Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 20 horas 21 min

Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020

Xov, 05/09/2019 - 09:58
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Convocatoria de 5 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto  das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas) ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2019/2020.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2019.
     
File:  Convocatoria de 5 de setembro de 2019Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Xov, 05/09/2019 - 09:44
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Orde do 30 de agosto de 2019 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 convocados pola Orde do 28 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril).

 

Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: BacharelatoDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar visita as obras de rehabilitación integral do CEIP do Hío, en Cangas, nas que Educación inviste máis de 800.000 euros

Mér, 04/09/2019 - 16:10
Summary: A conselleira especificou que os traballos vanse levar a cabo con todas as medidas de seguridade e non van interferir na actividade escolar Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, achegouse esta mañá ao CEIP do Hío, en Cangas, para comprobar in situ o desenvolvemento dos traballos de rehabilitación integral (enerxética e funcional) que o seu departamento está levando a cabo neste centro, e que supoñen un investimento de 810.000 euros.

Neste CEIP as actuacións abranguen o illamento de fachadas, a colocación dun panel sándwich na cuberta do ximnasio, a instalación de novas ventás de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, así como luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza. A combinación destas actuacións levarán consigo un aforro do 42,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 45,90 % en emisións de CO2.

Neste caso a rehabilitación integral inclúe tamén a instalación dun aerotermo no ximnasio, a renovación das persianas e das caixas das mesmas, a colocación de falso teito acústico nas aulas, a substitución da carpintería interior, o pintado de paramentos interiores e portas e o pulido do pavimento de terrazo.

Canto ao desenvolvemento da obra, Carmen Pomar subliñou que os traballos do interior das aulas -a excepción da planta -2 que non se usará- estarán rematados no inicio do curso, polo que as clases poderán desenvolverse con normalidade desde o próximo mércores, xa que os traballos pendentes son compatibles coa actividade docente.

Deste xeito, tralo inicio do curso, tan so quedarían pendentes as actuacións desa planta -2,  na que se seguirá traballando sen interferir sobre o desenvolvemento das clases; así como nos traballos de exterior, todas elas con todas as medidas de seguridade establecidas no Plan de Seguridade e Saúde.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca un investimento de máis de 1 millón de euros na rehabilitación integral do IES Illa de Tambo (Marín)

Mér, 04/09/2019 - 12:20
Summary: A conselleira de Educación comprobou hoxe o avance das obras A actuación forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o IES Illa de Tambo, onde destacou que o seu departamento está a realizar un investimento de 1.090.880,60 euros nunha obra de rehabilitación integral. Tal e como sinalou, trátase dunha actuación que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia e é posible grazas ao anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018.

A obra inclúe accións para a mellora da eficiencia enerxética como o illamento da fachada mediante sistema SATE, a renovación e illamento das cubertas con panel sándwich no edificio administrativo e no aulario e o revestimento interior das fachadas e da cuberta do ximnasio con chapa de aceiro prelacada, que conta con illamento incorporado.

Así mesmo, cambiaranse as ventás por outras novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo, instalaranse novas persianas con lamas de aluminio con illamento a base de espuma de poliuretano e renovaranse as luminarias, colocando equipos de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza nas aulas que teñen luminarias fluorescentes. Ademais instalarase unha nova sala de caldeiras de biomasa e 3 silos prefabricados. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 72,60 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 80,20 % en emisións de CO2.

No relativo ás melloras funcionais, substituiranse os falsos teitos en mal estado por un falso teito rexistrable de paneis acústicos, limparanse e pintaranse os paramentos interiores e realizaranse varias melloras nas instalacións de electricidade. Así mesmo, construirase unha rampla de acceso ao ximnasio para mellorar a accesibilidade.

Durante a súa visita a conselleira animou ao centro a continuar implicándose no desenvolvemento dos programas educativos impulsados desde o seu departamento. Non en balde o IES Illa de Tambo forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( PLAMBE), desenvolveu o pasado curso dúas liñas dos contratos-programa (en concreto a de Reforzo, orientación e apoio e a dirixida ao reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica como modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo) e participou no Plan Proxecta.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

362 universitarios acadan os premios de excelencia académica 2017/18 que por primeira vez outorga a Consellería de Educación

Mér, 04/09/2019 - 10:42
Summary: Máis do 60 por cento das persoas premiadas son mulleresA Consellería destina un total de 440.000 euros a estes galardóns de nova creación, cos que se recoñece o mellor expediente académico de cada un dos cursos de grao (agás o último) nas tres universidades galegasO obxectivo é estimular o aproveitamento académico dos estudantes, incentivar a excelencia e apreciar o esforzo e compromiso que amosan co seu proceso formativo Idioma Gallego

Un total de 362 estudantes universitarios álzanse cos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que por primeira vez outorga a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe das e dos premiados que obtiveron as mellores cualificacións no curso 2017/18 nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao oficial, agás o último, e que continuarán os seus estudos nas universidades galegas.

A meirande parte dos premios (o 64,4%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de 6 de cada dez galardóns fronte ao 35,6% dos homes.

Por universidades, o 42,31% dos premios concedidos foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 31,04% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 24,65% para a Universidade da Coruña (UDC).

Estes premios son unha nova liña de axudas ao estudo da Consellería de Educación, co obxectivo de motivar o alumnado universitario para mellorar o seu currículo e recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. Trátase, por tanto, de estimular o aproveitamento académico dos estudantes e incentivar a excelencia co fin de seguir avanzando na construción dun Sistema Universitario Galego competitivo e de calidade.

A Consellería de Educación mobiliza un total de 440.000 euros de dotación orzamentaria nesta convocatoria, distribuídos a razón de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos

Cómpre lembrar que son as propias universidades as que seleccionan os expedientes académicos das persoas que, superando a totalidade dos créditos correspondentes a un curso académico completo segundo o plan de estudos na primeira convocatoria, obtivesen a maior nota media, sempre superior aos 8 puntos.

Concédeselle un premio por cada titulación oficial de grao e programas de simultaneidade de graos ao alumnado que finalizase os estudos de 1º, 2º e 3º curso. Quedan excluídos os de último ano por poderen optar aos premios fin de carreira que tamén convoca a Consellería. Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos de ditas titulacións, esténdese o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para os graos de 6 anos.

Esta nova liña de axudas enmárcase, ademais, no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia para o trienio 2018-2020, que lles permitirá dar un novo salto de calidade ás universidades galegas para seguir avanzando nun camiño de vangarda e excelencia. Ademais, veñen completar os Premios Fin de Carreira, que cada ano lles outorga a Consellería aos mellores expedientes dos egresados nas universidades do SUG.

Premios autonómicosUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesAlumnado
Categorías: Administración

Concesión dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/2018 nas universidades do SUG

Mér, 04/09/2019 - 10:28
Idioma Gallego

Orde do 19 de agosto de 2019 pola que se fai pública a resolución da orde de convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

 

Anuncio principal: Convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/2018 nas universidades do SUGTema: Premios autonómicosEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

A Consellería de Educación incorporará 30 centros públicos ao programa Radio na biblio

Mar, 03/09/2019 - 13:21
Summary: Ademais os 50 centros xa integrados na iniciativa poderán solicitar a súa renovación Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de abrir a convocatoria para que un total de 30 centros públicos se incorporen no curso 2019/20 ao programa Radio na Biblio, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia dos 50 centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.

Poderán participar na convocatoria os centros públicos de infantil, primaria, ESO, bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). A persoa responsable da biblioteca deberá coordinar e garantir a integración da iniciativa no centro. Os seleccionados recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio. Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os 50 centros que xa participan en Radio na Biblio deberán solicitar, se así o desexan, a súa continuidade no programa. Neste caso, recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de setembro e estas deberán remitirse mediante o formulario correspondente aloxado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Bibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

A Consellería de Educación inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación integral do CEIP Fogar (Carballo)

Mar, 03/09/2019 - 13:10
Summary: Carmen Pomar comprobou hoxe o avance das obrasA actuación forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, comprobou hoxe o avance das obras de rehabilitación integral do CEIP Fogar (Carballo) unha actuación na que o seu departamento inviste 1.430.197,64 euros.

A rehabilitación integral do CEIP Fogar vaille permitir ao centro un aforro do 52,80% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 62,60% en emisións de CO2. Para conseguilo colocarase un sistema illante de envolvente continua polo exterior da fachada mediante sistema SATE, mudaranse as fiestras para instalar unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, renovaranse as persianas e substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza.

Así mesmo, substituirase o material actual de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro e colocarase illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta.

As actuacións contempladas inclúen, así mesmo, o esmaltado das carpinterías interiores e radiadores do centro, o pulido do pavimento de terrazo, a reparación e pintado de paramentos interiores consonte ao Estudo cromático para Centros de Educación Infantil e Primaria da Consellería e a colocación de novo falso teito acústico en varias estancias (aulas e comedor).

Esta obra forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia e é posible grazas ao anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018.

Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar PARTICIPA na inauguración do 27 Congreso EUSIPCO 2019, que congrega na Coruña a 800 profesionais das telecomunicacións

Mar, 03/09/2019 - 11:16
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou esta mañá a 27 edición do European Signal Processing Conference, EUSIPCO 2019, -organizado pola European Association for Signal Processing, EASP-, que durante catro días congrega na Coruña a uns 800 profesionais do sector das telecomunicacións para abordar o presente e futuro deste sector.

Carmen Pomar salientou que o deseño, investigación e desenvolvemento das tecnoloxías da comunicación xogan un papel decisivo no avance da sociedade actual; e aludiu ao traballo científico realizado no ámbito universitario, que permite implantar solucións das que se beneficia o conxunto da sociedade. Nesta liña sinalou o apoio do departamento que dirixe a prol da investigación, que se traduce en investimentos directos de máis de 61 millóns de euros nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) no presente ano 2019.

A conselleira de Educación expresou o seu compromiso por seguir traballando para que a investigación científica reverta en avances sociais mediante a transferencia de coñecemento, e por seguir fornecendo a conexión entre o eido educativo e a contorna produtiva.

CongresosUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

Convocatoria do proxecto Radio na biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/2020

Mar, 03/09/2019 - 10:27
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 3 de setembro de 2019, no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto Radio na biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos (integrados no PLAMBE), que matriculan alumnado de infantil, primaria e secundaria, para o curso 2019/2020.

Seleccionaranse 30 bibliotecas escolares para a súa incorporación a este programa. Os 50 centros integrados en Radio na biblio en anteriores convocatorias poderán solicitar a súa continuidade.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2019.
     
File:  ConvocatoriaTema: Programas e plansPlan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa

Mar, 03/09/2019 - 10:15
Idioma Gallego

Achégase arquivo coa convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 3 de setembro de 2019, do Proxecto BIBLIOTECA CREATIVA, para apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/2020.

  • O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de setembro de 2019.
     
File:  ConvocatoriaTema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Lun, 02/09/2019 - 16:24
Idioma Gallego

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 3 ás 9:00 horas ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Admisión a ciclos formativos: 1ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2019

Lun, 02/09/2019 - 16:22
Idioma GallegoPublicación das listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas. Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares. Curso 2019/2020

Lun, 02/09/2019 - 10:48
Idioma Gallego

 Achégase arquivo coas Instrucións de 2 de setembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2019/2020, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Inclúese o Anexo I de Anotacións ás devanditas instrucións. Acompáñase, igualmente, como anexo II  un arquivo ao que se fai referencia nas instrucións, extraído da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o presente curso 2019/2020 (Disposición adicional primeira), a título de orientacións.

File:  Instrucións de 2 de setembro de 2019 Anexo I Anexo IITema: Plan LÍABibliotecas escolaresDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Convocadas axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/2020

Lun, 02/09/2019 - 09:13
Idioma Gallego

Orde do 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (código de procedemento ED516B).

  • O prazo límite de presentación de instancias será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 7 de agosto de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 7 de agosto de 2019 (DOG)Tema: BolsasBibliotecas escolaresCentros concertadosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: Centros
Categorías: Administración

Período extraordinario de admisión a ciclos formativos. Presentación de solicitudes e ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Lun, 02/09/2019 - 09:03
Idioma Gallego

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 2 de setembro ata o día 10 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime e modalidade, para grao medio; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Aberto o prazo de axudas a alumnado e profesorado de FP para estancias formativas en países da UE no marco do Erasmus+

Dom, 01/09/2019 - 12:00
Summary: A Consellería obtivo unha axuda do Consorcio Europeo de Mobilidades dotada con máis de 1,9 millóns de euros, que destina ao financiamento de 587 prazas para proxectos de mobilidade (420 para alumnado e 167 para profesorado)Os destinatarios son alumnado e persoal de ciclos formativos de Grao Medio e de FP Básica de centros públicos que imparten FP e que forma parte do Consorcio de Mobilidades Tamén está aberta a convocatoria de mobilidade no estranxeiro para o alumnado que cursa a modalidade de FP Dual Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar as axudas de mobilidade destinadas a alumnado e persoal de Formación Profesional para proxectos formativos en países da Unión Europea no marco do programa Erasmus+. 

Esta convocatoria, que se pode consultar no Portal de FP , está dirixida ao alumnado e persoal de ciclos formativos de Grao Medio e de FP Básica de 43 centros públicos que imparten FP e que forman parte do Consorcio de Mobilidades (19 Centros Integrados de Formación Profesional, 23 Institutos de Educación Secundaria e 1 Centro de Educación Especial).

A través dunha axuda obtida do Consorcio Europeo de Mobilidades, a Consellería destinará máis de 1,9 millóns de euros a financiar un total de 587 prazas - 420 son para alumnas e alumnos e as 167 restantes para profesorado- para prácticas por motivos de aprendizaxe en países asociados ao Programa (Finlandia, Alemaña, Portugal, Polonia, Francia, Italia, Irlanda, Grecia, Malta, Estonia e República Checa).

O importe das axudas pode variar entre un mínimo de 1.593 euros e un máximo de 5.308 euros para o alumnado, e entre 455 e 819 euros para o profesorado en función tanto do número de días das estancias como dos países de destino.

Os requisitos esixidos para concorrer a esta convocatoria no caso do alumnado son estar cursando ciclos formativos de grao medio ou FP Básica durante os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21, ou ben que acadasen a súa titulación nos mencionados cursos académicos nos centros públicos que forman parte do Consorcio de Mobilidades. En canto aos criterios de selección, terase en conta o expediente académico, as competencias lingüísticas do idioma do país de acollida e as competencias persoais e actitudes.

No caso do profesorado teranse en conta, entre outros, a antigüidade no centro e as competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo.

Mobilidade para alumnado de FP Dual

Así mesmo está aberta a convocatoria de axudas á mobilidade no ámbito dos países da UE para estudantes que cursen un ciclo formativo da modalidade de FP Dual tanto polo réxime ordinario como polo de persoas adultas no curso 2019-20. Tal como se pode consultar no Portal educativo, trátase de mobilidades de entre 5 e 10 días de duración que terán lugar entre o 15 de outubro e o 30 de novembro de 2019.

As bolsas poderán ser, para cada participante, de ata 100 euros/día para gastos de aloxamento e manutención; e de ata 600 euros para gastos de desprazamento e desenvolvemento de actividades.

Son os propios centros educativos os que deben tramitar as solicitudes, para o cal dispoñen de prazo ata o 30 de setembro.

Cada centro educativo poderá solicitar máis dunha mobilidade e designará o profesorado que acompañará a cada grupo de alumnos na súa mobilidade.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar as axudas de mobilidade destinadas a alumnado e persoal de Formación Profesional para proxectos formativos en países da Unión Europea no marco do programa Erasmus+. 

Esta convocatoria, que se pode consultar no Portal de FP , está dirixida ao alumnado e persoal de ciclos formativos de Grao Medio e de FP Básica de 43 centros públicos que imparten FP e que forman parte do Consorcio de Mobilidades (19 Centros Integrados de Formación Profesional, 23 Institutos de Educación Secundaria e 1 Centro de Educación Especial).

A través dunha axuda obtida do Consorcio Europeo de Mobilidades, a Consellería destinará máis de 1,9 millóns de euros a financiar un total de 587 prazas - 420 son para alumnas e alumnos e as 167 restantes para profesorado- para prácticas por motivos de aprendizaxe en países asociados ao Programa (Finlandia, Alemaña, Portugal, Polonia, Francia, Italia, Irlanda, Grecia, Malta, Estonia e República Checa).

O importe das axudas pode variar entre un mínimo de 1.593 euros e un máximo de 5.308 euros para o alumnado, e entre 455 e 819 euros para o profesorado en función tanto do número de días das estancias como dos países de destino.

Os requisitos esixidos para concorrer a esta convocatoria no caso do alumnado son estar cursando ciclos formativos de grao medio ou FP Básica durante os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21, ou ben que acadasen a súa titulación nos mencionados cursos académicos nos centros públicos que forman parte do Consorcio de Mobilidades. En canto aos criterios de selección, terase en conta o expediente académico, as competencias lingüísticas do idioma do país de acollida e as competencias persoais e actitudes.

No caso do profesorado teranse en conta, entre outros, a antigüidade no centro e as competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo.

Mobilidade para alumnado de FP Dual

Así mesmo está aberta a convocatoria de axudas á mobilidade no ámbito dos países da UE para estudantes que cursen un ciclo formativo da modalidade de FP Dual tanto polo réxime ordinario como polo de persoas adultas no curso 2019-20. Tal como se pode consultar no Portal educativo, trátase de mobilidades de entre 5 e 10 días de duración que terán lugar entre o 15 de outubro e o 30 de novembro de 2019.

As bolsas poderán ser, para cada participante, de ata 100 euros/día para gastos de aloxamento e manutención; e de ata 600 euros para gastos de desprazamento e desenvolvemento de actividades.

Son os propios centros educativos os que deben tramitar as solicitudes, para o cal dispoñen de prazo ata o 30 de setembro.

Cada centro educativo poderá solicitar máis dunha mobilidade e designará o profesorado que acompañará a cada grupo de alumnos na súa mobilidade.

BolsasFormaciónFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

A conselleira Carmen Pomar visita as obras do CPI de Pontecesures, nas que se investirán 762.000 euros

Ven, 30/08/2019 - 12:26
Summary: Os traballos de rehabilitación integral permitirán un aforro de enerxía e maior confort Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional visitou esta mañá o CPI de Pontecesures, onde o seu departamento está a acometer unha rehabilitación integral -enerxética e funcional- que suporá un investimento de 762.341,23 euros. Durante a visita a conselleira estivo acompañada polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

As obras de rehabilitación integral inclúen a colocación dunha cuberta de panel sándwich de 30 mm na cuberta dos edificios administrativo e no de infantil e o illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE, agás dos dous devanditos edificios, que ao ser de ladrillo cara vista levarán illamento mediante inxección na cámara de aire de perlas de poliestireno expandido.

Tamén se instalarán novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e luminarias de alta eficiencia enerxética; medidas que combinadas coas anteriores accións suporán un aforro do 27,0 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 29,20 % en emisións de CO2.

A obra do CPI de Pontecesures completarase coa colocación de falso teito acústico no edificio de infantil, na segunda planta do edificio principal e no ximnasio, co pintado de paramentos e portas no edificio infantil e co pulido do pavimento de terrazo.

Unha parte dos traballos estanse a desenvolver ao longo do verán para interferir o menos posible na actividade do centro, aínda que, cando se compatibilice, farase baixo as máximas medidas de seguridade. Esta actuación forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia e é posible grazas ao anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018

Durante a súa visita a conselleira animou ao centro a continuar implicándose o vindeiro curso nos diferentes programas de reforzo e innovación educativa que impulsa a Consellería. Neste sentido o CPI de Pontecesures xa forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), participou o pasado curso no Plan Proxecta e desenvolveu a liña dos contratos-programa dirixida ao reforzo, orientación e apoio ao alumnado.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar destaca o investimento de máis de 540.000 euros na rehabilitación enerxética do CEIP Arealonga

Ven, 30/08/2019 - 11:39
Summary: A conselleira comprobou hoxe o avance das obrasA actuación forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Arealonga, onde destacou o investimento de 540.978,23 euros que o seu departamento realiza na rehabilitación enerxética deste centro. Tal e como sinalou, o obxectivo é que o groso dos traballos estea rematado ao inicio do curso escolar. En calquera caso gardaranse as maiores condicións de seguridade naquelas obras que deban compatibilizarse co período lectivo. Durante a visita a conselleira estivo acompañada polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

A actuación, que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas, inclúe a substitución da meirande parte das carpinterías exteriores por unhas de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre e a colocación de novas persianas con illamento térmico. Así mesmo illarase a fachada mediante a inxección de poliestireno expandido e a adición de lá de roca na baixo cuberta e impermeabilizaranse os aleiros.

Ademais, mellorarase a instalación de calefacción e substituirase a iluminación dos edificios que compoñen o centro por luminarias LED con equipos de regulación e de detección de movemento. Tamén se renovarán algunhas portas e tabiques interiores, se pulirá o pavimento de terrazo e se pintarán os paramentos e portas do edificio de infantil, entre outras melloras.

Durante a súa visita a conselleira salientou a implicación da comunidade escolar no desenvolvemento dos diferentes programas impulsados desde a Consellería. Non en balde, o CEIP Arealonga incorporouse ao proxecto de libro dixital E-Dixgal o pasado curso 2018/19, curso no que tamén desenvolveu cinco das sete liñas dos contratos-programa. O centro forma parte tamén do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e participou o curso pasado en dúas iniciativas do Plan Proxecta, en concreto Proxecto deportivo de centro e Protexe os animais.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut