Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 7 horas 39 min

Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Lun, 03/06/2019 - 11:33
Idioma Gallego

Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional durante o curso 2019/2020.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2019.
     
File:  Resolución do 29 de maio de 2019: Programa de innovación educativa “Club de Letras” Anexo I Anexo IITema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Administración

Educación premiará os centros educativos que fomenten a investigación e a reflexión no ámbito da igualdade, o respecto e a convivencia

Dom, 02/06/2019 - 11:00
Summary: A Consellería convoca o I Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón e o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019, que repartirá un total de 24 galardóns dotados con entre 500 e 5.000 euros por centro Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar os premios pola Igualdade Carmen López-Cortón e de Curtometraxes Alice Guy-Blaché 2019 cos que recoñecerá o labor dos centros educativos públicos e as boas prácticas docentes no ámbito da igualdade, o respecto e a convivencia co fin de fomentar estes valores entre o alumnado.

I Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón

Esta primeira convocatoria do Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón, xorde coa liña temática de traballo “Os estereotipos de xénero” para fomentar a reflexión, a análise crítica e a detección dos estereotipos de xénero. O obxectivo é que o alumnado asimile coñecementos e actitudes, así como unha distancia crítica necesaria para analizar o tratamento dos estereotipos de xénero no século XXI, especialmente nos medios de comunicación, a publicidade, a moda, as redes sociais e as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

O galardón leva o nome de Carmen López-Cortón, muller viaxada e políglota que desde moi cedo amosou grande interese pola educación das mulleres. Como mestra da Institución Libre de Enseñanza (ILE) publicou diversos traballos onde apostaba pola incorporación da muller á educación superior e promoveu actividades en prol das nenas máis desfavorecidas. Coa denominación deste galardón preténdese descubrir a súa esquecida labor ao tempo que incorporar novos referentes en prol da igualdade á comunidade educativa.

Poderán optar a este premio todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica, que dispoñen de prazo ata o 17 de outubro para presentar os traballos.

Tal como se establece nas bases -que poden consultarse no Portal Educativo- cada centro poderá presentarse a unha única categoría das tres estipuladas. A categoría A está dirixida a alumnos de 5º e 6º de Primaria e a temática versará sobre os estereotipos vinculados aos roles de xénero así como sobre alfabetización audiovisual que protexa ao alumnado da normalización de imaxes inadecuadas ou dun tratamento marcadamente estereotipado dos homes ou/e das mulleres.

A categoría B vai dirixida a alumnos de 1º e 2º de ESO e a C para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP Básica. Nestes dous casos deberán presentarse textos de ensaio e reflexión, pezas audiovisuais, textos e imaxes da prensa periódica, publicidade ou fotografías que procuren unha mirada crítica transversal. Así mesmo, analizarase o tratamento dos estereotipos de xénero nos medios de comunicación, a publicidade, as redes sociais e as TICs.

A Consellería repartirá tres premios e 1 accésit para cada unha das categorías, dotados con 5.000 euros no caso do gañador, 2.500 euros para o 2º premio, 1.000 euros para o 3º e 500 euros para cada accésit.

Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché

Baixo o lema “Facemos Historia pola Igualdade” a Consellería convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.

Con este premio búscase recoñecer o traballo de investigación e afondamento daqueles fitos históricos, persoeiros, testemuñas ou discursos que contribuíron á creación dunha conciencia de igualdade entre homes e mulleres.

Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.

Os centros dispoñen de prazo ata o 15 de novembro para presentar os traballos. As bases poden consultarse no Portal Educativo.  

Ao igual que no caso dos Carmen López-Cortón, no premio de Curtametraxes repartiranse  tres premios e 1 accésit para cada unha das categorías (A para 5º e 6º de primaria, B para 1º e 2º de ESO, e C para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP Básica), dotados con 5.000 euros no caso do gañador, 2.500 euros para o 2º premio, 1.000 euros para o 3º e 500 euros para cada accésit.

IgualdadePremios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2019

Ven, 31/05/2019 - 08:38
Idioma GallegoPublicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

A partir do día 3 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018-2019).
 

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Educación abre o prazo para que os centros se incorporen ao STEMbach, o bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, o vindeiro curso escolar

Xov, 30/05/2019 - 09:00
Summary: O obxectivo desta iniciativa, enmarcada dentro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, é promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado, en conexión coa universidade e tendo en conta a perspectiva de xéneroEste bacharelato -que cursan actualmente 200 alumnos de 15 centros educativos- inclúe un proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, abre o prazo para que os Institutos de Educación Secundaria que o desexen incorporen o vindeiro curso escolar o STEMBach, o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía que se implantou por primeira vez en Galicia o curso pasado como experiencia piloto. A convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

O obxectivo deste bacharelato -enmarcado na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020- é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades, na de Ciencias ou na de Ciencias ou Artes-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.

Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.

O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.

Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.

No presente curso 200 alumnos de 15 centros educativos cursan por primeira vez este ano o Stembach en Galicia.

EscolarizaciónBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019

Mér, 29/05/2019 - 13:58
Idioma Gallego

Xúntanse as Resolucións de 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres  da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e a proba de acreditación de coñecemento de lingua castelán nos citados procedementos selectivos.

 

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para as especialidades de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Mér, 29/05/2019 - 10:02
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Resolución do 23 de maio de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202).

  • Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/2020

Mér, 29/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.

  •   O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contactos coas Universidades para establecer colaboracións:

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

 

File:  Resolución do 22 de maio de 2019 (DOG) Resolución do 22 de maio de 2019 Anexo ITema: EscolarizaciónEnsinanza: BacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019

Mér, 29/05/2019 - 08:50
Idioma Gallego

Orde do 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 6 de xuño de 2019 e rematará o día 5 de xullo de 2019.
     
File:  Orde do 20 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 20 de maio de 2019 (DOG)Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Centros de ensino de Castroverde, Soutomaior e Pontevedra gañan o certame de oratoria ComunicaTedu

Mar, 28/05/2019 - 14:52
Summary: A conselleira de Educación presidiu a entrega de premiosO concurso, destinado a alumnado de ESO e 1º de bacharelato, centrouse nesta edición na igualdade e na prevención da violencia de xénero Idioma Gallego

A conselleira  de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega dos premios do concurso de oratoria ComunicaTedu, organizado polo seu departamento co obxectivo de que o alumnado afonde na adquisición da competencia en comunicación lingüística, desta vez en relación coa temática de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Os primeiros premios (dotados con 2000 €) foron para o CPI Plurilingüe de Castroverde (Castroverde) na categoría de ESO e para o IES de Soutomaior (Soutomaior) na de Bacharelato. O segundo (dotado con 1500 euros) foi para o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) na categoría de ESO.

Durante a súa intervención a conselleira salientou o traballo realizado polos participantes durante o curso, “co apoio e guía das vosas titoras e titores, que permitiu a sensibilización da comunidade educativa dos vosos centros en temas de fondo calado social”. “Temas como a coeducación e a igualdade, que son un compromiso firme que temos na Consellería de Educación para garantir un modelo educativo baseado no respecto e na liberdade”, sinalou.

Carmen Pomar destacou ademais que as exposicións presentadas hoxe son resultado de promover “unha educación activa, con metodoloxías innovadoras e traballando por proxectos”, e lembrou que o concurso naceu da man da materia de Oratoria e que este curso estiveron tamén implicadas as materias de Igualdade de Xénero, Sociedade Inclusiva e Coeducación para o século XXI.

Igualdade

O concurso baséase na preparación dunha intervención por cada equipo de estudantes participante sobre un tema determinado, e na súa gravación para sometela á avaliación do xurado.

Unha vez seleccionadas, as 7 intervencións mellor valoradas –recoñecidas cun diploma que acredite esta distinción- participaron hoxe na fase final do certame, na que as alumnas e alumnos realizaron de novo a súa exposición para a súa gravación definitiva e difusión a través do portal educativo.

Este ano o certame centrouse na igualdade e na prevención da violencia de xénero. Deste xeito, o concurso complementa a oferta de Oratoria como materia de libre configuración autonómica en 1º e 2º de ESO, así como –pola temática escollida este ano– as materias de Igualdade de Xénero, Sociedade Inclusiva e Coeducación para o século XXI. En total participaron un total de 12 equipos de 6 centros educativos de toda Galicia.

Premios autonómicosEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

A 11ª Semana da Música do IES Xunqueira II (Pontevedra) mostra o centro como un referente en calidade educativa

Mar, 28/05/2019 - 12:00
Summary: A conselleira de Educación asistiu hoxe a esta actividadeA iniciativa forma parte das actividades que o instituto desenvolve dentro dos contratos-programa, dos que este curso desenvolve as sete liñas de actuación existentesO centro forma parte tamén do Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento Piteas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu hoxe ás actividades da 11ª Semana da Música do IES A Xunqueira II, en Pontevedra, un evento xa tradicional que mostra o centro como un referente en calidade educativa. De feito, esta iniciativa forma parte das actividades que o instituto desenvolve dentro dos contratos-programa, en concreto na liña de Mellora do nivel de coñecemento para acadar a excelencia. Dentro desta mesma liña de actuación, o centro desenvolve tamén o Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento Piteas.

A conselleira felicitou o equipo directivo e docente do IES polo seu compromiso co reforzo do alumnado con máis dificultades, coa mellora das competencias clave, coa prevención do abandono temperá, coa excelencia, coa igualdade e coa mellora da xestión do centro. Non en balde, o IES desenvolve a totalidade das setes liñas de actuación que se ofertaron este curso na convocatoria de contratos-programa.

O IES A Xunqueira II está tamén implicado en diferentes iniciativas da Estratexia Galega para a Educación Dixital 2020 (Edudixital), ao abeiro da que participa no programa de libro electrónico E-Dixgal desde o curso 2017/18, así como nos Espazos Maker, concibidos como zonas específicas dentro dos centros escolares, dotadas cos medios tecnolóxicos necesarios para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos propios de experimentación, isto é, “aprender facendo”. Así mesmo, levan dous cursos desenvolvendo o Club de Ciencia, unha iniciativa da Consellería que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.

Carmen Pomar salientou que o IES participa tamén en numerosos programas do Plan Proxecta (Aliméntate ben, Proxecto deportivo de centro, Donas de si, Consumópolis, Parlamento Xove, Liga de debate forestal, Educación patrimonial e Formando creador@s.), impulsados por diferentes departamentos da Xunta de Galicia. Ademais, a biblioteca do centro conta cunha ampla experiencia no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) e desenvolve un club de lectura que conta co apoio da Consellería a través da correspondente convocatoria.

A 11ª edición da Semana da Música do IES A Xunqueira II desenvólvese ata o próximo venres. Na xornada de hoxe o alumnado puido gozar da actuación musical das compañeiras e compañeiros do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Ao longo da semana, ademais dos propios estudantes do IES A Xunqueira II, pasarán tamén polo escenario o CPR Eduardo Pondal (Cangas) e o CEP Campolongo (tamén da cidade do Lérez).

Ás diferentes actividades asisten tanto as alumnas e alumnos do centro como, na xornada do venres, rapazas e rapaces de 6º de primaria de diferentes centros da cidade e, en especial, dos adscritos a este instituto e que o vindeiro curso comezarán a estudar nas súas aulas. A actividade abrangue concertos, bailes, proxeccións e conferencias, e contempla actividades complementarias tanto dentro como fóra do centro educativo.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Educación convoca os premios extraordinarios de fin de carreira, que recoñecen a excelencia do alumnado universitario en Galicia

Mar, 28/05/2019 - 10:55
Summary: Vai dirixido aos estudantes que remataron os seus estudos universitarios no ano 2018Os interesados dispoñen de prazo ata o 28 de xuño para optar ao galardón, dotado con ata 3.000 euros por premiado Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar os premios extraordinarios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O obxectivo destes galardóns é recoñecer as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia. Para tal fin, o departamento que dirixe Carmen Pomar destina un orzamento de 222.000 euros. Cada un dos galardoados acadará un premio de ata un máximo de 3000 euros e un diploma acreditativo, o que supón un recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Requisitos

Poderá optar a este premio o alumnado universitario que cursase de forma íntegra os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do SUG, e que teña acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8'5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7'5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Os requirimentos e forma de presentación de solicitudes poden consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Ao igual que o ano pasado, o número de premios virá determinado polo número de persoas egresadas na mesma titulación. Deste xeito, aquelas con ata 199 persoas egresadas optarán a un premio, as que teñan entre 200 e 299 a dous e as que conten con 300 ou máis persoas optarán a tres premios. O número de persoas en cada titulación estará verificado pola certificación emitida polos servizos administrativos das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Premios autonómicosUniversidadeServizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnado
Categorías: Administración

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Mar, 28/05/2019 - 08:51
Idioma Gallego

Orde do 8 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xuño (incluído)
     
File:  Orde do 8 de maio de 2019 (DOG) Extarcto da Orde do 8 de maio de 2019 (DOG)Tema: Premios autonómicosEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca a entrega ao ensino de Andria Zafirakou, gañadora do Global Teacher Prize

Lun, 27/05/2019 - 19:10
Summary: A conselleira de Educación presentou o relatorio desta docente no ciclo de conferencias Diálogos de educaciónO Centro de Formación e Recursos de Pontevedra organiza esta actividade co gallo do seu 25 aniversario Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou hoxe o relatorio co que a profesora gañadora do Global Teacher Prize, Andria Zafirakou, pechou o ciclo de conferencias dos Diálogos de Educación organizados polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra, dependente do departamento educativo da Xunta de Galicia.

A conselleira destacou a figura de Zafirakou “á que o seu alumnado considera unha heroína e da que os seus compañeiros destacan a súa enerxía e entusiasmo contaxiosos, que os impulsa a chegar máis lonxe nos seus proxectos”. Carmen Pomar explicou que esta docente, para gañar a confianza do seu alumnos e as súas familias, aprendeu as palabras básicas das súas 35 linguas natais, modificou o currículo para facelo relevante para as distintas comunidades e abriu horas extraescolares para que os menores que non poden estudar na casa o poidan facer na escola, entre outras accións significativas.

“Permítanme que comparta a miña admiración por ela e a honra que supón para min ter a ocasión de darlle a palabra á galardoada como mellor profesora do mundo, unha persoa que adora o que fai e que non se imaxina facendo ningunha outra cousa”, dixo a conselleira.

Andria Zafirakou recibiu o prestixioso recoñecemento Global Teacher Prize 2018 polo seu traballo como docente de alumnado e familias dun dos barrios máis deprimidos de Londres, o de Brent. Zafirakou traballa tanto co alumnado como coas súas familias para chegar á complexidade de cada unha delas e deseñar desde ese coñecemento o plan de estudos. Ademais desenvolveu iniciativas como a creación de horarios específicos de deporte como o cricket para nenas, de tal forma que poidan participar as das familias máis conservadoras.

Entre outros logros, froito do seu traballo como profesora de arte e téxtiles, a escola na que traballa (Alperton) recibiu o estatus de escola especializada en artes visuais. Ademais, Alperton está no grupo do 5% de escolas que melloraron o rendemento do alumnado e gañou o premio Marca de Platino de Desenvolvemento Profesional do Instituto de Educación (contan con el menos de 10 escolas).

Diálogos de Educación

O relatorio de hoxe pecha o ciclo de conferencias Diálogos de Educación, organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra co gallo do seu 25 aniversario, e no que se se abordan temas de actualidade no eido do ensino. O obxectivo do ciclo foi dar a coñecer distintas visións dos modelos educativos e reflexionar sobre a importancia da implicación de todos os membros da comunidade escolar, co fin de formar a un profesorado que dea respostas ás necesidades e demandas da sociedade (pluriligüismo, traballo colaborativo, potenciación de ámbito STEM ...)

Desde o inicio das sesións, en novembro de 2018, participaron nesta actividade o gañador da primeira medalla da esgrima española nuns Xogos Olímpicos (en Pequín 2008), José Luis Abajo Pirri, o membro do gabinete do Comisario europeo de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes, Rodrigo Ballester; o filósofo, ensaísta e pedagogo José Antonio Marina, o doutor en Bioloxía e profesor de xenética da Universidade de Barcelona David Bueno e o psiquiatra, investigador e profesor Luis Rojas-Marcos.

Actividades presenciaisConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Formación do ProfesoradoProfesorado
Categorías: Administración

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B. Primeira convocatoria 2019

Lun, 27/05/2019 - 15:42
Idioma Gallego

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

O chamamento para a realización da proba terá lugar o sábado 1 de xuño ás 10:00 horas nos enderezos que se indican na listaxe.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Os centros poderán solicitar incorporarse ao programa de plurilingüismo na formación profesional ata o 21 de xuño

Lun, 27/05/2019 - 13:50
Summary: A Consellería de Educación publicou a resolución no Diario Oficial de GaliciaRefórzase a aposta polas linguas estranxeiras coa extensión das actividades complementarias a todos os centros e coa incorporación dun módulo de idioma nos novos títulos de FP que se implanten o vindeiro cursoComo novidade inclúese a posibilidade de que ao remate de cada etapa educativa o alumnado do programa plurilingüe en FP poda participar nunha proba de avaliación de nivel Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que anuncia a regulación dos ciclos formativos plurilingües para o curso 2019/20. Os centros educativos interesados poderán solicitar que se lle autorice a impartición de ciclos plurilingües ata o 21 de xuño.

O alumnado que se incorpore a un ciclo formativo plurilingüe cursará cando menos no primeiro curso do ciclo, un módulo non lingüístico en lingua estranxeira. O número de módulos que se cursen en lingua estranxeira poderá ampliarse ata un terzo do horario en lingua estranxeira. O centro educativo ofrecerá tamén unha actividade formativa extracurricular de carácter voluntario para o alumnado, no primeiro e no segundo curso do ciclo, cunha carga horaria semanal de dous ou tres períodos lectivos fóra do horario ordinario do alumnado. Esta actividade formativa terá por obxecto principal o afondamento e a adquisición de destrezas no idioma elixido para impartir o ciclo plurilingüe, que sexan específicas do sector profesional ou do ámbito produtivo no que se estea a formar o alumnado.

Así mesmo, ao longo dos dous cursos do ciclo o alumnado realizará actividades complementarias de formación organizadas polo centro educativo, como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada de 40 horas, e que se desenvolverán tamén fóra do horario ordinario do alumnado.

A realización destas actividades complementarias estenderase de xeito progresivo a partir do curso 2019/20 a todos os ciclos formativos xa implantados, comezando polos ofertados polos Centros Integrados de Formación Profesional e por aqueles ofertados baixo a modalidade de Formación Profesional Dual. Así mesmo está previsto que os novos títulos de FP que se implanten o vindeiro curso incorporen un módulo profesional de idioma.

Como novidade nesta convocatoria inclúese a posibilidade de que ao remate de cada etapa educativa, co fin de verificar o grao de dominio da lingua estranxeira, o alumnado do programa plurilingüe poda participar no procedemento de avaliación que determine a Consellería.

Dous anos de desenvolvemento

Os centros docentes que desexen incorporarse ao programa de plurilingüismo na FP realizarán a solicitude no modelo que se xunta na resolución, ao que engadirán o proxecto de desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües, coa concreción para o primeiro curso e a planificación para o segundo curso. Deberán comprometerse a desenvolver os ciclos formativos plurilingües, cando menos durante dous anos, de tal xeito que o alumnado que se incorpore no primeiro curso poida completar os dous cursos do ciclo formativo.

Ademais deberán contar con profesorado para impartir os módulos plurilingües, que deberá acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O alumnado, pola súa banda, disporá de formación específica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior ao remate da etapa.   

Mellora das competencias

Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade favorecer a mellora das competencias lingüísticas do alumnado da FP galega e, con isto, a súa inserción laboral, a través da consecución de habilidades de comunicación oral e escrita nunha lingua estranxeira e da adquisición de destrezas de comunicación específicas do sector profesional ou ámbito produtivo no que se estea a formar o alumnado. Isto repercute ademais nunha maior competitividade dos sectores produtivos, dado que as empresas precisan formación en competencias lingüísticas.

O programa PluriFP enmárcase na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020 (EDUlingüe), que ten entre os seus obxectivos impulsar a aprendizaxe de idiomas estranxeiros e recolle a súa extensión á formación profesional cos ciclos formativos plurilingües.

PlurilingüismoFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2019/2020

Lun, 27/05/2019 - 09:15
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20.

 

Anuncio principal: Instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020Tema: Acceso á universidadeEnsinanza: BacharelatoDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar sinala o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do sistema educativo”

Ven, 24/05/2019 - 13:18
Summary: A conselleira presidiu o acto de entrega dos premios vencellados a este programaResultaron galardoados dez centros educativos de toda Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, sinalou hoxe o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”. Fíxoo no acto de entrega dos Premios Proxecta 2018, que recoñecen o traballo destacado de centros participantes neste programa, “un merecido recoñecemento a unha traxectoria coherente e esforzada. Sodes, así, exemplo para o resto da comunidade educativa, un modelo a seguir”, dixo a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia.

Das iniciativas galardoadas a conselleira destacou “a súa preocupación por unha educación en valores, a vida saudable, a defensa do medio ambiente, a promoción da contorna rural ou a protección do noso patrimonio máis próximo”. Neste sentido lembrou que para saír adiante estes proxectos precisaron dun traballo de coordinación e cooperación entre diversos departamentos do Goberno galego, así como con outras entidades. “Grazas a todos eles logramos integrar dinámicas que incentivan a creatividade, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e, por suposto, o traballo en equipo e en rede”, dixo.

Carmen Pomar quixo, así mesmo, agradecer o labor dos docentes implicados no desenvolvemento destes traballos. “Confiastes nos proxectos, puxestes neles toda a ilusión e o esforzo. É bonito ver premiada a capacidade de promover unha educación activa e a contribución á mellora da calidade educativa”, rematou.

Galardoados

Na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba), o segundo para o CEIP de Piñeiros (Narón) e os terceiros para o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene) e o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas). Ademais, concedeuse un accésit ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras).

No referido á categoría B, dirixida aos centros públicos integrados (CPI), institutos de educación secundaria (IES), centros integrados de formación profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio foi para o IES de Cacheiras (Teo), o segundo para o CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e os terceiros para o CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra) e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra). A maiores, concedeuse un accésit ao IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova). A dotación total dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros cada un, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 43 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros. No actual curso 2018/19 participan no Plan Proxecta 542 centros de ensino e preto de 138.000 alumnas e alumnos.

Premios autonómicosPlan ProxectaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut