Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2020/21

Xov, 24/09/2020 - 13:15
r

Achégase Resolución do 24 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa Radio na biblio para o curso 2020/21, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos de titularidade da consellería que matriculan alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de outubro de 2020.