Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 horas 20 min

O Goberno galego apoia a inclusión e a igualdade das nenas e nenos na práctica futbolística

Mar, 21/05/2019 - 15:28
Summary: A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou na entrega de premios da II Xornada de Fútbol Inclusivo e Igualitario que impulsa a Fundación do Fútbol Galego coa colaboración da Xunta de Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na entrega dos premios da II Xornada de Fútbol Inclusivo e Igualitario celebrado na Estrada, e que organiza a Fundación do Fútbol Galego co apoio da Xunta de Galicia.

Carmen Pomar puxo en valor iniciativas coma esta “que permite a rapazas e rapaces de diferentes capacidades xogar xuntos e aproveitar os seus talentos diferentes” e que serven, sobre todo, para aprender a compartir, a convivir e a respectar. A conselleira de Educación destacou a importancia de inculcar as boas prácticas no deporte, o respecto ás normas e aos compañeiros, e de fomentar a cultura da aprendizaxe e do esforzo.

Iniciativas coma esta van na liña do compromiso da Consellería de Educación de avanzar nunha escola máis inclusiva. Precisamente o departamento que dirixe Carmen Pomar vén de convocar a primeira edición do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva, co obxecto de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes así como o recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Impulsada pola Fundación do Fútbol Galego e apoiada pola Goberno galego, esta segunda Xornada de Fútbol Inclusivo está planificada como unha xornada de convivencia deportiva onde alumnado de centros, futbolistas, árbitros e docentes participan nun “mundialiño” entre varios equipos. A práctica futbolística complétase con seminarios sobre boas prácticas no deporte e actividades encamiñadas á promoción dos valores positivos no ámbito deportivo.

Na edición deste ano participaron nenas e nenos de entre 4º e 6º de Primaria dos CEIP Martagona (Melide), CEIP Figueiroa (A Estrada), CEIP das Mercedes (Lugo), CPI do Toural (Vilaboa), CEIP Plurilingüe da Ribeira (O Porriño), CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), CEIP Recimil (Ferrol) e CEIP de Roxos (Santiago).

IgualdadeXornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Publicación das cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Mar, 21/05/2019 - 15:22
Idioma Gallego

Publicación das cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Tema: Información xeralEnsinanza: Bacharelato de adultosDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

O Goberno galego formaliza 99 novos contratos predoutorais de investigadores nas universidades galegas

Mar, 21/05/2019 - 11:27
Summary: As Consellerías de Educación e de Economía financian con 7,32 millóns de euros esta contratación que hoxe publica o DOGOs contratos oscilarán entre os 20.500 e os 23.500 euros anuais por investigador en función da modalidade Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, xunto coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), veñen de resolver a formalización de 99 contratos predoutorais para científicos e científicas que desenvolvan o seu labor de investigación nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG).

O Goberno galego destina un total de 7,32 millóns de euros ao financiamento destes contratos ata 2022, que teñen como principal obxectivo seguir dotando o sistema de estabilidade e impulsando a súa excelencia.

O programa de contratos predoutorais fomenta a formación do persoal investigador desde etapas iniciais (preparación da tese doutoral), partindo da base de que, mediante procesos formativos estables, adquirirán as habilidades propias do persoal investigador. Ademais, permite que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos. En concreto, hoxe hai xa 240 contratos predoutorais, aos que se sumarán os 90 desta convocatoria, nas universidades enmarcados dentro desta liña de apoio.

Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, dos 99 contratos predoutorais concedidos, 57 correspóndense coa modalidade A. Estas axudas -dotadas con 23.500 euros anuais por contrato desde este ano ata o 2022- están enfocadas a potenciar as traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3, para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sustentable a través da innovación, e que orientarán as políticas de cohesión da Unión Europea para o período 2014-2020.

As 42 axudas restantes -cun importe de 20.500 euros anuais por investigador- correspóndense coa modalidade B, que busca garantir a representación de todas as ramas do coñecemento, establecendo un número de prazas para aquelas áreas que se atopan con máis dificultades de encaixe directo nos sectores produtivos, pero que resultan fundamentais para o crecemento sustentable dunha economía baseada no coñecemento.

Ademais, todos os contratos das persoas investigadoras que o solicitaron inclúen estadías de tres meses de duración no estranxeiro cun importe máximo, a maiores, de 6.000 euros, en función do destino.

Por universidades, do total de contratos, 14 formalízanse coa Universidade da Coruña (UDC), 51 coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e 25 coa Universidade de Vigo (UVigo). A maiores o resto dos contratos serán coa Fundación Biomédica Galicia Sur (2), co Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (2), coa Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (3) e coa Fundación Profesor Novoa Santos (2).

BolsasUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesAlumnado
Categorías: Administración

Educación abre a convocatoria para que os centros soliciten impartir o bacharelato de dobre titulación español-francés Bachibac

Mar, 21/05/2019 - 11:15
Summary: Ademais de cursar materias específicas do currículo, para obter a titulación de Baccalauréat do Ministerio de Educación Nacional Francés, o alumnado deberá superar unha proba externa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o prazo para que os centros escolares que o desexen soliciten impartir a dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat, español e francés, coñecido como Bachibac, para o vindeiro curso 2019-20. A convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Ademais do currículo oficial da ESO e Bacharelato vixente en Galicia, os centros que se acollan a esta modalidade ofertarán como materias específicas do currículo mixto español-francés Lingua e Literatura francesas (que poderá cursarse como primeira ou como segunda lingua estranxeira), e Historia de Francia (que se integrará na parte correspondente á materia de Historia de España).

Estas materias específicas deberán ser impartidas integramente en francés, e serán obxecto dunha proba externa que o alumando deberá realizar para a obtención do título de Baccalauréat. Ademais, os alumnos deberán recibir polo menos un terzo do horario lectivo en lingua francesa no conxunto do Bacharelato, co fin de acadar o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Lingas (MCERL).

Os centros escolares que se incorporen a este programa comprométense a impartir a dobre titulación de Bacharelato-Baccalauréat durante dous cursos académicos como mínimo desde o momento da súa autorización, así como a garantir que o alumnado que inicie a súa participación no programa o poida completar. Con carácter xeral, requírese un número mínimo de dez alumnos para poder impartir esta modalidade.

No caso do alumnado, para ser admitido neste programa deberá ben ter cursado unha sección bilingüe hispano-francesa na etapa de ESO, ben ter realizado toda ou parte da Secundaria no sistema educativo dun país de lingua francesa ou ben estar en condicións de acreditar un nivel equivalente ao B1 do MCERL no uso da lingua francesa ao comezo da etapa de Bacharelato.

Para obter a dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat outorgado polo Ministerio de Educación Nacional Francés, ao  final do 2º curso de Bacharelato, os estudantes que cursen esta modalidade deberán realizar unha proba externa sobre as materias específicas do currículo mixto.

Actualmente en Galicia, o único centro que oferta esta dobre titulación de Bacharelato Español-Francés é o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros.

PlurilingüismoBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocado o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos

Mar, 21/05/2019 - 09:52
Idioma Gallego

Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos.

Baixo o lema Facemos Historia pola Igualdade a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.

Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.

Destinatarios:  todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica

  • Prazo de presentación de propostas: 15 novembro 2019
     
File:  Resolución do 14 de maio de 2019 AnexoTema: IgualdadePremios autonómicosEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Mar, 21/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia
File:  Resolución do 7 de maio de 2019 (DOG) Resolución do 7 de maio de 2019 Anexos I, III e iV Anexo IITema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Mar, 21/05/2019 - 08:50
Idioma Gallego

Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

  • O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.
     

 

Servizo relacionado: FCTFile:  Orde do 6 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 6 de maio de 2019 (DOG)Tema: BolsasEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: AlumnadoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Adxudicación das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019

Mar, 21/05/2019 - 08:45
Idioma Gallego

Resolución do 9 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

Lun, 20/05/2019 - 12:32
Summary: O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuñoO alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da rendaNo caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da rendaO alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiarAdemais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 21 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

O importe total habilitado pola Consellería para o financiamento das axudas e do fondo solidario ascende a 12,1 millóns de euros a razón de 5,4 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,1 millóns para a adquisición -por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado con nivel de renda que lle dea dereito ao citado fondo.

As solicitudes poderán presentarse ben por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” ((https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

O sistema solidario habilitado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que posibilita garantir unha educación accesible para o conxunto do alumnado susténtase en tres eixos que son o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar.

Axudas á compra

As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial.

Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:

Educación Primaria:

      • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
      • Renda per cápita familiar superior a 5.400,00 e igual ou inferior a 9.000: 90 euros

 

Así mesmo, mantense que o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (170 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

No caso do Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que nos tres anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

De darse o caso de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios. O obxectivo é garantir que o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros e o que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) teña garantido o acceso a 6 libros, e que o que teña renda per cápita de entre 5.400,01 euros e 9.000 acceda a 4 manuais.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Datos curso 2018/2019

No curso actual  curso 2018/2019 concedéronse un total de 27.690 axudas á adquisición de libros de texto e 97.406 axudas para a adquisición de material escolar. Ademais, o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 631.652 manuais entre 108.354 alumnos (sete de cada dez recibiron seis ou máis libros de balde).

En definitiva, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional chegou este ano co programa de Gratuidade Solidaria para libros de texto a case 136.044 alumnos, ben a través do fondo (108.354), ben das axudas (27.690).

Axudas libros de textoFondo solidarioEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Centros e Recursos HumanosAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

Lun, 20/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

File:  Orde do 3 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 3 de maio de 2019 (DOG)Servizo relacionado: FondolibrosTema: Axudas libros de textoFondo solidarioEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: AlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao PIALE para o ano 2019

Lun, 20/05/2019 - 08:50
Idioma Gallego

Orde do 7 de maio de 2019 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2019 (código de procedemento ED305F).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 7 de maio de 2019 (DOG)Servizo relacionado: PIALETema: Programas e plansPIALEEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

A Consellería de Educación participa no Proxecto europeo RUSH para concretar as competencias plurilingües do profesorado

Dom, 19/05/2019 - 12:00
Summary: Trátase dun programa Erasmus+, na acción K2 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa no proxecto Re and up skilling horizons (RUSH), que celebrou esta semana en Santiago de Compostela un encontro transnacional para a mellora de horizontes compartidos e intercambio de experiencias. A finalidade desta iniciativa, que se enmarca na acción K2 de Erasmus+, é a reflexión, comparación e mellora dos procesos de aprendizaxe e ensino de linguas no marco dun contexto plurilingüe.

No proxecto participan 8 socios e implica a 3 países, Italia, España e Croacia. Os socios son institucións provinciais, rexionais e transnacionais, escolas e autoridades locais que deseñaron este proxecto ao concibir as habilidades plurilingües do profesorado como unha dimensión clave a nivel europeo.

A iniciativa xestouse inicialmente entre a provincia italiana de Udine e Galicia, aínda que despois tamén se sumou Croacia, na zona de minoría italiana. Nos tres contextos hai unha situación de convivencia de linguas, polo que o proceso de ensino-aprendizaxe de linguas pode presentar unha estreita relación. Froito desta situación, o proxecto presta unha atención especial ás linguas propias así como á introdución das linguas estranxeiras nestes contextos, co enfoque CLIL (Content and Language Integrated Learning).

Os socios colaboran tendo dous obxectivos comúns, en primeiro lugar a elaboración dunha guía plurilingüe (que será elaborada utilizando as linguas oficiais e minoritarias das rexións participantes no proxecto) e, en segundo, a creación dun centro de recursos educativos para a difusión de materiais educativos plurilingües. O aspecto novidoso de RUSH é facer que colaboren os países europeos vinculados por antigos lazos históricos e lingüísticos, creando unha forte sinerxía entre todas as institucións e escolas involucradas.

Na xornada celebrada esta semana abordáronse as oportunidades que brindan as linguas propias –neste caso o galego– para avanzar cara o plurilingüismo en ámbitos como a ciencia ou a literatura. Así mesmo, analizouse a importancia da lingua desde unha perspectiva inclusiva e coeducativa, ademais de como ferramenta para promover cambios positivos cara unha realidade inclusiva no eido educativo e social. O encontro puxo ademais en valor o traballo das persoas que promoven o uso do galego e son embaixadoras desta lingua e cultura fóra de Galicia.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa neste proxeco a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, xunto cos centros educativos IES Salvaterra de Miño e o CEP Carlos Casares. A entidade coordinadora é a escola italiana Convitto Nacionale Paolo Diacono (Cividale del Friuli) que participa xunto con outros dous socios italianos, o concello de Cividale del Friuli (Comune di Cividale del Friuli) e a Agjenzie Regjional pe Lenghe Gurlane. Participan ademais dous socios croatas, a Unione Italiana (en Rijeka, asociación italiana para as Repúblicas de Croacia e Eslovenia) e a Scuola Elementare Italina Bernardo Belussi, de Rovigno.

FormaciónEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Un total de 26 centros públicos galegos participarán no programa de intercambio EduExchanges

Dom, 19/05/2019 - 10:00
Summary: Na primeira edición desta iniciativa de intercambio entre centros educativos da UE participaron 15 centros Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución do programa de intercambio de alumnado para centros de ensino cos de outros países da Unión Europea EduExchanges. O obxectivo deste programa é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.

Un total de 26 centros públicos galegos e 416 alumnas e alumnos participarán este curso nesta iniciativa, en concreto os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Boiro

IES Plurilingüe A Cachada

A Coruña

Cambre

IES David Buján

A Coruña

Carral

IES de Carral

A Coruña

A Coruña

IES Salvador de Madariaga

A Coruña

Ferrol

IES de Catabois 

A Coruña

Santiago de Compostela

IES A. Xelmirez I

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores 

A Coruña

Oleiros

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

A Coruña

Trazo

CPI de Viaño Pequeno  Trazo

Lugo

Burela

IES Monte Castelo

Lugo

Foz

IES de Foz

Lugo

Lugo

IES Sanxillao 

Lugo

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela 

Lugo

Xove

IES Illa de Sarón 

Ourense

Ourense

IES As Lagoas 

Pontevedra

Lalín

IES Ramón María Aller Ulloa 

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia 

Pontevedra

Nigrán

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Pontevedra

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Pontevedra

Pontevedra

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Sanxenxo

IES Sanxenxo

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Fermín Bouza Brey

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Miguel Ángel González Estévez

Pontevedra

Vigo

IES Politécnico de Vigo

 

A convocatoria está dirixida a alumnado que curse 3º e 4º de ESO en centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa de intercambio -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo obxecto do intercambio pode ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno.

Cada centro seleccionado recibirá unha axuda económica máxima de 7.000 euros da Consellería que será destinada a sufragar os gastos derivados do intercambio. Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador.

Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.

Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, e pretende fomentar a mobilidade entre o alumnado co fin de mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras.

PlurilingüismoProgramas e plansEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

A Consellería de Educación convoca o Premio Proxecta ás mellores iniciativas desenvolvidas ao abeiro destes programas

Sáb, 18/05/2019 - 11:00
Summary: O obxectivo destes galardóns é consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes nos programas enmarcados nesta iniciativa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19. O obxectivo destes galardóns é consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes neste programa.

A convocatoria establece dúas categorías, unha para infantil e primaria e outra para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial. En cada unha delas concederanse cinco premios: un primeiro (5.000 euros), un segundo (4.000 euros), un terceiro (3.000 euros) e dous accésits (1.000 euros cada un).

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude de participación nestes premios.

A solicitude e documentación deben presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de novembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais, deberase adiantar a través do correo electrónico unha copia da solicitude selada polo Rexistro, que será enviada antes do remate do prazo de solicitude ao enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es

Entre outra documentación, para participar na convocatoria os centros deberán remitir unha memoria descritiva da integración da aprendizaxe competencial e da metodoloxía por proxectos a través da participación do centro no Plan Proxecta en calquera das súas convocatorias. Valoraranse todos aqueles aspectos que describan accións concretas, metodoloxías aplicadas e logros acadados coa participación nos distintos programas do Plan Proxecta. O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 31 de maio de 2019.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 43 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros. No actual curso 2018/19 participan no Plan Proxecta 542 centros de ensino e preto de 138.000 alumnas e alumnos.

Premios autonómicosPlan ProxectaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Xov, 16/05/2019 - 14:45
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as as listas provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 defebreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 48 do 8 de marzo).

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o venres día 17 de maio e remata o venres día 24 de maio de 2019. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co establecido na base sexta da Orde do 21 de febreiro de 2019.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá acceder a sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

Unha vez acceda á sede:

1º Identificarse co seu usuario e contrasinal

2º Premer no botón Acción do código de procedemento ED001A 2019/...

3º Aparecerá unha mensaxe coa seguinte lenda: Alegacións

4º Cubrir o formulario, anexar a documentación se é o caso, asinar e presentar electronicamente

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

 

Servizo relacionado: OposiciónsTema: Programas e plansOposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Apertura de prazo para as persoas interinas e susbstitutas que queira solicitar, se fose o caso, a non participación na elección de destinos para o próximo curso (CADP)

Xov, 16/05/2019 - 11:39
Idioma Gallego

Ábrese un prazo - desde o 15 ata o 31 de maio, ambos incluídos - para que o persoal interino ou substituto poida solicitar a non participación na elección de destinos para o curso 2019-2020 (CADP), sempre que estean nalgunha das situacións que lles permita facelo.

As persoas interesadas deberán facer a solicitude a través da páxina www.edu.xunta.es/substitutos onde teñen toda a información relativa a este tema.
 

Servizo relacionado: SubstituciónsTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

A Radio Galega emitirá no Día das Letras os traballos dos centros gañadores do Concurso de Podcasts elaborados na biblioteca escolar

Xov, 16/05/2019 - 11:30
Summary: Recibíronse un total de 107 traballos procedentes de 64 centros educativos Idioma Gallego

A Radio Galega emitirá o Día das Letras Galegas os podcasts dos centros premiados no I Concurso de Podcasts, convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para os centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar.

Recibíronse un total de 107 traballos procedentes de 64 centros educativos.

A Consellería vén de publicar a resolución deste certame, no que se galardoa a 8 centros nas diferentes modalidades, tal e como queda recollido no seguinte cadro:

Modalidade

Centro

Concello

Podcast

I

CEIP Víctor Sáenz

Mazaricos

O mazarico

CEIP de Carballedo

Cerdedo-Cotobade

A lenda de Florentina

II

CEIP de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio

A xanela cultural. Especial Letras Galegas

CEIP Ramón de Valenzuela

Silleda

Alto dos Xenerais

III

CPI de Vedra

Vedra

Os Xenerais

CPI Manuel Suárez Marquier

O Rosal

Os cabaqueiros

IES Pedras Rubias

Salceda de Caselas

Polo río abaixo hai...

IV

IES Punta Candieira

 

Cedeira

As lavandeiras

Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán unha asignación de 1.000 euros para melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca.

Os podcast premiados serán emitidos pola Radio Galega, ademais de ser difundidos a través da súa web e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas cos gañadores na programación especial da emisora co gallo do Día das Letras Galegas.

Difusión do patrimonio

O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Por iso, e dado que o Día das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antón Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast debía ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vínculo coa contorna de cada centro educativo participante.

Así mesmo, preténdese afondar no traballo que desde as bibliotecas escolares se está a facer arredor da radio. Trátase de converter estes espazos en laboratorios creativos de aprendizaxe, xa que son unha ferramenta de gran potencial pedagóxico no reforzo das prácticas comunicativas do alumnado e da súa motivación para participar en proxectos colaborativos nos que se traballan distintas habilidades e competencias.

Premios autonómicosLingua galegaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalEntidades autonómicasProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Selección de estadías formativas en empresas para profesorado de Formación Profesional 2019. Resolución definitiva

Xov, 16/05/2019 - 11:02
Idioma GallegoPublicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.
  Tema: Información xeralProgramas e plansEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Convocado o Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos

Xov, 16/05/2019 - 10:00
Idioma Gallego

Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos.

  • O prazo de presentación rematará o 17 de outubro do 2019.
     

 

File:  Resolución do 14 de maio de 2019 AnexoTema: IgualdadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración


by Dr. Radut