Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 20 horas 35 min

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020

Ven, 07/02/2020 - 10:16
Idioma Gallego

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
Máis información: File:  Orde do 20 de xaneiro de 2020 (DOG)Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia

Ven, 07/02/2020 - 10:06
Idioma Gallego

Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG)Tema: Premios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturaisEnsinanzas superiores de arte dramáticaEnsinanzas superiores de deseñoEnsinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

A Xunta reafirma o seu apoio á investigación universitaria na presentación dos resultados do Proxecto Pan-Cancer liderado polo CIMUS

Xov, 06/02/2020 - 22:47
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou o esforzo e tesón do equipo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC, capitaneado polo científico José María Castro TubíoTrátase do proxecto de investigación en xenómica do cancro máis importante do mundo, no que se descubre un relevante mecanismo de mutación nesta enfermidadeO CIMUS vén de obter 2,8 millóns de euros de financiamento por parte da Consellería de Educación Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reafirma o seu apoio á investigación universitaria e o reforzo dunhas estruturas de investigación sólidas e competitivas no eido nacional e internacional. Así o puxeron de manifesto hoxe a conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional, Carmen Pomar; e a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, no acto de presentación dos resultados do Proxecto Pan-Cancer liderado por un equipo de investigadores do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC, capitaneados polo científico José Tubío.

Este equipo de investigadores do CIMUS co-lidera, xunto con 700 investigadores de distintos países ao longo de 7 anos, o proxecto de investigación en xenómica do cancro máis importante do mundo, co descubrimento dun relevante mecanismo de mutación desta enfermidade, e cuxos resultados se publican nas prestixiosas revistas Natura e Nature Genetics.

A conselleira Carmen Pomar expresou o seu agradecemento a este equipo de científicos “en nome do Goberno galego e do conxunto da sociedade”, xa que todos os avances que se realicen neste ámbito supoñen “abrir moitas portas e moitas esperanzas” para os cidadáns. 

Así mesmo subliñou o importante esforzo que está a realizar a Administración autonómica no apoio á carreira investigadora (nas etapas predoutoral, posdoutoral e de investigadores de recoñecida traxectoria) e á creación de estruturas de investigación sólidas e competitivas como é o caso do CIMUS, un dos 8 centros de investigación punteiros que existen en Galicia e nos que a Consellería de Educación vén de inxectar 18 millóns de euros.

En concreto, nesta última convocatoria para centros de investigación o CIMUS dispón de 960.000 euros no presente ano, contía que acadará en total case os 2,8 millóns de euros ao cabo de tres anos, en 2022.

Por outra banda, o investigador principal do proxecto, José Manuel Castro Tubío, foi beneficiario de dúas axudas para a contratación de persoal investigador da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia nas etapas predoutoral e posdoutoral para desenvolver a súa investigación na Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS). Ademais, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), colabora no proxecto Pan-Cancer ofrecendo servizos de cálculo e almacenamento de datos. O CESGA ten unha grande experiencia traballando con inxentes volumes de datos, entre outros no campo da secuenciación xenómica, e presta servizo diariamente a máis de 600 investigadores.  

Información xeralUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de Universidades
Categorías: Administración


by Dr. Radut