Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 10 horas 14 min

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Mar, 16/04/2019 - 08:00
Idioma Gallego

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no

Pódense ver as mostras dos contidos dixitais (libros, recursos didácticos, materiais complementarios...) na seguinte ligazón:

File:  Resolución do 14 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 14 de marzo de 2019 Anexo ITema: Programas e plansAbalarEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Administración

A Consellería de Educación e UNICEF colaborarán para promover o coñecemento dos dereitos da infancia e cidadanía global nos centros educativos galegos

Lun, 15/04/2019 - 14:04
Summary: A conselleira e a presidenta da organización en Galicia asinaron un convenio a través do que se desenvolverán accións conxuntas Idioma Gallego

A  conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a presidenta de UNICEF Comité Autonómico de Galicia, Myriam Garabito Cociña, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido educativo, para a promoción e a difusión  dos dereitos de infancia e cidadanía global. Neste sentido, desde ambas partes facilitarase o acceso dos centros de ensino aos recursos educativos e metodoloxía de autoavaliación en Educación en Dereitos de Infancia dispoñible na web de UNICEF Comité Español. Os colexios poderán acceder a este programa rexistrándose na devandita web.

Así mesmo, UNICEF porá a disposición dos centros educativos os materiais de autoavaliación institucional sobre dereitos de infancia e cidadanía globaa e lanzará cada curso unha convocatoria para recoñecer centros de ensino como referentes en Educación en Dereitos de Infancia. No referido á formación do profesorado, porase en coñecemento dos docentes galegos as accións da organización neste eido, e por outra banda promoverase unha formación en dereitos da infancia e cidadanía global por parte da Consellería.

O convenio inclúe a promoción dentro do calendario escolar da celebración nos centros educativos, do 20 de novembro como “Día Universal da Infancia”, así como a colaboración na sensibilización e difusión de campañas, programas e accións formativas encamiñadas a poñer en valor a importancia da educación como base para a inclusión social, os Dereitos da Infancia e o intercambio de boas prácticas en materia educativa nestes eidos.

Así mesmo a Consellería comprométese a asesorar aos centros para o desenvolvemento de programas de aprendizaxe a través de iniciativas solidarias e de voluntariado en aspectos como a saúde, o medio ambiente, o patrimonio cultural, a cooperación internacional, a axuda ás persoas máis necesitadas e especialmente, nos casos de nenos e nenas en desvantaxe pola súa situación social, económica, familiar ou condición de discapacidade.

Convenios de colaboraciónConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalOutras entidadesProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

Lun, 15/04/2019 - 12:34
Idioma Gallego

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2019/2020

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2019 ao 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño e mestres, que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Enderezos de correo electrónico:

- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.
- Mestres: 981 54 44 82

 

File:  Orde do 30 de abril de 2007: Convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG) Corrección de erros da convocatoria (DOG)Servizo relacionado: CADPTema: Programas e plansComisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Carmen Pomar sinala o Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía como unha oportunidade para tender pontes entre investigadores e sociedade

Dom, 14/04/2019 - 19:00
Summary: A conselleira de Educación participou na inauguración deste encontroO evento reúne na capital de Galicia a preto de 900 expertos de 50 países diferentes Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na inauguración do 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía, que se celebra ata o día 17 na Cidade da Cultura. Organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) xunto ás tres universidades galegas, á Universidade Nacional de Educación a Distancia e á Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal), o encontro conta tamén co apoio da Xunta de Galicia, entre outras entidades.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou este congreso como unha oportunidade “para aprender, dar visibilidade e influencia e tender pontes entre investigadores e sociedade”. “Confiamos en que a presenza masiva de estudosos da antropoloxía na nosa comunidade poña de manifesto a importancia desta disciplina, porque analizar o comportamento dos distintos grupos humanos permítenos ver os acontecementos e tendencias cunha perspectiva máis ampla”, dixo.

A conselleira salientou, ademais, o interese dos temas que se tratarán neste encontro, “que concitan o interese do Goberno galego e o seu apoio, así como o das tres institucións que conforman o Sistema Universitario de Galicia (SUG), conscientes da necesidade de incrementar a investigación nestas materias”.

O 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía reúne preto de 900 especialistas nesta disciplina e afíns, procedentes de 50 países. Ao longo das 90 sesións que contempla o seu programa, abordaranse temas como os movementos migratorios, a crise dos refuxiados, cuestións de xénero, procesos de patrimonialización e consumo turístico na sociedade contemporánea, transformacións do mundo rural ou temas medioambientais relacionados co cambio climático. Así mesmo, desenvolverase unha sesión plenaria especial dedicada integramente á antropoloxía galega.

CongresosUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de Universidades
Categorías: Administración

O 97,48% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

Sáb, 13/04/2019 - 10:00
Summary: Este ano rexistráronse 417 solicitudes menos que para o curso 2018/19 Idioma Gallego

O 97,48% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2019/20 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, segundo os datos compilados. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.077 solicitudes para ese curso, 471 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a oferta de prazas deste curso de infantil, 27.332 postos escolares.

Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,52 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.

Os datos polas 7 principais cidades son os seguintes:

 

Provincia

 Solicitudes recibidas

Escolarizados en 1ª opción

A Coruña

1825

93,64 %

Ferrol

428

100 %

Santiago de Compostela

876

95,21 %

Lugo

764

94,63 %

Ourense

820

99,27 %

Pontevedra

698

98,85 %

Vigo

2127

98,50%

Galicia

18077

97,48 %

 

EscolarizaciónEducación infantilConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Apertura dunha lista de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor especialista, para impartir o ciclo superior en audioloxía prótesica (591250)

Xov, 11/04/2019 - 15:38
Idioma Gallego

Resolución do 11 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor especialista, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para impartir o ciclo superior en audioloxía prótesica -código 591250- (módulo profesional de elaboración de moldes e protectores auditivos, módulo de elección e adaptación de próteses auditivas).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
     

 

File:  Resolución do 11 de abril de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos

Xov, 11/04/2019 - 14:28
Idioma Gallego

Resolución do 11 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convo ca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo
File:  Resolución do 11 de abril de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Xov, 11/04/2019 - 14:24
Idioma Gallego

De conformidade co establecido no artigo 10 da orde do 15 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo de presentacion da documentacion do 12 abril ao 29 de abril.

 

Anuncio principal: Convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese paísTema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Educación licita a segunda fase da ampliación do CEIP Otero Pedrayo (A Laracha) por 508.500€ e seis meses de execución

Xov, 11/04/2019 - 14:19
Summary:  Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de licitar a segunda fase da ampliación do CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha) por un importe de 508.498,12 euros e un prazo de execución de seis meses a contar desde o inicio das obras, tal como publica hoxe o portal Contratos de Galicia.

O novo edificio contará con 3 aulas de infantil con aseos incorporados e cunha superficie total construída de 300 m². O módulo terá acceso desde o edificio construído na ampliación de 2015 a través dunha galería de paso con paramentos acristalados e máis cun espazo exterior de xogos cuberto. Ademais, contará con calefacción por chan radiante e con sistema de luminarias led de alta eficiencia enerxética. Ao tratarse dun volume independente, poderá executarse durante o curso escolar sen trastorno para a comunidade educativa.

Coa construción deste novo edificio a totalidade do alumnado de Infantil do centro contará cuns espazos máis confortables, accesibles e adaptados a este nivel de ensinanzas. No edificio antigo, dos anos 70, non dispoñían de aulas con aseo incorporado, entre outras comodidades.

Coa segunda fase queda completada a ampliación que na súa primeira fase supuxo a construción dun volume de 800 m² con 6 aulas de Infantil, unha sala de usos múltiples, dúas aulas de apoio e servizos comúns, así como cun espazo exterior de xogos con pavimento de caucho brando, cun custe de 1 millón de euros.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2018/2019

Xov, 11/04/2019 - 12:46
Idioma Gallego

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Prazo de solicitude de admisión

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 15 ao 30 de abril de 2019 ata as 13:00 h.

Tema: EscolarizaciónNormativaEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Resolución provisional do Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario para o curso 2018/2019

Xov, 11/04/2019 - 11:45
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario para o curso 2018/2019

Publícase a resolución provisional de solicitudes admitidas no concurso ComunicaTedu conforme establece o artigo 15 da Resolución do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula para o curso 2018/19, o Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario de Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

  • Prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal educativo para realizar reclamacións ou renuncias

 

Tema: IgualdadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Un total de 20 estudantes poderán acadar os premios extraordinarios de bacharelato

Xov, 11/04/2019 - 10:20
Summary: A Consellería de Educación publica hoxe no DOG a convocatoria dos recoñecementos correspondentes ao curso 2018/19 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19, que poderán acadar un total de 20 alumnas e alumnos. Cada un deles obterá un diploma acreditativo e un premio económico de 1.000 €.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que teña rematado os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso; e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Ademais, as persoas candidatas deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes. A primeira delas consistirá nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato.

A segunda parte consistirá no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre  Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.

Premios autonómicosBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema EducativoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Xov, 11/04/2019 - 08:50
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.
     
File:  Orde do 28 de marzo de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 28 de marzo de 2019 (DOG)Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: BacharelatoDepartamento: Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema EducativoServizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Educación ten redactados unha vintena de proxectos de obras en centros educativos á espera dos fondos de superávit

Mér, 10/04/2019 - 18:09
Summary: Carmen Pomar incidiu no Parlamento na necesidade de que o Goberno central autorice o uso destes cartosO retraso en dar luz verde comprometería a posibilidade de realizar as obras Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, incidiu hoxe na importancia de que Galicia “reciba os millóns que lle corresponden por superávit e que non haxa máis demoras” para poder investir máis en obras en centros de ensino. De feito, explicou que neste momento “temos arredor de vinte proxectos redactados e supervisados, que están pendentes exclusivamente de que o Ministerio de Facenda autorice o uso do superávit orzamentario resultante da disciplina financeira cumprida no exercicio de 2018 por Galicia”.

A titular do departamento educativo da Xunta sinalou que, tendo en conta que a licitación das obras ten unha duración superior a 3 meses, “cada día de demora na autorización do uso do superávit supón un eventual risco de que en eses centros comecen as clases en setembro en obras”. “Estamos a falar da posibilidade de seguir mellorando instalacións e infraestruturas educativas, conscientes da súa repercusión no proceso educativo”, dixo, incidindo na “importancia para o ensino galego de que o Goberno central non siga desprezando a Galicia”.

As devanditas obras forman parte do paquete de actuacións planificadas no eido da rehabilitación integral no Plan de dotación de infraestruturas educativas 2016-2021, un total de 44 obras por importe de 40,6 millóns de euros para 2019 e 2020 que non se puideron aínda comprometer por non contar co orzamento derivado do superávit.

Trátase, en todos os casos, de intervencións elixidas con prioridade polas unidades técnicas en función do ano de construción do centro e do estado das instalacións. Así, foron seleccionadas 12 actuacións a realizar na provincia da Coruña, 12 na de Pontevedra; 10 na de Lugo e 10 na provincia de Ourense.

Unha vez realizadas estas obras, “o Plan de dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2021 suporá a renovación dos centros educativos máis antigos, ademais dun compromiso medioambiental claro a través das actuacións de rehabilitación enerxética”, salientou a conselleira.

Desenvolvemento do Plan

Segundo explicou Carmen Pomar, a vixencia do Plan ampliouse ata 2021 por acordo do Consello da Xunta, o que permite “que a Consellería xestione agora un orzamento de preto de 200 millóns de euros para obras en centros educativos en seis anos, fronte aos 118 millóns previstos inicialmente”. “Nos tres primeiros anos de vixencia do plan (2016, 2017 e 2018) xa foron executados 93,8 millóns de euros”, puntualizou.

A conselleira debullou, asemade, as previsións para este ano 2019, “no que queremos licitar, adxudicar e executar un total de 30 actuacións, o que suporá un investimento de 33,7 millóns de euros”. “Temos xa 8 obras en execución, por valor de aproximadamente 11 millóns de euros; ás que hai que sumar outras 12 obras en licitación, por 8,5 millóns de euros”, concretou, o que significa que a comezos de abril xa está comprometido o 60% do orzamento previsto para o ano.

Así mesmo explicou que xa está en fase de redacción de proxecto o Centro Galego de Innovación en FP en Ourense e que obra de construción do novo CEIP Sagrado Corazón de Lugo xa podería estar en marcha, “pero seguimos á espera de licencia municipal”.

Carmen Pomar lembrou que cando o Plan de dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2021 estea desenvolvido na súa totalidade “teranse acometido actuacións en 116 centros educativos galegos das que se beneficiarán 33.000 alumnos de 72 concellos”. “Desde a Consellería de Educación levamos tempo traballando para consolidar proxectos educativos innovadores e para programar e executar investimentos en centros educativos en Galicia. Agardamos que outras Administracións non poñan trabas innecesarias, porque o ensino galego non as merece e as galegas e os galegos non o entenderían”, rematou.

Construcións e mellorasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar mantén un encontro informativo coas direccións de centros de ensino da provincia de Pontevedra

Mér, 10/04/2019 - 12:16
Summary: Abordáronse cuestións de interese para os equipos directivos en materia de transporte ou comedores, entre outrosAdemais explicáronse as funcionalidades do Portal da Dirección, que xa está a disposición das persoas que ocupan estes cargos Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantivo hoxe unha reunión informativa con directoras e directores na que se abordaron asuntos de interese para os equipos directivos en materia de transporte, comedores ou programas de innovación, entre outros. A xuntanza enmárcase nunha rolda de encontros que se están a desenvolver coas persoas directoras nas 4 provincias.

No encontro, desenvolvido na Delegación da Xunta na cidade de Pontevedra, explicáronse tamén as funcionalidades do Portal da Dirección, un espazo que a Consellería vén de poñer a disposición das persoas que ocupan estes cargos. Enmarcado no web do departamento educativo da Xunta de Galicia pero centrado nas ferramentas e funcións directamente vencelladas aos equipos directivos, o portal ten como obxectivo potenciar a comunicación directa entre a Administración educativa e as direccións dos centros e destas últimas entre si para resolver dúbidas ou poñer en común experiencias.

Dende o punto de vista estrutural, os contidos contemplan as ferramentas de maior uso, como un espazo de destaques e eventos moi intuitivo, tanto para os anuncios que afectan á vida cotiá dos centros, como para as convocatorias que realice a Consellería. O portal divídese en 7 seccións: novas, eventos, normativa, documentación, aplicacións, foros e preguntas máis frecuentes (FAQS). En calquera caso, trátase dunha base dinámica que se irá enriquecendo para adaptala ás necesidades que se vaian detectando.

Por exemplo, en FAQS poden atoparse respostas a cuestións sobre protección de datos, as axudas de libros de texto e material escolar ou o procedemento de admisión, entre outras, nas que a Consellería pode ofrecer respostas de carácter xeral. As cuestións máis concretas poderán abordarse, como é habitual, a través da Inspección educativa en cada centro.

Os foros, dirixidos a mellorar a comunicación entre os diferentes equipos directivos, estrutúranse nun xeral e outro dedicado a cada tipo de ensinanza (Infantil e Primaria, Réxime Especial...). O seu obxectivo é que neles se podan intercambiar novas experiencias, boas prácticas, novidades ou temas de interese xeral.

Pola súa parte, na sección de documentación pode accederse circulares ou instrucións aclaratorias, así como dos formularios de uso común, así como aos protocolos; mentres que na de normativa poden realizarse buscas simplificadas de normas e acceder ás mesmas.

Ademais destas funcionalidades básicas, estase implementando unha ferramenta para gardar a documentación de uso común e necesaria na gobernanza do centro, que permita salvagardala en rede e compartila entre equipos directivos, así como outra para realizar as programacións e facilitar deste xeito o inicio do curso escolar.

Ao Portal da Dirección poden acceder as persoas que ocupan este cargo a través do seu enderezo electrónico e contrasinal.

Directores/asEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Educación abre a convocatoria para a incorporación de novos centros plurilingües no curso 2019/20

Mér, 10/04/2019 - 11:12
Summary: Os centros teñen de prazo ata o 30 de abril para remitir as súas solicitudesEstá dispoñible para todas as etapas educativas, desde infantil ata bacharelato Idioma Gallego

A partir de mañá día 11, e ata o 30 de abril, os centros escolares teñen prazo para solicitar a súa incorporación no curso 2019-20 ao proxecto plurilingüe impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ao abeiro da Estratexia galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, co fin de estender e reforzar o coñecemento de idiomas en todas as etapas educativas.

O DOG publica hoxe as tres convocatorias para a ampliación do ensino plurilingüe para o vindeiro curso escolar tanto nas etapas de Primaria e Secundaria, como nas de Infantil (Plurinfantil) e Bacharelato (Pluribach).

Etapas de Primaria e Secundaria

Os centros escolares que opten a formar parte da Rede de Centros Plurilingües nas etapas de Primaria e Secundaria deberán presentar un programa plurilingüe para o primeiro curso da etapa así como unha planificación para os seguintes anos académicos. Cómpre lembrar que a implantación do plurilingüismo nestas etapas esixe dunha continuidade progresiva, isto é que se un centro opta por implantar o programa en 1º de Primaria no curso 2019-2020, no seguinte ten que asegurar a extensión dese proxecto a 2º de Primaria e así sucesivamente ata completar a etapa.

Na mencionada planificación deberá constar a lingua estranxeira escollida, así como a relación de áreas ou materias que se impartirán en dita lingua, e a relación de profesorado encargado da docencia xunto coa acreditación da competencia lingüística para facelo, entre outros factores.

Plurilingüismo en Bacharelato

O Pluribach ten como finalidade promover no alumnado unha preparación máis completa e especializada no idioma obxecto do programa, así como un achegamento máis específico ás diferentes materias que compoñen o currículo.

Deste xeito, o alumnado cursará materias curriculares, ata 1/3 do seu horario, no idioma estranxeiro, así como unha materia extracurricular, en 1º e 2º curso, cunha carga horaria lectiva semanal de dúas ou tres horas. O horario, en lugar de 32 períodos lectivos, pasa a ser de 34 ou 35. Ademais, contará con actividades complementarias de formación organizadas polo centro, como charlas, obradoiros ou proxectos cunha duración estipulada, ao longo dos dous cursos, de 40 horas. Así mesmo os centros educativos contarán con auxiliares de conversa para levar a cabo o programa. O obxectivo é que os mozos e mozas dispoñan de formación específica para poder chegar a certificar o nivel B2 ao remate da etapa, ben a través das Escolas Oficiais de Idiomas ou das entidades certificadoras acreditadas.

En canto ao profesorado que imparta áreas ou materias non lingüísticas en lingua estranxeira, deberá ser especialista da materia que vaia impartir en lingua estranxeira, ou estar en posesión da habilitación correspondente. Ademais, deberá acreditar, cando menos, un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Plurilingüismo en Educación Infantil

No que atinxe á implantanción do modelo plurilingüe no segundo ciclo de educación Infantil, o alumnado cursará áreas curriculares, ata 1/3 do seu horario, no idioma estranxeiro, cun enfoque lúdico e partindo do traballo en grupo. Os centros que se incorporen a este programa disporán do apoio de auxiliares de conversa. O profesorado que imparta as áreas non lingüísticas en lingua estranxeira debe ter como mínimo o nivel B2 ou equivalente nesta lingua.

Todo o profesorado implicado nestes programas contará con plans específicos de formación no centro.

PlurilingüismoCentros plurilingüesEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación nas universidades do SUG, e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2019

Mér, 10/04/2019 - 10:49
Idioma Gallego

Xúntase a Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i  para o 2019.

 

Anuncio principal: Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2019/2020

Mér, 10/04/2019 - 10:29
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2019.
File:  Resolución do 28 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 28 de marzo de 2019Tema: Programas e plansCentros plurilingüesEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2019/2020

Mér, 10/04/2019 - 10:21
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2019-2020.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2019.
  File:  Resolución do 28 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 28 de marzo de 2019Tema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración


by Dr. Radut