sorteo público efectuado hoxe, no caso de empate de puntuación para unha mesma praza, as letras de desempate son “E” e“C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo Idioma Gallego

Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG.

Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo. Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

A aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.

Letra de desempate

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “E” e “C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.

EscolarizaciónEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut