Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 6 horas 19 min

Educación abre a convocatoria para a incorporación de novos centros plurilingües no curso 2019/20

Mér, 10/04/2019 - 11:12
Summary: Os centros teñen de prazo ata o 30 de abril para remitir as súas solicitudesEstá dispoñible para todas as etapas educativas, desde infantil ata bacharelato Idioma Gallego

A partir de mañá día 11, e ata o 30 de abril, os centros escolares teñen prazo para solicitar a súa incorporación no curso 2019-20 ao proxecto plurilingüe impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ao abeiro da Estratexia galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, co fin de estender e reforzar o coñecemento de idiomas en todas as etapas educativas.

O DOG publica hoxe as tres convocatorias para a ampliación do ensino plurilingüe para o vindeiro curso escolar tanto nas etapas de Primaria e Secundaria, como nas de Infantil (Plurinfantil) e Bacharelato (Pluribach).

Etapas de Primaria e Secundaria

Os centros escolares que opten a formar parte da Rede de Centros Plurilingües nas etapas de Primaria e Secundaria deberán presentar un programa plurilingüe para o primeiro curso da etapa así como unha planificación para os seguintes anos académicos. Cómpre lembrar que a implantación do plurilingüismo nestas etapas esixe dunha continuidade progresiva, isto é que se un centro opta por implantar o programa en 1º de Primaria no curso 2019-2020, no seguinte ten que asegurar a extensión dese proxecto a 2º de Primaria e así sucesivamente ata completar a etapa.

Na mencionada planificación deberá constar a lingua estranxeira escollida, así como a relación de áreas ou materias que se impartirán en dita lingua, e a relación de profesorado encargado da docencia xunto coa acreditación da competencia lingüística para facelo, entre outros factores.

Plurilingüismo en Bacharelato

O Pluribach ten como finalidade promover no alumnado unha preparación máis completa e especializada no idioma obxecto do programa, así como un achegamento máis específico ás diferentes materias que compoñen o currículo.

Deste xeito, o alumnado cursará materias curriculares, ata 1/3 do seu horario, no idioma estranxeiro, así como unha materia extracurricular, en 1º e 2º curso, cunha carga horaria lectiva semanal de dúas ou tres horas. O horario, en lugar de 32 períodos lectivos, pasa a ser de 34 ou 35. Ademais, contará con actividades complementarias de formación organizadas polo centro, como charlas, obradoiros ou proxectos cunha duración estipulada, ao longo dos dous cursos, de 40 horas. Así mesmo os centros educativos contarán con auxiliares de conversa para levar a cabo o programa. O obxectivo é que os mozos e mozas dispoñan de formación específica para poder chegar a certificar o nivel B2 ao remate da etapa, ben a través das Escolas Oficiais de Idiomas ou das entidades certificadoras acreditadas.

En canto ao profesorado que imparta áreas ou materias non lingüísticas en lingua estranxeira, deberá ser especialista da materia que vaia impartir en lingua estranxeira, ou estar en posesión da habilitación correspondente. Ademais, deberá acreditar, cando menos, un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Plurilingüismo en Educación Infantil

No que atinxe á implantanción do modelo plurilingüe no segundo ciclo de educación Infantil, o alumnado cursará áreas curriculares, ata 1/3 do seu horario, no idioma estranxeiro, cun enfoque lúdico e partindo do traballo en grupo. Os centros que se incorporen a este programa disporán do apoio de auxiliares de conversa. O profesorado que imparta as áreas non lingüísticas en lingua estranxeira debe ter como mínimo o nivel B2 ou equivalente nesta lingua.

Todo o profesorado implicado nestes programas contará con plans específicos de formación no centro.

PlurilingüismoCentros plurilingüesEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación nas universidades do SUG, e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2019

Mér, 10/04/2019 - 10:49
Idioma Gallego

Xúntase a Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i  para o 2019.

 

Anuncio principal: Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2019/2020

Mér, 10/04/2019 - 10:29
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2019.
File:  Resolución do 28 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 28 de marzo de 2019Tema: Programas e plansCentros plurilingüesEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2019/2020

Mér, 10/04/2019 - 10:21
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2019-2020.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2019.
  File:  Resolución do 28 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 28 de marzo de 2019Tema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2019/2020

Mér, 10/04/2019 - 10:15
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2019-2020.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2019.
     
File:  Resolución do 28 de marzo de 2019 (DOG) Resolución do 28 de marzo de 2019Tema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: Educación infantilColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Resolución pola que se seleccionan os centros que conforman a Rede galega de dinamización da FP dual e se nomean as persoas responsables da dinamización da FP dual

Mar, 09/04/2019 - 15:54
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve seleccionar os centros educativos que, con carácter experimental, conformarán a Rede Galega de Dinamización da FP dual e nomear as persoas responsables da dinamización da FP dual en cada centro.

 

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades para a especialidade de linguaxe musical (594460)

Mar, 09/04/2019 - 15:27
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460)

Resolución do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical (594460).

 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca a importancia do esforzo para traballar o talento das persoas

Mar, 09/04/2019 - 13:34
Summary: A conselleira de Educación presidiu a entrega dos premios do certame SuperlíderesO concurso busca fomentar o espírito emprendedor entre escolares de 3º e 4º de Primaria Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega dos premios do certame Superlíderes, co que o seu departamento fomenta, motiva e sensibiliza ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor.

A titular do departamento de ensino da Xunta de Galicia explicou que para acadar as competencias que cada nena e neno participante neste concurso demostrou ter é necesario “esforzarse moito para converter o talento natural nun superpoder”. Neste sentido, comprometeuse a seguir afondando nesta iniciativa nos próximos cursos.

Carmen Pomar agradeceu tamén aos docentes dos centros educativos participantes o seu traballo. “O noso agradecemento por comprometerse con este programa piloto e poñer todo o seu esforzo para orientar as rapazas e rapaces no camiño de descubrimento e reforzo dos seus talentos”.

Os gañadores de 3º curso foron os seguintes:

Superpoder

Centro

Alumno/a

Dirección

CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra)

Aroa García

Negociación

CEIP Flavia (Padrón)

Víctor Abascal

Persuasión

CEIP Flavia (Padrón)

Lois García

Comunicación

CEIP Flavia (Padrón)

Érika Červeňák

Enxeño

CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle (Ourense)

Maimouna Koulén

Motivación

CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra)

Andrea Fraguas

No caso de 4º curso, os gañadores foron:

Superpoder

Centro

Alumno/a

Dirección

CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)

Aroa Riveiro

Negociación

CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)

Gabriela Leis

Persuasión

CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela)

Diego Martínez

Comunicación

CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)

Celtia Lustres

Enxeño

CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela)

Diana García

Motivación

CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)

Iria Riveiro

 

Pola súa banda, o premio Supercole, ao centro participante que acadou un maior número de gañadores ao longo das diferentes fases do concurso en cada unha das modalidades foi para o CEIP Flavia (Padrón)

Ademais dos diplomas acreditativos as gañadoras e gañadores recibiron, en función da categoría, kits de robótica e drons como agasallo.

Enmarcado no Plan Eduemprende, Superlíderes propuxo 6 competencias que os escolares tiveron que practicar e fortalecer na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

eduemprendeEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para mantemento de vehículos (591209)

Mar, 09/04/2019 - 13:04
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209)

Resolución do 9 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substit ucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209).

  • Prazo para formular reclamacións de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución non portal educativo

 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

A Xunta licita por máis de 1,4 millóns de euros a rehabilitación integral do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

Mar, 09/04/2019 - 10:26
Summary: O obxectivo da actuación é resolver as patoloxías que as instalacións do instituto foron acumulando a través da súa historia Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma de contratación pública de Galicia a licitación da primeira fase da obra de rehabilitación integral do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña, por un importe de 1.416.713,58 euros. O obxectivo desta actuación é resolver as patoloxías que as instalacións deste instituto foron acumulando a través da súa longa traxectoria en funcionamento, de máis de 150 anos. Así mesmo, búscase mellorar o  confort térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio.

Cómpre ter en conta a dificultade engadida que estas especiais características supoñen para a obra de rehabilitación. Non en balde, o volume histórico do edificio está cualificado e protexido como edificio de excepcional valor arquitectónico integral, mentres que o ampliado no ano 1961 posúe unha cualificación de edificio de especial significación arquitectónica ambiental.

O proxecto de rehabilitación contempla actuacións sobre as cubertas, as fachadas e as carpinterías exteriores, así como sobre a pintura interior, os falsos teitos e as luminarias. Deste xeito, reporanse as partes danadas das cubertas e dos canlóns para garantir a estanqueidade da cuberta e renovaranse as baixantes por unhas novas de zinc.

No referido ás fachadas, no edificio histórico sanearase e renovarase completamente o revestimento existente sobre os muros de pedra e, nas zonas onde a pedra queda á vista, procederase a limpala e saneala para eliminar a sucidade orgánica e inorgánica que acumula. Ademais, aplicarase un tratamento consolidante natural para evitar a disgregación da parte superficial do material. No edificio moderno realizarase unha limpeza xeral dos paramentos existentes para, a continuación, actuar en función das necesidades de cada parte, aplicando illamento térmico ou un revestimento acrílico.

A falta de estanqueidade e illamento das carpinterías exteriores actuais solucionarase ben mediante a súa restauración, ben a través da súa substitución por unhas novas de madeira ou aluminio con rotura de ponte térmica. A decisión entre unha ou outra opción tomarase en base a criterios técnicos en función do estado de conservación das fiestras actuais.

En canto ás actuacións que se desenvolverán no interior, mudaranse os falsos teitos existentes nas aulas de Bacharelato e instalaranse nas de ESO. Así mesmo, pintaranse os paramentos interiores dos edificios, as varandas, radiadores e tubaxes; e renovarase a instalación de iluminación de todo o centro, colocando luminarias LED de menor consumo.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar sinala como un referente na comunidade educativa a semana cultural do IES Antonio Fraguas Fraguas

Lun, 08/04/2019 - 15:38
Summary: A conselleira de Educación presentou a conferencia coa que Víctor F. Freixanes inaugurou o evento Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou hoxe a conferencia coa que o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes inaugurou a Semana Cultural Antonio Fraguas. Un evento organizado polo IES santiagués do mesmo nome que, segundo sinalou a conselleira, é un referente na comunidade educativa. “Proxectos coma este danlle sentido ao meu labor, posto que reflicten o interese e o compromiso dos membros desta comunidade educativa co estudo e o coñecemento”, dixo.

Tras felicitar a alumnado, docentes e familias por esta iniciativa, a conselleira quixo tamén destacar a importante traxectoria vital e cultural do responsable da conferencia inaugural, Víctor F. Freixanes.

Pomar fixo, así mesmo referencia ao homenaxeado nesta Semana Cultural, Antonio Fraguas Fraguas, a quen tamén se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. “Unha persoa boa e xenerosa, un mestre con verdadeira entrega e vocación ao ensino e cun fondo respecto e sentimento de amor a Galicia”, destacou. Neste sentido, convidou ao alumnado a coñecer o seu legado, que “tras unha longa vida dedicada ao estudo das raíces galegas, representa «a esencia patrimonial do que somos», en palabras do presidente da Real Academia Galega".

Tras o relatorio de Víctor F. Freixanes, o acto de inauguración rematou coa plantación dun carballo procedente de Cotobade, terra natal de Antonio Fraguas Fraguas.

A Semana Cultural sobre Antonio Fraguas celébrase ata o 12 de abril e inclúe actividades variadas, como unha ruta teatral e musical, conferencias arredor da figura do homenaxeado, proxección de documentais, obradoiros, xogos populares e mesmo un desfile de traxe galego acompañado de música e baile tradicional. Este evento forma parte, ademais, das actividades coas que se conmemora o Día das Letras Galegas.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Máis de 80 escolares compiten mañá en Santiago por ser Superlíderes

Lun, 08/04/2019 - 12:25
Summary: O certame, impulsado pola Consellería de Educación, ten como obxectivo fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor Idioma Gallego

Máis de 80 escolares van competir mañá en Santiago por ser Superlíderes na fase final do certame organizado con este nome pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do Plan Eduemprende. O obxectivo do concurso é fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor.

Para iso, Superlíderes propón 6 competencias que os escolares tiveron que practicar e fortalecer na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Esta fase final, o Día dos Superlíderes, enfrontará o alumnado de cada nivel (3º e 4 curso) por roles, expoñendo en quendas de 3 minutos dúas solucións aos retos propostos. O reto final buscará demostrar as habilidades de improvisación e resolución inmediata mediante as habilidades de liderado obxecto deste programa.

Os centros participantes na final son os seguintes:

Provincia

Concello

Centro educativo

A Coruña

Ames

CEP Plurilingüe de Ventín

A Coruña

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe La Inmaculada

A Coruña

Padrón

CEIP Flavia

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle

Pontevedra

Poio

CEIP de Espedregada

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Ponte Sampaio

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Atalaya – Cantabria

Os premios, un individual por rol e nivel e un premio grupal para o centro educativo que obtivese unha mellor valoración, entregaranse tamén no Día dos Superlíderes. Ademais destacaranse dous Dreamteams (un de 3º e outro de 4º) integrados, en cada nivel, polo alumnado que mellor puntuación obtivese en cada rol.

O certame Superlíderes arrincou o pasado outono, coa sesión Adestrando Superpoderes na que se lles ofreceu información e orientación ao respecto aos docentes dos centros educativos participantes. A continuación, púxose a disposición de alumnado e profesorado tres itinerarios de aprendizaxe.

Baixo o título Os 6 Superpoderes, o primeiro itinerario baseouse en seis infografías coas que traballar na aula os seis superpoderes. Cinco infografías entregáronse xa deseñadas, buscando a súa interpretación compartida na aula e a sexta, que levaba por título Superlíder, foi elaborada integramente na clase, tomando como modelo as cinco anteriores e deixando aberto o seu deseño ao enxeño e imaxinación de cada grupo.

O segundo itinerario, Empodérate, buscou poñer a proba e incrementar os coñecementos aprendidos no primeiro itinerario. Para iso, o alumnado agrupado en equipos de 6 membros accedeu a un divertido xogo en liña co que adestrou cada un dos seis Superpoderes a través da realización de 30 misións, cinco por superpoder. Ao final de cada misión cada equipo atopaba unha clave que lle permitía acceder á seguinte misión. O equipo que conseguía en menos tempo todos os Superpoderes obtiña o seu diploma de Superlíder.

No terceiro itinerario, Desafío Superlíder, participou o equipo que antes acadou o seu diploma de Superlíder en cada un dos centros participantes, capitaneado por un docente. A cada escolar foille asignado un rol a desempeñar: motivador/a, enxeñeiro/a, comunicador/a, ilusionista, negociador/a e director/a. Unha vez cos papeis asignados, o responsable de cada rol realizou o seu propio reto en liña. Os centros deberon presentar a solución dos seis retos do seu nivel xunto coa proposta da infografía de Superlíder antes de participar na fase final que se celebra mañá en Santiago de Compostela.

Premios autonómicoseduemprendeEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat BachiBac

Lun, 08/04/2019 - 09:44
Idioma Gallego

Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2018/2019 e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento.

File:  Resolución do 3 de abril de 2019 Anexos I e V Anexo II: Listado alumnado Anexo III: Acta de avaliación Anexo IV: ATTESTATION Francés-Español Anexo IV: ATTESTATION Francés-GalegoTema: PlurilingüismoProgramas e plansEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Educación convoca o primeiro concurso de Podcast de radio elaborados na biblioteca escolar

Dom, 07/04/2019 - 10:50
Summary: O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego, ao tempo que se afonda no uso da radio na biblioteca como ferramenta pedagóxica Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de convocar o I Concurso de Podcasts, dirixido a centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar.

O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Por iso, e dado que o Día das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antón Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast deberá ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vínculo coa contorna de cada centro educativo participante.

Así mesmo, preténdese afondar no traballo que desde as bibliotecas escolares se está a facer arredor da radio. Trátase de converter estes espazos en laboratorios creativos de aprendizaxe, xa que son unha ferramenta de gran potencial pedagóxico no reforzo das prácticas comunicativas do alumnado e da súa motivación para participar en proxectos colaborativos nos que se traballan distintas habilidades e competencias.

Establécense catro modalidades (alumnado de Infantil e 1º e 2 de Primaria, de 3º a 6º de Primaria, de Secundaria e, por último de Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas e FP) e en cada unha delas seleccionaranse os dous mellores podcast. Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán unha asignación de 1.000 euros para melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca. Así mesmo, poderán visitar as instalacións da Radio Galega en San Marcos para coñecer o traballo real nun estudo de radio.

Os podcast premiados serán emitidos pola Radio Galega, ademais de ser difundidos a través da súa web e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas cos gañadores na programación especial da emisora co gallo do Día das Letras Galegas.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 30 de abril de 2019. Os centros interesados en participar poderán enviar entre 1 e 3 podcast, cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5. O arquivo sonoro, en formato mp3 ou wav, pode ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un noticieiro, un faladoiro, un debate, un monográfico, ou o outro tipo de programa sempre e cando estea realizado en lingua galega.

Bibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Un total de 1.154 universitarios que participan no Programa Erasmus+ recibirán as axudas complementarias de educación

Sáb, 06/04/2019 - 20:45
Summary: A Consellería vén de publicar a resolución da convocatoria deste ano, á que se destinarán 1.751.000 euros Con estas bolsas os estudantes galegos reciben unha contía autonómica que oscila entre os 500 e os 2.255 euros en función do país de destino, a maiores da axuda comunitaria Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Portal Educativo -e no DOG nos próximos días- a resolución da convocatoria de axudas complementarias para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que durante o actual curso 2018/19 participa no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus+. En total, concedéronse 1.154 axudas, para o que a Consellería destina este ano unha contía de 1.751.000 euros

Do total das axudas concedidas, 454 son para estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 275 para os da Universidade da Coruña (UDC) e 438 para os da Universidade de Vigo (UVigo). Dos beneficiarios, 488 son homes e 666 mulleres.

En canto á contía total que recibirán,  106 bolseiros contarán con entre 500 e 950 euros, 352 entre 950 e 1400 euros, 411 recibirán entre 1400 e 1850 euros e 285 contarán con entre 1850 e 2255 euros. Ademais, 606 alumnos recibirán 500 euros adicionais por nota de expediente.

No referido á distribución por países, 249 cursan o Erasmus en Polonia, 216 en Italia, 124 en Portugal, 86 en Romanía, 63 en Alemaña, 59 en República Checa, 54 en Reino Unido, 33 en Bélxica, 24 en Eslovenia, 24 en Hungría, 22 en Irlanda, 22 en Eslovaquia, 21 en Finlandia, 16 en Austria, 15 en Noruega, 15 en Turquía, 14 en Grecia, 11 en Lituania, 9 en Croacia, 8 en Holanda, 5 en Bulgaria, 5 en Suecia, 4 en Letonia, 3 en Chipre, 3 en Dinamarca, e 2 en Estonia.

Contías mensuais

A duración das axudas e a súa contía mantense invariable, despois do incremento do curso pasado, cando  o mínimo ao mes pasou de 105 aos 125 euros, a axuda intermedia de 145 a 165 e a máxima se elevou de 175 a 195 euros, en función dos países de destino. A convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración.

BolsasErasmusUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Alumnado
Categorías: Administración

A Xunta aposta por un sistema educativo comprometido coa igualdade baseado na coeducación e loita contra os estereotipos

Ven, 05/04/2019 - 18:28
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron hoxe no Foro Galego de Educación en Igualdade A Xunta aposta por un sistema educativo comprometido coa igualdade baseado na coeducación e loita contra os estereotipos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron hoxe no Foro Galego de Educación en Igualdade, no que consideraron prioritario abordar actuacións dirixidas a consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades para nenas e nenos sen estereotipos de xénero e baseado na coeducación.

A conselleira de Educación sinalou a necesidade de educar en igualdade “pois son os estudantes os que poden crear un mundo novo no que esa igualdade non sexa unha utopía, senón unha realidade”. “O xénero non pode ser, en ningún caso, unha limitación para o desenvolvemento persoal nos distintos ámbitos da vida”, aseverou.

Tal e como indicou a conselleira, neste momento o sistema educativo galego, ademais de como valor transversal, traballa tamén en prol da non discriminación por sexo e a corresponsabilidade a través de materias de libre configuración autonómica (Igualdade de Xénero, en 1º e 2º da ESO, e Coeducación para o Século XXI, en 1º de Bacharelato), e un ciclo de grao superior en Promoción e igualdade de xénero. Así mesmo desde a Asesoría de igualdade dáse resposta ás necesidades que a evolución social xera á hora de situar a igualdade como un elemento transversal na organización educativa e da vida nos centros.

Carmen Pomar quixo tamén agradecer a asistencia dos docentes a este foro, e sinalou a formación do profesorado como un dos piares básicos para acadar o obxectivo da igualdade. Este traballo fai posible que nese evento varios centros educativos expoñan as súas boas prácticas en materia de coeducación, en concreto os IES Xelmírez I de Santiago, Laxeiro de Lalín, Barraña de Boiro e Dionisio Gamallo de Ribadeo.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella comezou puntualizando que para conseguir unha sociedade respectuosa e inclusiva con todas as persoas, o traballo no ámbito educativo faise imprescindible. A existencia de roles, estereotipos e actitudes sexistas, para a secretaria xeral, perpetúan as desigualdades, polo que se fai preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas.

Neste sentido, destacou que a educación é un ámbito privilexiado para estimular estas transformacións. A coeducación supón unha estratexia de intervención educativa que parte da revisión das pautas sexistas da sociedade. Por ilo ten os obxectivos de promover un desenvolvemento integral da persoa, e á vez, producir cambios nas actitudes e no comportamento do alumnado.

Coeducar, rematou López Abella, significa educar ás persoas á marxe de todos os roles e estereotipos que a sociedade impón, co fin de facilitar as mesmas oportunidades e evitar que se inculquen diferenzas motivadas por ser homes ou mulleres.

Información xeralConsellería
Categorías: Administración

Proposta da comisión avaliadora de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+

Ven, 05/04/2019 - 18:23
Idioma Gallego

Proposta da comisión avaliadora de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participan en Erasmus Estudos no curso 2018/2019.

 

Anuncio principal: Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019Tema: BolsasErasmusEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Galicia participa na creación da Conferencia de Responsables Autonómicos de Universidade e Investigación, CRAU

Ven, 05/04/2019 - 13:02
Idioma GallegoSummary: Trátase dun órgano de cooperación, debate e discusión entre Comunidades Autónomas no ámbito da política universitariaO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, participou na xornada directores xerais de Universidade celebrada en Baleares Galicia participa na creación da Conferencia de Responsables Autonómicos de Universidade e Investigación, CRAU

Galicia participa na creación da CRAU (Conferencia de Responsables Autonómicos de Universidade e Investigación), un órgano de cooperación, debate e discusión entre CCAA en materia de política universitaria que se acaba de constituír en Baleares.

Este foi o acordo acadado no marco das Xornadas de Directores Xerais de Universidade celebradas entre onte e hoxe en Palma de Mallorca, onde se deron cita os responsables autonómicos de universidades, e onde en representación de Galicia participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

O encontro serviu de marco de traballo para abordar cuestións como os modelos de financiamento das universidades, o proxecto de Real Decreto para establecer o estatuto do persoal docente e investigador, as probas de acceso a universidade, a política de becas e axudas ao estudo, a modificación do Real Decreto que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e a investigación universitaria e a internacionalización, entre outras cuestións.

Actualmente, os responsables de universidade das diferentes comunidades autónomas tratan estes temas a través de grupos de traballo específicos que organizan eles mesmos ou o propio Ministerio. De aí a necesidade de constituírse nun foro estable como a CRAU co obxectivo de impulsar e consolidar espazos de debate e acadar posturas de consenso en torno a cuestións do ámbito universitario.

Ademais de Galicia, nas xornadas participaron os responsables das CCAA de Andalucía, Asturias, Baleares, Canarias, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Madrid, Navarra, País Vasco, Valencia e Navarra.

Información xeralUniversidade
Categorías: Administración

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2019

Ven, 05/04/2019 - 12:42
Idioma Gallego

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 8 ao 12 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut