Skip to Content

Administración

Carmen Pomar destaca a implicación da comunidade educativa do CPI de Fonte-Díaz (Touro)

Portal educativo - Lun, 18/03/2019 - 12:08
Summary: O centro é moi activo no desenvolvemento de programas educativos innovadores e transversais Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o CPI de Fonte-Díaz, na localidade coruñesa de Touro, onde tivo a oportunidade de agradecerlle á comunidade educativa a súa implicación. Non en balde, ademais de ser plurilingüe desde o curso 2010/11 e incorporar no curso actual o plurilingüismo na etapa de infantil, o centro desenvolve numerosos programas educativos innovadores e transversais.

Neste sentido destacou que o traballo diario dos docentes fai posible que o alumnado de centros do rural coma este teñan as mesmas oportunidades cós centros con maior número de estudantes situados en núcleos de poboación de maior tamaño.

O centro educativo, o único do concello de Touro, desenvolve este curso varias liñas dos contratos programa, en concreto o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA), a de mellora das competencias clave en matemáticas e en comunicación lingüística, a de mellora da convivencia e promoción da igualdade e a destinada a mellorar a xestión dos centros educativos.

O CPI participa, así mesmo, no Plan Proxecta, iniciativa na que colaboran diferentes organismos e que está dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Neste caso o centro participa este curso no programa Aliméntate ben, para a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado; en Donas de si, de visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega; e en Xogade, para a promoción da vida activa e saudable.

Na súa visita a conselleira estivo acompañada polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido; polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e polo xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana.

Información xeralEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Educación amplía ata o 24 de marzo o prazo para completar o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas

Portal educativo - Sáb, 16/03/2019 - 10:00
Summary: Poden participar familias, docentes e persoal non docente vinculado aos centros educativos, así como alumnado a partir de 5º curso de PrimariaAccédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membrosO cuestionario é totalmente confidencial, e o tempo medio para cubrilo é duns dez minutos Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplía ata o domingo 24 de marzo o prazo para completar o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas, que ten como obxectivo actualizar os datos obtidos na primeira edición deste cuestionario elaborado a finais de 2015, e que serviu para obter, por primeira vez, unha radiografía da situación dos centros escolares de Galicia. Trátase, por tanto, de testar o pulso da convivencia de xeito continuado no tempo e coñecer a súa evolución, co obxectivo último de deseñar medidas específicas a prol da convivencia escolar que sexan o máis axeitadas á realidade existente.

Este macrocuestionario está dirixido ao conxunto da comunidade escolar, un colectivo dunhas 500.000 persoas entre as que se inclúen alumnado a partir de 5º curso de primaria, docentes, familias e persoal non docente, e para todas as etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, FP, Bacharelato, escolas de idiomas e conservatorios de música).

O cuestionario -que xa está dispoñible- cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña, e son os directores dos propios centros os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes. Deste xeito, os destinatarios poden acceder ao cuestionario -coas claves aleatorias que lle asinen- a través de calquera dispositivo electrónico (ordenadores, móbiles, tabletas,…).

Trátase dun proceso totalmente privado e anónimo e, co fin de acadar os resultados máis obxectivos posibles, o contido das preguntas coñecerano cada un dos participantes no proceso no mesmo momento en que decide cubrir o cuestionario.

Para manter a súa fiabilidade, validez e consistencia interna, mantense o groso das preguntas da primeira edición, que están deseñadas en función do colectivo ao que van dirixidas.

Non obstante, introducíronse algúns cambios como a eliminación de ítems iniciais que non tiveron incidencia no estudo, e amplíanse preguntas sobre aspectos que, desde esa última enquisa, se teñen amosado como clave na escolaridade e que axuden aos centros a unha diagnose máis exhaustiva que permita unha mellor adaptación os seus propios plans de igualdade.

En total hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, con menos de 20 preguntas sinxelas e directas por documento, polo que o tempo estimado para cubrilo é duns dez minutos.

Ao igual que ocorreu co anterior cuestionario, unha vez concluído o proceso, cada centro escolar recibirá os seus resultados debidamente organizados. E, a partir deles, deberá analizar o seu caso particular e implementar o seu propio Plan de Convivencia. A maiores, a Consellería realizará unha análise global da convivencia escolar en Galicia que sirva para orientar a toma de decisións desde evidencias sólidas.

Esta acción enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, para afondar en medidas a prol dunha escola inclusiva e da mellora no clima nas aulas da nosa comunidade.

ConvivenciaEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de idiomas de réxime especialEnsinanzas de músicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar inaugura as xornadas sobre a lingua francesa no sistema educativo galego, que congregan uns 200 docentes

Portal educativo - Ven, 15/03/2019 - 18:11
Summary: A conselleira de Educación lembra que o alumnado galego presenta unha taxa de resultados superior á media nacional na certificación oficial de niveis de francés Idioma Gallego Carmen Pomar inaugura as xornadas sobre a lingua francesa no sistema educativo galego, que congregan uns 200 docentes

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, abriu esta tarde as 32èmes Journées Pédagogiques, un congreso organizado pola Asociación de Profesores de Francés en Galicia, celebrada hoxe no IES As Fontiñas, en Santiago e que congrega uns 200 docentes deste ámbito.

Carmen Pomar puxo en valor a extensión do coñecemento de idiomas a todas as etapas educativas, que xa está dando resultados cualitativos e cuantitativos no alumnado no idioma maioritario que é o inglés, pero tamén no francés, o máis escollido como segunda lingua estranxeira.

“Os nosos rapaces e rapazas son capaces de comunicarse, de expresar ideas e pensamentos nas linguas estranxeiras coas que están a traballar”, abondou a conselleira, quen salientou que o alumnado galego presenta unha taxa de resultados superiores á media nacional na certificación oficial de niveis de francés. Así se desprende das probas da última convocatoria do Delf Escolar (Diploma de estudos en lingua francesa) de 2018, que sitúa a Galicia como a cuarta comunidade autónoma de inscritos de toda España, e cunha taxa de resultados superior á da media nacional, co 100% de aprobados no nivel A1, case o 99% no B1 e máis do 97% no B2 de certificación.

Os centros educativos galegos contan cun amplo abano de programas de aprendizaxe en lingua francesa, así como con accións específicas de formación do profesorado. De feito, no presente curso escolar Galicia conta con 28 auxiliares de conversa en lingua francesa procedentes de catro nacións distintas (Francia, Canadá, Bélxica e Marrocos) que imparten docencia como profesores de apoio nos centros plurilingües en francés así como nas Escolas Oficiais de Idiomas.

A formación nas aulas complétase con programas de intercambio en centros estranxeiros da UE para que o alumnado de 3º e 4º de ESO mellore a súas competencias noutro idioma en centros estranxeiros da Unión Europea; ou con formación complementaria para alumnado de colexios e institutos que desexen presentarse ás probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas, con 61 programas neste curso, 13 deles en francés.

Ademais, o IES Plurilingüe Neira Vilas de Oleiros —o único centro plurilingüe en francés en Galicia— ten implantado o BachiBac, o programa de dobre titulación de Bacharelato e Bacclauréat, que permite o acceso aos estudos superiores e á formación e á actividade profesional, tanto en España como en Francia.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado
Categorías: Administración

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Portal educativo - Ven, 15/03/2019 - 17:00
Idioma Gallego

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións, as instrucións e a asignación de centros e sedes para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca como reto “facer visible a ciencia excelente que se desenvolve en Galicia”

Portal educativo - Ven, 15/03/2019 - 13:25
Summary: A conselleira de Educación participou na clausura dos programas formativos en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelenciaSinala as estruturas de investigación excelente como símbolo da madurez do sistema de I+D+i en Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na clausura dos programas formativos en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia (GESCI e GOSCI). Trátase de iniciativas formativas que sinalou como “de carácter estratéxico para a Xunta de Galicia”, en base ao “convencemento de que os piares sobre os que se asenta a Universidade deste século son a cooperación, a innovación e a internacionalización”. “O noso reto é facer visible a ciencia excelente que se desenvolve en Galicia, que o noso sistema universitario sexa unha das principais referencias cando se fale de investigación en España”, destacou.

Carmen Pomar explicou que as estruturas de investigación excelente representan a madurez do sistema de investigación universitario galego, cuxo enriquecemento é preciso para continuar avanzando polo camiño da excelencia. Neste sentido sinalou que este tipo de programas axudan a fortalecer a autonomía destas estruturas de I+D+i, así como a “afondar na creación dunha contorna atractiva de investigación universitaria, baixo a máxima de que o talento atrae talento”.

A conselleira agradeceu aos participantes a súa asistencia a estes programas formativos, compatibilizándoa co seu exercicio profesional, "un esforzo evidente que vos capacita agora para xestionar e maximizar os recursos que situarán ás vosas organizacións no liderado internacional, en contornas complexas, cambiantes e moi competitivas". Así mesmo salientou a calidade do cadro docente, os mellores expertos neste eido, "clave para facilitar e fomentar a unión dos líderes da investigación en Galicia".

Xestión de centros

Os programas formativos clausurados hoxe enmárcanse no convenio asinado entre a Consellería e FEUGA través do que as partes colaboran na transferencia de coñecemento e no posicionamento internacional do SUG. En concreto a liña de actuación consiste na organización de tres edicións de dous programas formativos pioneiros en España de xestión estratéxica (GESCI) e operativa (GOSCI) de centros e unidades de investigación de excelencia.

GESCI ten como obxectivo potenciar as capacidades dos investigadores principais do SUG para que lideren as unidades e centros galegos de I+D sobre unha base de eficiencia, accountability e excelencia científica. O programa consta de seis módulos temáticos (posicionamento, estratexia, gobernación, financiamento, persoas, management) e dous workshops (avaliación científica e institucional e habilidades directivas).

Pola súa banda GOSCI ten como finalidade potenciar as capacidades dos xestores de unidades e centros galegos de I+D para que colaboren coa dirección na definición e execución das accións establecidas nos seus plans operativos. O programa consta de seis módulos (posicionamento, estratexia, gobernación, financiamento, persoas, management), e catro workshops (avaliación de portfolio tecnolóxico, Leanstartup e emprendemento áxil, creatividade e European Innovation Council).

FormaciónUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2019

Portal educativo - Ven, 15/03/2019 - 13:00
Idioma Gallego

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019.

  • Establécese un prazo de dez días naturais (do 16 ao 25 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos), para que as entidades solicitantes poidan formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da Gain nos demais casos, e acheguen a documentación oportuna.
     
Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no nivel de infantil e primaria

Portal educativo - Ven, 15/03/2019 - 11:07
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no nivel de infantil e primaria

Resolución do 15 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no nivel de infantil e primaria nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

  • O prazo para formular reclamacións será de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta a importancia da colaboración entre centros educativos e empresas para fomentar a innovación

Portal educativo - Xov, 14/03/2019 - 21:47
Idioma GallegoSummary: O XX concurso José Rodríguez-Moldes Rey contou coa participación dunha ducia de centros educativos Carmen Pomar salienta a importancia da colaboración entre centros educativos e empresas para fomentar a innovación

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou hoxe a importancia da colaboración entre os centros educativos e destes coas empresas para fomentar a innovación. Fíxoo no acto de clausura do Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes Rey, celebrado esta mañá no IES Fraga do Eume, no que estivo acompañada polo delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro.

A conselleira explicou que as relacións entre os centros e o tecido empresarial “permiten transformar os coñecementos e a creatividade do alumnado en produtos e servizos que se integran no mercado”. Neste sentido sinalou a utilidade da Rede Galega de FP de Hostalería (que dá cabida aos 8 centros públicos especializados nesta familia profesional), que fai posible potenciar a colaboración e permite o desenvolvemento conxunto de proxectos de innovación.

Carmen Pomar felicitou, así mesmo, o IES Fraga do Eume pola organización deste certame, que responde “ao obxectivo de devolver á sociedade parte do que esta inviste na educación”, a través da transferencia de coñecementos, do intercambio de experiencias profesionais e do impulso das iniciativas innovadoras.

No certame, que chega este ano á súa vixésima edición, participaron unha ducia de centros, contando co propio IES, en concreto os CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Carlos Oroza (Pontevedra), Manuel Antonio (Vigo), Compostela (Santiago de Compostela), o IES de Foz (Lugo), o IES Sanxillao (Lugo), o IES de Vilamarín (Ourense), o CPR Belarmino Fernández Iglesias (Sober), a Escola de Especialidades Fundamentais da Estación Naval de A Graña (ESENGRA, Ferrol), a Escola Hotelaría e Turismo do Douro (da Cámara Municipal de Lamego, Portugal) e a Escola de Hotelaría e Turismo de Coímbra (da Cámara Municipal de Coímbra, Portugal).

O certame naceu como homenaxe a un profesor do centro, falecido e que lle dá nome ao concurso. No apartado de cociña o alumnado participante debe preparar dous pratos consonte aos ingredientes propostos pola organización. O de coctelería divídese en dúas partes, unha de coctelería clásica e outra creativa.

Información xeralConsellería
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de literatura dramática (594455)

Portal educativo - Xov, 14/03/2019 - 14:13
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de literatura dramática (594455)

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas,especialidade de literatura dramática (594455)

  • Prazo de reclamacións de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de arte dramáticaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2019

Portal educativo - Mér, 13/03/2019 - 13:59
Idioma Gallego

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Prazo para realizar reclamacións:  do xoves 14 ao luns 18 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información

Tema: Información xeralDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Villar Paramá e o IES Losada Diéguez

Portal educativo - Mar, 12/03/2019 - 13:54
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá á Estrada para visitar o CEIP Manuel Villar Paramá e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, onde puido entrevistarse con ambas comunidades escolares.

Acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a conselleira Carmen Pomar visitou en primeiro lugar o CEIP Manuel Villar Paramá, un centro de preto dun cento de alumnos no que teñen integrada a fotografía como un instrumento didáctico vinculado tamén á reciclaxe, ao medio ambiente e ao consumo responsable.

Posteriormente a conselleira trasladouse ao IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que ten incorporada unha serie de programas educativos, como é o caso do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), os Contratos-Programa (nas liñas de PROA, mellora da convivencia e promoción da igualdade, mellora de coñecementos para acadar a excelencia e reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica), e o Plan Proxecta (cos proxectos Clases sen fume e Quérote+).

Ademais pertence á rede de centros E-dixgal, de libro dixital (no que conta con dúas liñas específicas de formación do profesorado e utilización de ferramentas TIC); e desde o presente curso forma parte da rede de centros plurilingües, coa implantación do plurilingüismo en 1º de ESO, e tamén con seccións bilingües en Tecnoloxía (2º e 3º de ESO) e Filosofía (1º de Bacharelato).

Na súa visita, a conselleira puido coñecer de cerca a implantación deste programas nun instituto que tamén se caracteriza por unha longa tradición en programas internacionais  tanto destinados a profesorado como a alumnado, como o Erasmus Charter for Higher Education 2014/20 (con diferentes proxectos orientados á mobilidade de estudantes de FP para prácticas laborais e de intercambio de boas prácticas docentes), e no Erasmus+.

Xestión de centros educativos Ensinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas... para o ano 2019

Portal educativo - Mar, 12/03/2019 - 08:00
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia  núm.  208,  do  31  de  outubro),  o  persoal  concursante  poderá  presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 13 de marzo ata o 27 de marzo, ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.secundaria@edu.xunta.gal

O resto dos documentos poderán consultarse na aplicación CXT

 

Servizo relacionado: CXTTema: Programas e plansConcurso de trasladosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

A sétima edición de ‘No Bico un Cantar’ centrarase na tradición musical da Raia

Portal educativo - Lun, 11/03/2019 - 13:17
Summary: A conselleira de Educación presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativaEstán convidados a participar alumnas e alumnos de conservatorios e escolas de música de Galicia e PortugalO alumnado, aproximadamente 500 rapazas e rapaces, será o encargado da interpretación vocal, acompañado polos metais de Hércules BrassO concerto celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui e será dirixido por Maximino Zumalave Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova edición do programa No Bico un Cantar, que nesta sétima edición estará centrada na tradición musical da Raia, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Na presentación participaron tamén o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo; o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; e o coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave.

Carmen Pomar explicou que nesta edición, baixo o título Nenas e nenos cantan na Raia, o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño.

Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol), Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo), Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Teñen tamén confirmada a súa presenza o Conservatorio Elemental de Música da Guarda, a Escola de Música Municipal de Mondariz, o Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e a Escola de Música Municipal Vila do Corpus (ambos de Ponteareas), a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, a Escola de Música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música Municipal de Tui; e están convidados centros do Porriño e outros de Ponteareas.

O programa musical estará composto por San Campio (de Torres Creo), Veira d'o mar (de Reveriano Soutullo) e Oh rama, oh que linda rama (canción popular portuguesa). Ademais estrearase No rego do prado, creada polo compositor Alexis Rozas Losada para a ocasión, e rematarase, como é habitual, con Maio longo (de José Baldomir). Maximino Zumalave dirixirá o concerto, para o que o compositor Juan Durán realizou os arranxos musicais para coro de nenos. O alumnado, aproximadamente 500 rapazas e rapaces, será o encargado da interpretación vocal, acompañado polos metais de Hércules Brass.

Xornada de convivencia

Ademais do traballo previo de preparación das partituras, independente en cada centro participante, o día do concerto convértese nunha xornada de convivencia entre os participantes de toda Galicia vinculados polo interese común pola música. Ao mesmo tempo, tal e como destacou a conselleira, esta edición será “unha oportunidade para seguir avanzando no entendemento entre os dous lados da Raia e na posta en valor duns trazos culturais comúns que van máis aló dos Estados e que parten da tradición e convivencia de dous pobos ao longo dos séculos”. “Pensamos que é moi importante transmitir aos máis novos esta tradición e estes valores”, sinalou.

No Bico un Cantar é organizado en colaboración pola consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, polo Consello da Cultura Galega e polo Concello no que se celebra cada ano, neste caso o de Tui. Nas súas seis primeiras edicións o proxecto estivo dedicado a Rosalía de Castro (2013, Santiago de Compostela), Curros Enríquez (2014, Celanova), Ramón Cabanillas (2015, Cambados), aos trobadores medievais (Cangas, 2016), aos poetas mindonienses (Mondoñedo, 2017) e aos alalás (Betanzos, 2018).

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de músicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Resolución da convocatoria do concurso para elaborar unha exposición sobre a o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, Antón Fraguas Fraguas

Portal educativo - Lun, 11/03/2019 - 10:59
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019 –Antón Fraguas Fraguas– e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos centros gañadores do concurso-exposición.

A exposición gañadora do concurso na categoría A (educación infantil e primaria) foi “Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore”, elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo.

A exposición gañadora na categoría B (ESO, bacharelato, FP e centros de ensinanzas especiais) foi "Insuela”", elaborada polo IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Pódese consultar a resolución no documento anexo.

Tema: Premios autonómicosLingua galegaEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Administración

A Xunta convoca o concurso Eduemprende Idea para potenciar proxectos empresariais no alumnado

Portal educativo - Lun, 11/03/2019 - 10:29
Summary: Está dirixido ás persoas matriculadas nas ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso Eduemprende Idea, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño. O certame, enmarcado no Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende, conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape. Ademais, os premios están cofinanciados polo Ministerio do ramo e polo Fondo Social Europeo.

As persoas que desexen participar deberán achegar coa solicitude unha ficha das e dos integrantes do grupo (mínimo de 2 e máximo de 4), un proxecto de empresa e un resumo executivo e un vídeo do mesmo. Toda a información pode consultarse na páxina web dos premios, na que tamén se publicará a relación de persoas admitidas.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Premiarase aos tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade, unha dirixida a ciclos de grao superior e outra a ciclos de grao medio. En calquera caso, nas dúas modalidades o premio consistirá na incorporación a un viveiro de empresa da Consellería, no asesoramento técnico do Igape e nunha dotación económica de 3.000 € (1º premio), 2.000 € (2º premio) e 1.000 € (3 premio).

Premios autonómicoseduemprendeFormación Profesional inicialEnsinanzas deportivasEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocado o concurso Eduemprende Idea 2019 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño

Portal educativo - Lun, 11/03/2019 - 09:02
Idioma Gallego

Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
File:  Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG)Tema: eduemprendeEnsinanza: Formación Profesional inicialEnsinanzas deportivasEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Carmen Pomar participa nun encontro co Comité Cientítico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías da USC

Portal educativo - Ven, 08/03/2019 - 14:55
Summary: Este órgano, formado por recoñecidos científicos a nivel internacional, é o encargado de avaliar e estratexia científica e a calidade da investigación da única unidade de excelencia María de Maeztu acreditada en Galicia Idioma Gallego

A consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe nun encontro co Comité Científico Asesor do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE), da USC, reunido en Santiago para avaliar a estratexia científica e a calidade de investigación do que é o único instituto mixto da Universidade de Santiago e a Xunta, así como a única unidade de excelencia María de Maeztu acreditada en Galicia.

Dito comité está formado por científicos de primeiro nivel internacional e con experiencia na dirección dalgún dos máis importantes centros de investigación do mundo. O programa de traballo prolongouse durante dúas xornadas e incluíu reunións con todo o persoal investigador implicado en cada un dos oito programas de investigación do IGFAE. O obxectivo é avaliar a planificación estratéxica da Unidade, a calidade da investigación realizada e a identificación de oportunidades de reorientación e potenciación do labor investigador, entre outros.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración

O luns 11 de marzo comeza o prazo para inscribirse nas oposicións da Consellería de Educación

Portal educativo - Ven, 08/03/2019 - 10:39
Summary: O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, con 2.064 prazas en 36 especialidadesO prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de abril de 2019 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o vindeiro luns, 11 de marzo, o prazo para inscribirse nas oposicións deste ano, tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da Orde pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos distintos corpos docentes. Trátase, en total, de 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.

O 1 de abril rematará o prazo de presentación das solicitudes, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán cubrirse tamén na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, aínda que a presentación deberá ser sempre a través da devandita sede electrónica. No portal educativo da Xunta de Galicia publicarase a lista provisoria de persoal admitido e excluído, contra a que se poderán formular reclamacións por medios electrónicos no prazo de cinco días hábiles.

O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas.

A distribución de prazas por especialidades é a seguinte:

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidade

Prazas

Filosofía

25

Lingua Castelá e Literatura

55

Xeografía e Historia

55

Matemáticas

120

Física e Química

30

Bioloxía e Xeoloxía

35

Francés

55

Inglés

40

Portugués

4

Educación Física

40

Tecnoloxía

45

Lingua Galega e Literatura

60

Economía

65

Administración de Empresas

50

Formación e Orientación Laboral

60

Informática

30

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

20

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

15

Procesos na Industria Alimentaria

15

Sistemas Electrónicos

15

Total

834

 

Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario (A2-A1)

Especialidade

Prazas

Filosofía

8

Lingua Castelá e Literatura

18

Xeografía e Historia

18

Matemáticas

40

Física e Química

10

Bioloxía e Xeoloxía

12

Francés

18

Inglés

13

Educación Física

13

Tecnoloxía

15

Lingua Galega e Literatura

20

Economía

22

Administración de Empresas

17

Formación e Orientación Laboral

20

Informática

10

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

7

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

5

Procesos na Industria Alimentaria

5

Sistemas Electrónicos

5

Total

276

 

Corpo de profesores técnicos de Formación Profesional

Especialidade

Prazas

Instalacións Electrotécnicas

30

Mantemento de Vehículos

30

Mecanizado e mantemento de Máquinas

18

Peiteado

15

Procesos de Xestión Administrativa

45

Total

138

 

 

Corpo de profesores de Escolas Oficiais de Idiomas

Especialidade

Prazas

Inglés

30

Total

30

 

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas

Especialidade

Prazas

Piano

8

Linguaxe Musical

8

Total

16

 

Corpo de mestres

Especialidade

Prazas

Educación Infantil

135

Lingua Estranxeira: Inglés

65

Lingua Estranxeira: Francés

70

Educación Física

40

Música

55

Pedagoxía Terapéutica

125

Audición e Linguaxe

100

Primaria

180

Total

770

 

OposiciónsEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialProfesorado
Categorías: Administración

Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Portal educativo - Ven, 08/03/2019 - 09:17
Idioma Gallego

Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. (Dende o 11 de marzo ao 1 de abril de 2019 incluído)

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.

O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo. Ao entrar na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou, como se dixo, a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/oposicions logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.

Tamén sería conveniente que a consellería poida comprobar automaticamente todos aqueles datos aos que a persoa solicitante nos autorice expresamente na súa solicitude, e polo tanto non terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos. Respecto daqueles datos non comprobables automaticamente segundo a convocatoria, ou para o caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente a súa consulta pola administración deberá xuntar a documentación acreditativa dixitalizada do xeito que se lle indica na sede electrónica.

En todo caso, deberán achegar a certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación e Formación Profesional non constan as mencións nin a as especialidades.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

Por último, e para o caso de que a persoa interesada pertenza á lista de interinidades e substitucións dunha das especialidades que se ofertan nesta convocatoria, se quere manter o seu posto na lista en aplicación do apartado 1 do punto segundo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, ten a obriga de presentarse, non é obrigatorio facelo na súa especialidade nin polo mesmo corpo para manter o seu lugar na lista de interinidades e substitucións.

Se a persoa interesada pertence á lista do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, especialidade de Procesos Comerciais e quere incorporarse á lista do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa, bastará con que se presente a calquera das especialidades convocadas.

File:  Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG)Servizo relacionado: OposiciónsTema: Programas e plansOposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Carmen Pomar asistiu á toma de posesión do novo decano da Facultade de Filosofía da USC, Marcelino Agís

Portal educativo - Xov, 07/03/2019 - 20:01
Summary:  Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu esta maña á toma de posesión do decano da Facultade de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde, nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López.

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración
Distribuir contido


by Dr. Radut