Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020

Lun, 29/06/2020 - 18:36
Premio inclusión

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso escolar 2019/20.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios;

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán ao enderezo de correo electrónico inclusioneducativa@edu.xunta.gal, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería, rematando o prazo o 30 de xullo de 2020.