Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 54 min 59 seg

17 centros escolares expoñen os seus proxectos educativos na III Feira Piteas

Ven, 14/06/2019 - 18:31
Summary: A conselleira Carmen Pomar visitou os stands onde coñeceu da man dos alumnos os proxectos desenvolvidosEste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento promovido pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Educación acada a día de hoxe máis de 2.600 alumnos e uns 500 docentes implicadosLogo de dous anos de funcionamento, constátanse resultados positivos canto á capacidade de aprendizaxe, as habilidades de comunicación e no traballo en equipo do alumnado que participa neste proxecto Idioma Gallego

Un total de 17 centros docentes expoñen os seus proxectos educativos na terceira edición da Feira PITEAS, que hoxe se celebra na Cidade da Cultura de Galicia, ata onde se achegou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, para coñecer da man dos propios alumnos os traballos levados a cabo ao longo do curso.

A conselleira felicitou tanto aos alumnos como aos seus profesores pola calidade dos traballos expostos, e cuxas temáticas -de libre elección por parte dos centros- reflicten tamén o interese dos rapaces por temas que eles consideran importantes como son o medio ambiente e o coidado da natureza, a ciencia e a tecnoloxía, a inclusión e a cultura, entre outros. “Con estes traballos -dixo- contades ao mundo como se pode aprender doutra maneira, facendo realidade a visión das escolas como centros de desenvolvemento do talento”.

Carmen Pomar salientou a importancia de formar persoas “con capacidade de comunicación, adaptables, creativas e con altas doses de curiosidade”, xa que son habilidades imprescindibles nun mundo globalizado onde a esixencia de coñecementos e destrezas está mutando de xeito permanente. “O proxecto PITEAS procura ese enriquecentemo para todo o alumnado, pero só se pode lograr con altos niveis de compromiso e o uso de experiencias de aprendizaxe diferentes”, concluíu.

Carmen Pomar aproveitou para facer un balance positivo desta experiencia que naceu como proxecto piloto no curso 2016/17 con 7 centros e que a día de hoxe abrangue 17 centros, que acadan os 2.665 alumnos e preto de 500 docentes implicados.

Cómpre lembrar que, logo de dous anos de funcionamento, os resultados obtidos constatan que esta acción contribúe a unha mellora significativa na capacidade de aprendizaxe, na comunicación e expresión, na motivación, no traballo en equipo e no desenvolvemento dos talentos tanto do alumnado coma do profesorado dos centros participantes, o que xera un clima de aprendizaxe moi positivo.

Potenciar o talento nas aulas

Piteas é unha iniciativa promovida pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, que naceu en maio de 2016 como un proxecto para a detección e o desenvolvemento dos talentos de todo o alumnado que implicou, com consecuencia, a mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos.

O obxectivo principal deste  programa é potenciar o talento nas aulas a través da implantación dun modelo de enriquecemento para todo o alumnado, baseado no modelo SEM (Schoolwide Enrichment Model), de Renzulli e Reis, da Universidade de Connecticut, adaptándoo á nosa realidade educativa e, especialmente, seguindo as directrices europeas no relativo ao desenvolvemento das competencias clave.

O programa inclúe un plan de formación do profesorado, a implantación de proxectos na aula, a presentación e difusión de ditos proxectos, e unha investigación da USC que inclúe a avaliación das competencias do alumnado.

A filosofía SEM, a investigación e a ciencia, a oratoria, o debate e a comunicación son algunhas das liñas de traballo por proxectos do profesorado dos centros educativos participantes en PITEAS no período 2016-2020.

A día de hoxe a rede de centros PITEAS está composta por 17 centros escolares, aos que hai que engadir outros 11 centros que se están iniciando no coñecemento do modelo SEM e, unha vez finalizado este achegamento, poderán optar a incorporarse á rede PITEAS de traballo con proxectos e apoio con mentorización.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Ven, 14/06/2019 - 15:03
Idioma Gallego

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Ven, 14/06/2019 - 14:53
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Resolución do 14 de xuño de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e no corpo de profesores tecnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202).

 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020

Ven, 14/06/2019 - 14:05
Idioma Gallego

Xúntase a Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de deseñoDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020

Ven, 14/06/2019 - 13:50
Idioma Gallego

Xúntase a Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020.

 

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020

Ven, 14/06/2019 - 13:40
Idioma Gallego

Xúntase a Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020.

 

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturaisDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

Ven, 14/06/2019 - 13:35
Idioma Gallego

Xúntase a Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

 

Anuncio principal: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superioresTema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas nas axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola UE no marco Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/2019

Ven, 14/06/2019 - 12:32
Idioma Gallego

De conformidade co artigo 10 da Orde do 23 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/2019, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez (10) días
Anuncio principal: Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/2019Tema: BolsasErasmusEnsinanza: Ensinanzas de réxime especialEnsinanzas superiores de arte dramáticaEnsinanzas superiores de deseñoEnsinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

Ven, 14/06/2019 - 11:53
Idioma Gallego

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

 

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de arte dramáticaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Corrección de erros pola que se corrixe o enderezo da sede de actuación dos tribunais 1, 2 e 3 de Tecnoloxía no concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario para o ano 2019

Xov, 13/06/2019 - 11:03
Idioma Gallego

Corrección de erros.  Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Ciencia, tecnoloxía, medio ambiente, inclusión e cultura danse a man na III Feira Piteas que se celebra mañá na Cidade da Cultura

Xov, 13/06/2019 - 10:53
Summary: Un total de 17 centros escolares exporán os seus proxectos neste evento que inaugurará a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional Idioma Gallego

Un total de 17 centros escolares de toda Galicia daranse cita mañá na Cidade da Cultura con motivo da celebración da III Feira PITEAS, o encontro anual no que as rapazas e rapaces, xunto cos seus profesores, expoñen os proxectos desenvolvidos ao longo do curso e que, principalmente, xiran en torno a temáticas como o coidado do medio ambiente, a ciencia, a tecnoloxía, a inclusión e a cultura.

Trátase de 8 centros da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 2 de Ourense e 5 de Pontevedra, todos eles participantes neste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas, impulsado pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Da provincia da Coruña participan o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela), o CEIP Isaac Peral (Ferrol), o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene), o CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia (Narón), o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas), o CPI de Atios (Valdoviño), o CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña) e o CPR Plurilingüe La Inmaculada La Salle (Santiago de Compostela).

Da provincia de Lugo participan o IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada). Por Ourense participan o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar) e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras).

De Pontevedra participan o CEE de Panxón (Nigrán), o CEIP do Carballal (Marín), o CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), o IES A Xunqueira II (Pontevedra), e o CPR Eduardo Pondal (Cangas).

Todos eles contarán cun stand propio onde o público xeral poderá coñecer os proxectos desenvolvidos en cada caso e, a maiores, haberá unha quenda de exposicións específicas que dará comezo as 16,30 horas (xúntase pdf co programa e breve descrición dos proxectos).

File:  Tríptico PiteasInformación xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Corrección de erros pola que se corrixe a sede de actuación dos tribunais 21, 22 e 23 de Educación infantil en Ourense no concurso-oposición ao corpo mestres para o ano 2019

Xov, 13/06/2019 - 09:02
Idioma Gallego

Corrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Xov, 13/06/2019 - 08:50
Idioma Gallego

Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.
 

  • O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade A será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade B será do 1 ao 31 de agosto de 2019.

Cal é o obxecto destas axudas?

A formación de persoal investigador doutor mediante a súa contratación por algún dos centros citados no apartado seguinte. Estas axudas teñen dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, dun total de tres anos, consistentes no financiamento dun contrato de estadía de dous anos no estranxeiro e dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia ao retorno da dita estadía.

Ata un máximo de 10 axudas no ámbito do SUG e de 2 axudas para as demais entidades poderán obter a condicións de bolseiros Fulbright sempre que presenten un plan de estadías de 2 anos de estadía nos Estados Unidos de América.

  • Modalidade B: axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, dun total de dous anos, co obxecto de dar continuidade á formación e propiciar o establecemento unha traxectoria investigadora propia ao persoal investigador que se atopa nos seguintes casos:
    • Aquelas persoas investigadoras que acadaron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria do ano 2016 e que, unha vez completado e rematado o contrato derivado deste programa, obtivesen unha avaliación positiva.
    • Aquelas persoas investigadoras que obtiveron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria de 2014 ás que por circunstancias especiais se lles concedese o aprazamento da avaliación e que unha vez completado o programa, obtivesen unha avaliación positiva.

Quen pode solicitar estas axudas?

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG).

A Gain financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos (modalidade A) e un máximo de 2 anos (modalidade B)
  • Orzamento total: 8.667.800 euros (a achega por parte da Secretaría Xeral de Universidades será de 7.712.000 € e por parte da Gain será de 955.800 €)

Número e importe das axudas

O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:

  • Modalidade A: 46 axudas (a previsión inicial é de 40 axudas para o SUG, das cales ata 10 poden obter a condición de bolseiras Fulbright, e 6 para as demais entidades, das cales 2 poden obter a condición de bolseiras Fulbright). Os importes destas axudas son:
    • Na fase de estadía:
      • 34.680 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).
      • 42.000 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).
      • 48.400 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3). Para aquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright, engadiranse un total de 5000 euros brutos anuais durante os dous anos de estadía nos EUA.
      • Nesta fase establécese un complemento de 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas. Dito complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos por cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española (ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes) dun seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.
    • Na fase de retorno:
      • Un máximo de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
      • Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
  • Modalidade B: 21 axudas
    • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
    • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros no ano 2020, 10.000 euros no 2021 e 5.000 euros no 2022.
    • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

  • Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

  • Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

 

File:  Orde do 28 de maio de 2019 ( DOG) Extracto da Orde do 28 de maio de 2019 ( DOG) Modelo de declaracion de doutoramento e licenciatura Modelo de pertenza da persoa candidata a un grupo Modelo de plan de estadíaTema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Mér, 12/06/2019 - 13:10
Idioma Gallego

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de música para o curso 2019/2020

Mar, 11/06/2019 - 19:29
Idioma Gallego

Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de música.

  • Poderanse presentar reclamacións os días 12 e 13 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizou a inscrición (ou a través do correo electrónico sxapere@edu.xunta.gal)
     
Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Carmen Pomar participa na XIII Merenda Intercultural do CEIP do Carballal (Marín)

Mar, 11/06/2019 - 17:42
Summary: A conselleira felicitou a comunidade educativa do centro polo seu traballo Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde na XIII Merenda Intercultural, organizada polo CEIP do Carballal, onde estivo acompañada pola alcaldesa en funcións, María Ramallo. Toda a comunidade educativa foi partícipe desta xornada de convivencia, que este ano transcorreu arredor do proxecto didáctico integrado deste colexio, Marín, de todo un chisquín; centrado no coñecemento da súa vila.

Carmen Pomar puxo en valor a implicación das familias na organización desta romaría (que incluíu actuacións de alumnado, ANPA, cantareiras,...) e felicitou a comunidade educativa polo seu traballo arredor deste proxecto. “De todo o que levades aprendido neste centro, estou segura que o máis importante é o respecto e a convivencia, do que esta romaría son un bo exemplo”. Agradeceu tamén o esforzo do profesorado, que foi quen de motivar o alumnado arredor desta iniciativa.

A conselleira felicitou, así mesmo, o centro polo labor que desenvolve a diario. Non en balde o CEIP do Carballal está implicado no Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento Piteas e desenvolve case a totalidade das liñas de actuación dos contratos-programa (5 das 7 dispoñibles).

O centro conta, ademais, con seccións bilingües en 3º e 4º de Primaria, a través das que o seu alumnado mellora as súas competencias en inglés, e participa no programa Aliméntate Ben, de promoción dos hábitos de vida saudable; no Aprendo programando, para o uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado; e en Nós Tamén Creamos!, promoción da lingua galega a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, mediante a creación de curtametraxes en galego; todos eles enmarcados no Plan Proxecta.

Información xeralEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020

Mar, 11/06/2019 - 17:26
Idioma Gallego

Xúntase a Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020.

  • Poderanse presentar reclamacións dende o día 12 de xuño de 2019 ata o día 13 de xuño de 2019, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizou a inscrición (ou a través do correo electrónico sxapere@edu.xunta.gal)
     

 

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de deseñoDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

Mar, 11/06/2019 - 16:14
Idioma Gallego

Xúntase a Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020.

  • Poderanse presentar reclamacións dende o día 12 de xuño de 2019 ata o día 13 de xuño de 2019, ambos os dous incluídos, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ou a través do correo electrónico sxapere@edu.xunta.gal)
     
Anuncio principal: Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas superiores de arte dramáticaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut