Skip to Content

Agregador de novas

Carmen Pomar sinala o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do sistema educativo”

Portal educativo - Ven, 24/05/2019 - 13:18
Summary: A conselleira presidiu o acto de entrega dos premios vencellados a este programaResultaron galardoados dez centros educativos de toda Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, sinalou hoxe o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”. Fíxoo no acto de entrega dos Premios Proxecta 2018, que recoñecen o traballo destacado de centros participantes neste programa, “un merecido recoñecemento a unha traxectoria coherente e esforzada. Sodes, así, exemplo para o resto da comunidade educativa, un modelo a seguir”, dixo a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia.

Das iniciativas galardoadas a conselleira destacou “a súa preocupación por unha educación en valores, a vida saudable, a defensa do medio ambiente, a promoción da contorna rural ou a protección do noso patrimonio máis próximo”. Neste sentido lembrou que para saír adiante estes proxectos precisaron dun traballo de coordinación e cooperación entre diversos departamentos do Goberno galego, así como con outras entidades. “Grazas a todos eles logramos integrar dinámicas que incentivan a creatividade, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e, por suposto, o traballo en equipo e en rede”, dixo.

Carmen Pomar quixo, así mesmo, agradecer o labor dos docentes implicados no desenvolvemento destes traballos. “Confiastes nos proxectos, puxestes neles toda a ilusión e o esforzo. É bonito ver premiada a capacidade de promover unha educación activa e a contribución á mellora da calidade educativa”, rematou.

Galardoados

Na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba), o segundo para o CEIP de Piñeiros (Narón) e os terceiros para o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene) e o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas). Ademais, concedeuse un accésit ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras).

No referido á categoría B, dirixida aos centros públicos integrados (CPI), institutos de educación secundaria (IES), centros integrados de formación profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio foi para o IES de Cacheiras (Teo), o segundo para o CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e os terceiros para o CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra) e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra). A maiores, concedeuse un accésit ao IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova). A dotación total dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros cada un, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 43 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros. No actual curso 2018/19 participan no Plan Proxecta 542 centros de ensino e preto de 138.000 alumnas e alumnos.

Premios autonómicosPlan ProxectaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), para o curso 2019/2020

Portal educativo - Ven, 24/05/2019 - 09:05
Idioma Gallego

Resolución do 13 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

  •   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2019.
     
  • Máis información
     
File:  Resolución do 13 de maio de 2019 (DOG) Resolución do 13 de maio de 2019 Anexo da solicitudeTema: PlurilingüismoEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Prazas vacantes. Curso 2018/2019

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 15:08
Idioma GallegoPublicadas a prazas vacantes de probas libres.  

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2018/2019 é desde as 9:00 horas do 24 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2019. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Apertura do segundo prazo para o persoal docente do corpo de mestres para solicitar comisións de servizos por motivo de saúde 2019

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 15:03
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde é o comprendido entre o 24 de maio e o 13 de xuño de 2019 (15 días hábiles)

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivo de saúde neste prazo todo o persoal docente do corpo de mestres que participaron no concurso xeral de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información: 981 54 44 82, 981 54 44 88, 981 54 54 90

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Ampliación do segundo prazo para o profesorado de secundaria das comisións de servizos por motivos de saúde 2019

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 14:39
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde amplíase ata o 6 de xuño de 2019, inclusive.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño que participaron no concurso de traslados.
 

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2019/2020

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 13:33
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2019 ao 6 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486

Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es
 

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Educación convoca 1.125 prazas de estadías lingüísticas en inglés para alumnado de primaria e ESO

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 11:21
Summary: Durante unha semana os participantes compaxinan actividades educativas con outras lúdicas, que lles permiten poñer en práctica o uso deste idioma en situacións reais, sempre apoiados por profesorado nativoO prazo para solicitar a participación nesta actividade, que é totalmente de balde para as familias, estará aberto ata o 1 de xulloOs obxectivo desta English Week, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, é que os rapaces melloren as súas competencias en lingua inglesa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar a English Week deste outono, un total de 1.125 prazas dirixidas ao alumnado de 6º curso de Primaria e dos catro cursos de ESO, para que realicen estadías lingüísticas en inglés que cada ano organiza a Xunta de Galicia.

As estadías, enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, son totalmente gratuítas para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas cunha partida de 561.000 euros destinados a sufragar os gastos de docencia e material escolar, de mantemento e aloxamento dos rapaces, a contratación dos monitores que os acompañan, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os certificados e os seguros correspondentes.

Tal como se establece na orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, os centros escolares interesados en participar dispoñen de prazo desde mañá e ata o 1 de xullo para tramitar a correspondente solicitude. O número máximo de candidatos por centro será de 25 alumnos, todos do mesmo nivel educativo. E para a selección dos centros establécense unha serie de requisitos entre os que se priman cuestións como os contornos socioeconómicos menos favorecidos e os centros do ámbito rural.

Dez quendas de unha semana

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano. Deste xeito, os rapaces pasarán unha semana de domingo a sábado en réxime de internado nun campamento con profesores e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico.

O obxectivo principal é proporcionar ao alumnado participante unha actividade  de  inmersión  lingüística  que  lles  permita  mellorar  as  súas  destrezas  de  comprensión  e  expresión  oral  en  lingua  inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.

Por primeira vez, o alumnado participante na English Week estará acompañado por un profesor/a de inglés ou outro/a profesor/a do centro cun coñecemento da lingua inglesa adecuado para participar no devandito programa de inmersión nesta lingua durante o desenvolvemento da actividade.

Inmersión lingüísticaEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 09:15
Idioma Gallego Publicada a Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.   Participantes e quendas Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano. 

Solicitudes

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

  • O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.
     
File:  Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) AnexoTema: Lingua estranxeiraProgramas e plansInmersión lingüísticaEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/2020

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

  • O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 25 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio.
     

 

File:  Resolución do 6 de maio de 2019 (DOG)Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2019

Portal educativo - Xov, 23/05/2019 - 00:05
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Resolución do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro).

 

Servizo relacionado: CXTTema: Concurso de trasladosEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

A Consellería de Educación licita a obra do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo)

Portal educativo - Mér, 22/05/2019 - 17:08
Summary: A previsión é que o centro estea operativo no curso 2020/21 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de licitar a obra do novo CEIP no Revel, Vilalonga, no concello de Sanxenxo (Pontevedra), por un importe de 5.138.980,53 €. A licitación pode consultarse na plataforma Contratos de Galicia, no enlace https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=529295&lang=gl . A previsión é que o centro, que terá capacidade para 450 alumnas e alumnos, estea operativo no curso 2020/21.

O novo CEIP dará resposta ás necesidades de escolarización dunha zona na que o centro de referencia é o CEIP Cruceiro, moi antigo. O centro albergará 18 aulas docentes (6 de infantil e 12 de primaria), 4 aulas de apoio educativo, aula de usos múltiples, biblioteca, aulas de informática e música, ximnasio e comedor así como unha zona de administración que incluirá despacho do director, do xefe de estudos e de coordinación e orientación, secretaría e arquivos, sala de profesores, ANPAS, aseos e conserxería. Así mesmo contará cos servizos comúns correspondentes.

O edificio estruturarase en tres plantas, pequeno semisoto, planta baixa e primeira. Na planta semisoto situaranse as zonas de instalacións e o ximnasio, mentres que a planta baixa albergará os accesos ao centro, a sala de comedor-usos múltiples, sala de profesores, administración, aulas de infantil e desdobre, así como a biblioteca, aula de informática e un gran patio central. Na planta primeira estarán as aulas de primaria, a de música e a de orientación. Na zona sur na zona libre da parcela haberá unha pista polideportiva.

O centro contará con accesos independentes para o tráfico rodado e para o peonil, así como cun terceiro acceso para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, estará dotado de aparcadoiros.

O Concello de Sanxenxo xa puxo a disposición da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional os terreos necesarios, que suman en total preto de 15.000 metros cadrados, a través dun convenio asinado o 22 de agosto de 2018.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Composición das vogalías que xulgarán os procesos selectivos no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Portal educativo - Mér, 22/05/2019 - 13:40
Idioma Gallego

De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan estes procedementos selectivos (DOG do 8 de marzo), realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.

Xúntase o resultado do sorteo público dos/as vogais que tivo lugar o día 22 de maio de 2019, ás 9.00 horas na Sala B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Santiago de Compostela.

O tribunal número 1 de Lingua castelá e literatura examinará tamén da proba de acreditación de coñecemento de castelán, establecida na base oitava da orde de convocatoria (identificado na lista como Tribunal núm. 7 especial)

Os tribunais números 1 e 2 de Lingua galega e literatura examinarán tamén da proba de acreditación do coñecemento do galego, establecida na base novena da orde de convocatoria (identificados na lista como Tribunal núm. 6 especial e Tribunal núm. 7 especial)

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta a importancia do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia para fortalecer o proxecto europeo

Portal educativo - Mér, 22/05/2019 - 13:24
Summary: A conselleira participou no acto de doazón do galardón, que este ano é para o profesor George GreeniaO galardoado decidiu doar o montante económico do premio ao Instituto de Estudos das Peregrinacións de William & Mary Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou hoxe a importancia do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia para fortalecer o proxecto europeo. Na súa intervención na rolda de prensa de presentación do galardoado deste ano a conselleira explicou que na actualidade, cando algúns sectores están a poñer en dúbida este proxecto, “é máis importante ca nunca poñer de relevancia a figura das persoas e entidades que acadaron este recoñecemento”. Neste sentido explicou que as premiadas e premiados, “desde a excelencia que demostran nas súas disciplinas particulares, desenvolven un intenso traballo a favor do que é sen dúbida o máis importante dos valores de Europa, a convivencia pacífica e cooperativa entre os pobos”.

Carmen Pomar agradeceu a Greenia a súa presenza en Compostela, antes de que se lle entregue o galardón o vindeiro 4 de xuño na Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades en México. Neste sentido lembrou que, ademais dun intenso labor académico arredor das rutas xacobeas, o galardoado “é un grande amigo do Camiño de Santiago”, que percorreu en persoa en numerosas ocasións.

Na rolda de prensa George Greenia deu a coñecer a entidade á que doará o montante económico do premio, o Instituto de Estudos das Peregrinacións da institución de educación superior William & Mary (EEUU). O profesor explicou que o instituto está centrado na “investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición”. Tras detallar algunhas das liñas de investigación do mesmo en torno a diversas rutas de peregrinación internacionais, destacou que o éxito do Camiño de Santiago “ofrece un modelo de hospitalidade, de valores espirituais e de comprensión que inspira a todos”.

“Non podíamos atopar mellor embaixador para avanzar no espallamento do fenómeno xacobeo” afirmou Antonio López en referencia á elección de George Greenia como gañador do Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Ademais de agradecer a súa presenza en Compostela, o reitor destacou ao premiado como un “profundo coñecedor dos valores do Camiño, valores a proxectar e que son parte esencial do éxito desta ruta”.

Pola súa banda a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, Teresa Carballeira, subliñou que a concesión do galardón deste ano “simboliza á perfección o espírito do Grupos Compostela de Universidades ao conxugarse na figura de George Greenia a cultura do vello continente e a enerxía dinamizadora do novo mundo”.

Perfil do galardoado

George Greenia é fundador do Instituto de Estudos de Peregrinación da institución académica William & Mary, ademais de formar parte do consello asesor de Cadernos de Estudos Galegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), así como do comité científico da revista de estudos xacobeos e da peregrinación Ad Limina.

O profesor foi tamén fundador da American Pilgrims on the Camino, a maior organización de peregrinos a Compostela nos Estados Unidos, especialmente implicada na difusión dos valores das rutas xacobeas e en impulsar o seu coñecemento e fomentar o contacto entre as persoas interesadas e percorrelas. “Con esta traxectoria académica e persoal non podemos estar máis satisfeitos co fallo do xurado deste ano”, dixo a conselleira.

 

Premios europeos e internacionaisUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración

O Goberno galego apoia a inclusión e a igualdade das nenas e nenos na práctica futbolística

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 15:28
Summary: A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou na entrega de premios da II Xornada de Fútbol Inclusivo e Igualitario que impulsa a Fundación do Fútbol Galego coa colaboración da Xunta de Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na entrega dos premios da II Xornada de Fútbol Inclusivo e Igualitario celebrado na Estrada, e que organiza a Fundación do Fútbol Galego co apoio da Xunta de Galicia.

Carmen Pomar puxo en valor iniciativas coma esta “que permite a rapazas e rapaces de diferentes capacidades xogar xuntos e aproveitar os seus talentos diferentes” e que serven, sobre todo, para aprender a compartir, a convivir e a respectar. A conselleira de Educación destacou a importancia de inculcar as boas prácticas no deporte, o respecto ás normas e aos compañeiros, e de fomentar a cultura da aprendizaxe e do esforzo.

Iniciativas coma esta van na liña do compromiso da Consellería de Educación de avanzar nunha escola máis inclusiva. Precisamente o departamento que dirixe Carmen Pomar vén de convocar a primeira edición do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva, co obxecto de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes así como o recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Impulsada pola Fundación do Fútbol Galego e apoiada pola Goberno galego, esta segunda Xornada de Fútbol Inclusivo está planificada como unha xornada de convivencia deportiva onde alumnado de centros, futbolistas, árbitros e docentes participan nun “mundialiño” entre varios equipos. A práctica futbolística complétase con seminarios sobre boas prácticas no deporte e actividades encamiñadas á promoción dos valores positivos no ámbito deportivo.

Na edición deste ano participaron nenas e nenos de entre 4º e 6º de Primaria dos CEIP Martagona (Melide), CEIP Figueiroa (A Estrada), CEIP das Mercedes (Lugo), CPI do Toural (Vilaboa), CEIP Plurilingüe da Ribeira (O Porriño), CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), CEIP Recimil (Ferrol) e CEIP de Roxos (Santiago).

IgualdadeXornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Publicación das cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 15:22
Idioma Gallego

Publicación das cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Tema: Información xeralEnsinanza: Bacharelato de adultosDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

O Goberno galego formaliza 99 novos contratos predoutorais de investigadores nas universidades galegas

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 11:27
Summary: As Consellerías de Educación e de Economía financian con 7,32 millóns de euros esta contratación que hoxe publica o DOGOs contratos oscilarán entre os 20.500 e os 23.500 euros anuais por investigador en función da modalidade Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, xunto coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), veñen de resolver a formalización de 99 contratos predoutorais para científicos e científicas que desenvolvan o seu labor de investigación nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG).

O Goberno galego destina un total de 7,32 millóns de euros ao financiamento destes contratos ata 2022, que teñen como principal obxectivo seguir dotando o sistema de estabilidade e impulsando a súa excelencia.

O programa de contratos predoutorais fomenta a formación do persoal investigador desde etapas iniciais (preparación da tese doutoral), partindo da base de que, mediante procesos formativos estables, adquirirán as habilidades propias do persoal investigador. Ademais, permite que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos. En concreto, hoxe hai xa 240 contratos predoutorais, aos que se sumarán os 90 desta convocatoria, nas universidades enmarcados dentro desta liña de apoio.

Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, dos 99 contratos predoutorais concedidos, 57 correspóndense coa modalidade A. Estas axudas -dotadas con 23.500 euros anuais por contrato desde este ano ata o 2022- están enfocadas a potenciar as traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3, para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sustentable a través da innovación, e que orientarán as políticas de cohesión da Unión Europea para o período 2014-2020.

As 42 axudas restantes -cun importe de 20.500 euros anuais por investigador- correspóndense coa modalidade B, que busca garantir a representación de todas as ramas do coñecemento, establecendo un número de prazas para aquelas áreas que se atopan con máis dificultades de encaixe directo nos sectores produtivos, pero que resultan fundamentais para o crecemento sustentable dunha economía baseada no coñecemento.

Ademais, todos os contratos das persoas investigadoras que o solicitaron inclúen estadías de tres meses de duración no estranxeiro cun importe máximo, a maiores, de 6.000 euros, en función do destino.

Por universidades, do total de contratos, 14 formalízanse coa Universidade da Coruña (UDC), 51 coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e 25 coa Universidade de Vigo (UVigo). A maiores o resto dos contratos serán coa Fundación Biomédica Galicia Sur (2), co Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (2), coa Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (3) e coa Fundación Profesor Novoa Santos (2).

BolsasUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesAlumnado
Categorías: Administración

Educación abre a convocatoria para que os centros soliciten impartir o bacharelato de dobre titulación español-francés Bachibac

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 11:15
Summary: Ademais de cursar materias específicas do currículo, para obter a titulación de Baccalauréat do Ministerio de Educación Nacional Francés, o alumnado deberá superar unha proba externa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o prazo para que os centros escolares que o desexen soliciten impartir a dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat, español e francés, coñecido como Bachibac, para o vindeiro curso 2019-20. A convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Ademais do currículo oficial da ESO e Bacharelato vixente en Galicia, os centros que se acollan a esta modalidade ofertarán como materias específicas do currículo mixto español-francés Lingua e Literatura francesas (que poderá cursarse como primeira ou como segunda lingua estranxeira), e Historia de Francia (que se integrará na parte correspondente á materia de Historia de España).

Estas materias específicas deberán ser impartidas integramente en francés, e serán obxecto dunha proba externa que o alumando deberá realizar para a obtención do título de Baccalauréat. Ademais, os alumnos deberán recibir polo menos un terzo do horario lectivo en lingua francesa no conxunto do Bacharelato, co fin de acadar o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Lingas (MCERL).

Os centros escolares que se incorporen a este programa comprométense a impartir a dobre titulación de Bacharelato-Baccalauréat durante dous cursos académicos como mínimo desde o momento da súa autorización, así como a garantir que o alumnado que inicie a súa participación no programa o poida completar. Con carácter xeral, requírese un número mínimo de dez alumnos para poder impartir esta modalidade.

No caso do alumnado, para ser admitido neste programa deberá ben ter cursado unha sección bilingüe hispano-francesa na etapa de ESO, ben ter realizado toda ou parte da Secundaria no sistema educativo dun país de lingua francesa ou ben estar en condicións de acreditar un nivel equivalente ao B1 do MCERL no uso da lingua francesa ao comezo da etapa de Bacharelato.

Para obter a dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat outorgado polo Ministerio de Educación Nacional Francés, ao  final do 2º curso de Bacharelato, os estudantes que cursen esta modalidade deberán realizar unha proba externa sobre as materias específicas do currículo mixto.

Actualmente en Galicia, o único centro que oferta esta dobre titulación de Bacharelato Español-Francés é o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros.

PlurilingüismoBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocado o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 09:52
Idioma Gallego

Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos.

Baixo o lema Facemos Historia pola Igualdade a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.

Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.

Destinatarios:  todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica

  • Prazo de presentación de propostas: 15 novembro 2019
     
File:  Resolución do 14 de maio de 2019 AnexoTema: IgualdadePremios autonómicosEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Portal educativo - Mar, 21/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia
File:  Resolución do 7 de maio de 2019 (DOG) Resolución do 7 de maio de 2019 Anexos I, III e iV Anexo IITema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración
Distribuir contido


by Dr. Radut