Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 20 min 18 seg

Educación convoca os premios extraordinarios de fin de carreira, que recoñecen a excelencia do alumnado universitario en Galicia

Mar, 28/05/2019 - 10:55
Summary: Vai dirixido aos estudantes que remataron os seus estudos universitarios no ano 2018Os interesados dispoñen de prazo ata o 28 de xuño para optar ao galardón, dotado con ata 3.000 euros por premiado Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar os premios extraordinarios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O obxectivo destes galardóns é recoñecer as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia. Para tal fin, o departamento que dirixe Carmen Pomar destina un orzamento de 222.000 euros. Cada un dos galardoados acadará un premio de ata un máximo de 3000 euros e un diploma acreditativo, o que supón un recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Requisitos

Poderá optar a este premio o alumnado universitario que cursase de forma íntegra os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do SUG, e que teña acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8'5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7'5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Os requirimentos e forma de presentación de solicitudes poden consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Ao igual que o ano pasado, o número de premios virá determinado polo número de persoas egresadas na mesma titulación. Deste xeito, aquelas con ata 199 persoas egresadas optarán a un premio, as que teñan entre 200 e 299 a dous e as que conten con 300 ou máis persoas optarán a tres premios. O número de persoas en cada titulación estará verificado pola certificación emitida polos servizos administrativos das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Premios autonómicosUniversidadeServizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnado
Categorías: Administración

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Mar, 28/05/2019 - 08:51
Idioma Gallego

Orde do 8 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xuño (incluído)
     
File:  Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) Extarcto da Orde do 8 de maio de 2019 (DOG)Tema: Premios autonómicosEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca a entrega ao ensino de Andria Zafirakou, gañadora do Global Teacher Prize

Lun, 27/05/2019 - 19:10
Summary: A conselleira de Educación presentou o relatorio desta docente no ciclo de conferencias Diálogos de educaciónO Centro de Formación e Recursos de Pontevedra organiza esta actividade co gallo do seu 25 aniversario Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou hoxe o relatorio co que a profesora gañadora do Global Teacher Prize, Andria Zafirakou, pechou o ciclo de conferencias dos Diálogos de Educación organizados polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra, dependente do departamento educativo da Xunta de Galicia.

A conselleira destacou a figura de Zafirakou “á que o seu alumnado considera unha heroína e da que os seus compañeiros destacan a súa enerxía e entusiasmo contaxiosos, que os impulsa a chegar máis lonxe nos seus proxectos”. Carmen Pomar explicou que esta docente, para gañar a confianza do seu alumnos e as súas familias, aprendeu as palabras básicas das súas 35 linguas natais, modificou o currículo para facelo relevante para as distintas comunidades e abriu horas extraescolares para que os menores que non poden estudar na casa o poidan facer na escola, entre outras accións significativas.

“Permítanme que comparta a miña admiración por ela e a honra que supón para min ter a ocasión de darlle a palabra á galardoada como mellor profesora do mundo, unha persoa que adora o que fai e que non se imaxina facendo ningunha outra cousa”, dixo a conselleira.

Andria Zafirakou recibiu o prestixioso recoñecemento Global Teacher Prize 2018 polo seu traballo como docente de alumnado e familias dun dos barrios máis deprimidos de Londres, o de Brent. Zafirakou traballa tanto co alumnado como coas súas familias para chegar á complexidade de cada unha delas e deseñar desde ese coñecemento o plan de estudos. Ademais desenvolveu iniciativas como a creación de horarios específicos de deporte como o cricket para nenas, de tal forma que poidan participar as das familias máis conservadoras.

Entre outros logros, froito do seu traballo como profesora de arte e téxtiles, a escola na que traballa (Alperton) recibiu o estatus de escola especializada en artes visuais. Ademais, Alperton está no grupo do 5% de escolas que melloraron o rendemento do alumnado e gañou o premio Marca de Platino de Desenvolvemento Profesional do Instituto de Educación (contan con el menos de 10 escolas).

Diálogos de Educación

O relatorio de hoxe pecha o ciclo de conferencias Diálogos de Educación, organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra co gallo do seu 25 aniversario, e no que se se abordan temas de actualidade no eido do ensino. O obxectivo do ciclo foi dar a coñecer distintas visións dos modelos educativos e reflexionar sobre a importancia da implicación de todos os membros da comunidade escolar, co fin de formar a un profesorado que dea respostas ás necesidades e demandas da sociedade (pluriligüismo, traballo colaborativo, potenciación de ámbito STEM ...)

Desde o inicio das sesións, en novembro de 2018, participaron nesta actividade o gañador da primeira medalla da esgrima española nuns Xogos Olímpicos (en Pequín 2008), José Luis Abajo Pirri, o membro do gabinete do Comisario europeo de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes, Rodrigo Ballester; o filósofo, ensaísta e pedagogo José Antonio Marina, o doutor en Bioloxía e profesor de xenética da Universidade de Barcelona David Bueno e o psiquiatra, investigador e profesor Luis Rojas-Marcos.

Actividades presenciaisConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Formación do ProfesoradoProfesorado
Categorías: Administración

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B. Primeira convocatoria 2019

Lun, 27/05/2019 - 15:42
Idioma Gallego

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

O chamamento para a realización da proba terá lugar o sábado 1 de xuño ás 10:00 horas nos enderezos que se indican na listaxe.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Os centros poderán solicitar incorporarse ao programa de plurilingüismo na formación profesional ata o 21 de xuño

Lun, 27/05/2019 - 13:50
Summary: A Consellería de Educación publicou a resolución no Diario Oficial de GaliciaRefórzase a aposta polas linguas estranxeiras coa extensión das actividades complementarias a todos os centros e coa incorporación dun módulo de idioma nos novos títulos de FP que se implanten o vindeiro cursoComo novidade inclúese a posibilidade de que ao remate de cada etapa educativa o alumnado do programa plurilingüe en FP poda participar nunha proba de avaliación de nivel Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que anuncia a regulación dos ciclos formativos plurilingües para o curso 2019/20. Os centros educativos interesados poderán solicitar que se lle autorice a impartición de ciclos plurilingües ata o 21 de xuño.

O alumnado que se incorpore a un ciclo formativo plurilingüe cursará cando menos no primeiro curso do ciclo, un módulo non lingüístico en lingua estranxeira. O número de módulos que se cursen en lingua estranxeira poderá ampliarse ata un terzo do horario en lingua estranxeira. O centro educativo ofrecerá tamén unha actividade formativa extracurricular de carácter voluntario para o alumnado, no primeiro e no segundo curso do ciclo, cunha carga horaria semanal de dous ou tres períodos lectivos fóra do horario ordinario do alumnado. Esta actividade formativa terá por obxecto principal o afondamento e a adquisición de destrezas no idioma elixido para impartir o ciclo plurilingüe, que sexan específicas do sector profesional ou do ámbito produtivo no que se estea a formar o alumnado.

Así mesmo, ao longo dos dous cursos do ciclo o alumnado realizará actividades complementarias de formación organizadas polo centro educativo, como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada de 40 horas, e que se desenvolverán tamén fóra do horario ordinario do alumnado.

A realización destas actividades complementarias estenderase de xeito progresivo a partir do curso 2019/20 a todos os ciclos formativos xa implantados, comezando polos ofertados polos Centros Integrados de Formación Profesional e por aqueles ofertados baixo a modalidade de Formación Profesional Dual. Así mesmo está previsto que os novos títulos de FP que se implanten o vindeiro curso incorporen un módulo profesional de idioma.

Como novidade nesta convocatoria inclúese a posibilidade de que ao remate de cada etapa educativa, co fin de verificar o grao de dominio da lingua estranxeira, o alumnado do programa plurilingüe poda participar no procedemento de avaliación que determine a Consellería.

Dous anos de desenvolvemento

Os centros docentes que desexen incorporarse ao programa de plurilingüismo na FP realizarán a solicitude no modelo que se xunta na resolución, ao que engadirán o proxecto de desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües, coa concreción para o primeiro curso e a planificación para o segundo curso. Deberán comprometerse a desenvolver os ciclos formativos plurilingües, cando menos durante dous anos, de tal xeito que o alumnado que se incorpore no primeiro curso poida completar os dous cursos do ciclo formativo.

Ademais deberán contar con profesorado para impartir os módulos plurilingües, que deberá acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O alumnado, pola súa banda, disporá de formación específica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior ao remate da etapa.   

Mellora das competencias

Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade favorecer a mellora das competencias lingüísticas do alumnado da FP galega e, con isto, a súa inserción laboral, a través da consecución de habilidades de comunicación oral e escrita nunha lingua estranxeira e da adquisición de destrezas de comunicación específicas do sector profesional ou ámbito produtivo no que se estea a formar o alumnado. Isto repercute ademais nunha maior competitividade dos sectores produtivos, dado que as empresas precisan formación en competencias lingüísticas.

O programa PluriFP enmárcase na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020 (EDUlingüe), que ten entre os seus obxectivos impulsar a aprendizaxe de idiomas estranxeiros e recolle a súa extensión á formación profesional cos ciclos formativos plurilingües.

PlurilingüismoFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2019/2020

Lun, 27/05/2019 - 09:15
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20.

 

Anuncio principal: Instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020Tema: Acceso á universidadeEnsinanza: BacharelatoDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar sinala o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do sistema educativo”

Ven, 24/05/2019 - 13:18
Summary: A conselleira presidiu o acto de entrega dos premios vencellados a este programaResultaron galardoados dez centros educativos de toda Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, sinalou hoxe o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”. Fíxoo no acto de entrega dos Premios Proxecta 2018, que recoñecen o traballo destacado de centros participantes neste programa, “un merecido recoñecemento a unha traxectoria coherente e esforzada. Sodes, así, exemplo para o resto da comunidade educativa, un modelo a seguir”, dixo a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia.

Das iniciativas galardoadas a conselleira destacou “a súa preocupación por unha educación en valores, a vida saudable, a defensa do medio ambiente, a promoción da contorna rural ou a protección do noso patrimonio máis próximo”. Neste sentido lembrou que para saír adiante estes proxectos precisaron dun traballo de coordinación e cooperación entre diversos departamentos do Goberno galego, así como con outras entidades. “Grazas a todos eles logramos integrar dinámicas que incentivan a creatividade, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e, por suposto, o traballo en equipo e en rede”, dixo.

Carmen Pomar quixo, así mesmo, agradecer o labor dos docentes implicados no desenvolvemento destes traballos. “Confiastes nos proxectos, puxestes neles toda a ilusión e o esforzo. É bonito ver premiada a capacidade de promover unha educación activa e a contribución á mellora da calidade educativa”, rematou.

Galardoados

Na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba), o segundo para o CEIP de Piñeiros (Narón) e os terceiros para o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene) e o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas). Ademais, concedeuse un accésit ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras).

No referido á categoría B, dirixida aos centros públicos integrados (CPI), institutos de educación secundaria (IES), centros integrados de formación profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio foi para o IES de Cacheiras (Teo), o segundo para o CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e os terceiros para o CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra) e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra). A maiores, concedeuse un accésit ao IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova). A dotación total dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros cada un, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 43 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros. No actual curso 2018/19 participan no Plan Proxecta 542 centros de ensino e preto de 138.000 alumnas e alumnos.

Premios autonómicosPlan ProxectaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), para o curso 2019/2020

Ven, 24/05/2019 - 09:05
Idioma Gallego

Resolución do 13 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

  •   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2019.
     
  • Máis información
     
File:  Resolución do 13 de maio de 2019 (DOG) Resolución do 13 de maio de 2019 Anexo da solicitudeTema: PlurilingüismoEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Prazas vacantes. Curso 2018/2019

Xov, 23/05/2019 - 15:08
Idioma GallegoPublicadas a prazas vacantes de probas libres.  

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2018/2019 é desde as 9:00 horas do 24 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2019. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Apertura do segundo prazo para o persoal docente do corpo de mestres para solicitar comisións de servizos por motivo de saúde 2019

Xov, 23/05/2019 - 15:03
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde é o comprendido entre o 24 de maio e o 13 de xuño de 2019 (15 días hábiles)

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivo de saúde neste prazo todo o persoal docente do corpo de mestres que participaron no concurso xeral de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información: 981 54 44 82, 981 54 44 88, 981 54 54 90

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Ampliación do segundo prazo para o profesorado de secundaria das comisións de servizos por motivos de saúde 2019

Xov, 23/05/2019 - 14:39
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde amplíase ata o 6 de xuño de 2019, inclusive.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño que participaron no concurso de traslados.
 

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2019/2020

Xov, 23/05/2019 - 13:33
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2019 ao 6 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486

Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es
 

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Educación convoca 1.125 prazas de estadías lingüísticas en inglés para alumnado de primaria e ESO

Xov, 23/05/2019 - 11:21
Summary: Durante unha semana os participantes compaxinan actividades educativas con outras lúdicas, que lles permiten poñer en práctica o uso deste idioma en situacións reais, sempre apoiados por profesorado nativoO prazo para solicitar a participación nesta actividade, que é totalmente de balde para as familias, estará aberto ata o 1 de xulloOs obxectivo desta English Week, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, é que os rapaces melloren as súas competencias en lingua inglesa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar a English Week deste outono, un total de 1.125 prazas dirixidas ao alumnado de 6º curso de Primaria e dos catro cursos de ESO, para que realicen estadías lingüísticas en inglés que cada ano organiza a Xunta de Galicia.

As estadías, enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, son totalmente gratuítas para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas cunha partida de 561.000 euros destinados a sufragar os gastos de docencia e material escolar, de mantemento e aloxamento dos rapaces, a contratación dos monitores que os acompañan, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os certificados e os seguros correspondentes.

Tal como se establece na orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, os centros escolares interesados en participar dispoñen de prazo desde mañá e ata o 1 de xullo para tramitar a correspondente solicitude. O número máximo de candidatos por centro será de 25 alumnos, todos do mesmo nivel educativo. E para a selección dos centros establécense unha serie de requisitos entre os que se priman cuestións como os contornos socioeconómicos menos favorecidos e os centros do ámbito rural.

Dez quendas de unha semana

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano. Deste xeito, os rapaces pasarán unha semana de domingo a sábado en réxime de internado nun campamento con profesores e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico.

O obxectivo principal é proporcionar ao alumnado participante unha actividade  de  inmersión  lingüística  que  lles  permita  mellorar  as  súas  destrezas  de  comprensión  e  expresión  oral  en  lingua  inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.

Por primeira vez, o alumnado participante na English Week estará acompañado por un profesor/a de inglés ou outro/a profesor/a do centro cun coñecemento da lingua inglesa adecuado para participar no devandito programa de inmersión nesta lingua durante o desenvolvemento da actividade.

Inmersión lingüísticaEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019

Xov, 23/05/2019 - 09:15
Idioma Gallego Publicada a Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.   Participantes e quendas Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano. 

Solicitudes

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

  • O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.
     
File:  Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) AnexoTema: Lingua estranxeiraProgramas e plansInmersión lingüísticaEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/2020

Xov, 23/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

  • O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 25 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio.
     

 

File:  Resolución do 6 de maio de 2019 (DOG)Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2019

Xov, 23/05/2019 - 00:05
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Resolución do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro).

 

Servizo relacionado: CXTTema: Concurso de trasladosEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

A Consellería de Educación licita a obra do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo)

Mér, 22/05/2019 - 17:08
Summary: A previsión é que o centro estea operativo no curso 2020/21 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de licitar a obra do novo CEIP no Revel, Vilalonga, no concello de Sanxenxo (Pontevedra), por un importe de 5.138.980,53 €. A licitación pode consultarse na plataforma Contratos de Galicia, no enlace https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=529295&lang=gl . A previsión é que o centro, que terá capacidade para 450 alumnas e alumnos, estea operativo no curso 2020/21.

O novo CEIP dará resposta ás necesidades de escolarización dunha zona na que o centro de referencia é o CEIP Cruceiro, moi antigo. O centro albergará 18 aulas docentes (6 de infantil e 12 de primaria), 4 aulas de apoio educativo, aula de usos múltiples, biblioteca, aulas de informática e música, ximnasio e comedor así como unha zona de administración que incluirá despacho do director, do xefe de estudos e de coordinación e orientación, secretaría e arquivos, sala de profesores, ANPAS, aseos e conserxería. Así mesmo contará cos servizos comúns correspondentes.

O edificio estruturarase en tres plantas, pequeno semisoto, planta baixa e primeira. Na planta semisoto situaranse as zonas de instalacións e o ximnasio, mentres que a planta baixa albergará os accesos ao centro, a sala de comedor-usos múltiples, sala de profesores, administración, aulas de infantil e desdobre, así como a biblioteca, aula de informática e un gran patio central. Na planta primeira estarán as aulas de primaria, a de música e a de orientación. Na zona sur na zona libre da parcela haberá unha pista polideportiva.

O centro contará con accesos independentes para o tráfico rodado e para o peonil, así como cun terceiro acceso para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, estará dotado de aparcadoiros.

O Concello de Sanxenxo xa puxo a disposición da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional os terreos necesarios, que suman en total preto de 15.000 metros cadrados, a través dun convenio asinado o 22 de agosto de 2018.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Composición das vogalías que xulgarán os procesos selectivos no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Mér, 22/05/2019 - 13:40
Idioma Gallego

De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan estes procedementos selectivos (DOG do 8 de marzo), realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.

Xúntase o resultado do sorteo público dos/as vogais que tivo lugar o día 22 de maio de 2019, ás 9.00 horas na Sala B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Santiago de Compostela.

O tribunal número 1 de Lingua castelá e literatura examinará tamén da proba de acreditación de coñecemento de castelán, establecida na base oitava da orde de convocatoria (identificado na lista como Tribunal núm. 7 especial)

Os tribunais números 1 e 2 de Lingua galega e literatura examinarán tamén da proba de acreditación do coñecemento do galego, establecida na base novena da orde de convocatoria (identificados na lista como Tribunal núm. 6 especial e Tribunal núm. 7 especial)

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta a importancia do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia para fortalecer o proxecto europeo

Mér, 22/05/2019 - 13:24
Summary: A conselleira participou no acto de doazón do galardón, que este ano é para o profesor George GreeniaO galardoado decidiu doar o montante económico do premio ao Instituto de Estudos das Peregrinacións de William & Mary Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou hoxe a importancia do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia para fortalecer o proxecto europeo. Na súa intervención na rolda de prensa de presentación do galardoado deste ano a conselleira explicou que na actualidade, cando algúns sectores están a poñer en dúbida este proxecto, “é máis importante ca nunca poñer de relevancia a figura das persoas e entidades que acadaron este recoñecemento”. Neste sentido explicou que as premiadas e premiados, “desde a excelencia que demostran nas súas disciplinas particulares, desenvolven un intenso traballo a favor do que é sen dúbida o máis importante dos valores de Europa, a convivencia pacífica e cooperativa entre os pobos”.

Carmen Pomar agradeceu a Greenia a súa presenza en Compostela, antes de que se lle entregue o galardón o vindeiro 4 de xuño na Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades en México. Neste sentido lembrou que, ademais dun intenso labor académico arredor das rutas xacobeas, o galardoado “é un grande amigo do Camiño de Santiago”, que percorreu en persoa en numerosas ocasións.

Na rolda de prensa George Greenia deu a coñecer a entidade á que doará o montante económico do premio, o Instituto de Estudos das Peregrinacións da institución de educación superior William & Mary (EEUU). O profesor explicou que o instituto está centrado na “investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición”. Tras detallar algunhas das liñas de investigación do mesmo en torno a diversas rutas de peregrinación internacionais, destacou que o éxito do Camiño de Santiago “ofrece un modelo de hospitalidade, de valores espirituais e de comprensión que inspira a todos”.

“Non podíamos atopar mellor embaixador para avanzar no espallamento do fenómeno xacobeo” afirmou Antonio López en referencia á elección de George Greenia como gañador do Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Ademais de agradecer a súa presenza en Compostela, o reitor destacou ao premiado como un “profundo coñecedor dos valores do Camiño, valores a proxectar e que son parte esencial do éxito desta ruta”.

Pola súa banda a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, Teresa Carballeira, subliñou que a concesión do galardón deste ano “simboliza á perfección o espírito do Grupos Compostela de Universidades ao conxugarse na figura de George Greenia a cultura do vello continente e a enerxía dinamizadora do novo mundo”.

Perfil do galardoado

George Greenia é fundador do Instituto de Estudos de Peregrinación da institución académica William & Mary, ademais de formar parte do consello asesor de Cadernos de Estudos Galegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), así como do comité científico da revista de estudos xacobeos e da peregrinación Ad Limina.

O profesor foi tamén fundador da American Pilgrims on the Camino, a maior organización de peregrinos a Compostela nos Estados Unidos, especialmente implicada na difusión dos valores das rutas xacobeas e en impulsar o seu coñecemento e fomentar o contacto entre as persoas interesadas e percorrelas. “Con esta traxectoria académica e persoal non podemos estar máis satisfeitos co fallo do xurado deste ano”, dixo a conselleira.

 

Premios europeos e internacionaisUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración


by Dr. Radut