Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 6 horas 10 min

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe provisional de cualificacións. Convocatoria 2019

Lun, 10/06/2019 - 08:56
Idioma GallegoPublicada a listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 11 ao 14 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Educación concede 142 bolsas para que o alumnado universitario mellore as súas competencias en linguas estranxeiras

Dom, 09/06/2019 - 09:00
Summary: Cada unha das bolsas están dotadas cunha contía de 1000 euros por beneficiario, que contribuirán a financiar estadías nalgún Estado membro da UE no que os estudantes deberán realizar un curso do idioma oficial do país elixido Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder 142 bolsas de estudo para que os universitarios galegos melloren as súas competencias en linguas estranxeiras a través de estadías de estudo nalgún país da Unión Europea durante este verán.

Cada un dos universitarios beneficiados – a listaxe pode consultarse no Diario Oficial de Galicia– recibirán unha contía de 1.000 euros, cos cales a Consellería contribúe a financiar a súa estancia no país escollido, onde deberán realizar un curso do idioma oficial correspondente en cada caso, de tres semanas de duración como mínimo.

O obxectivo desta liña de axudas -para a que a Consellería de Educación destina unha dotación orzamentaria de 142.000 euros- é facilitarlle ao alumnado universitario cumprir cos requisitos e necesidades creadas polo Espazo Europeo de Educación Superior, que esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a competencia e a capacidade de estudo e traballo no contexto internacional.

Por países de destino, a meirande parte das bolsas son para estadías no Reino Unido (62), en Malta (35) e en Irlanda (27). Séguenlle as bolsas en Italia (6), Francia (5), Alemaña (5), Suecia (1) e en Portugal (1).

Contando cos do presente ano, desde o curso 2011/12, un total de 1.131 universitarios galegos se beneficiaron destas bolsas, cuxa finalidade é que os estudantes de calquera das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) poidan mellorar as súas competencias noutros idiomas, nun curso que deberá desenvolverse no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos incluídos.

Estas axudas reafirman o compromiso do Goberno galego coa igualdade de oportunidades de todo o estudantado para acadar a excelencia, así como un estímulo en prol da mobilidade dos universitarios galegos, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

BolsasUniversidadeServizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Universidades Alumnado
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta o papel da catedrática Luz F. Pérez na posta en valor das altas capacidades nas mulleres

Sáb, 08/06/2019 - 17:15
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación presentou o relatorio da catedrática no MUPEGAA profesora ofreceu unha charla baixo a organización da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC)

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou hoxe a charla aberta da catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade Complutense de Madrid Luz F. Pérez,  La estirpe de Isis en el S. XXI. Mujer, Inteligencia y Ciencia. Durante a súa intervención, a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou o papel desta profesora na posta en valor das altas capacidades nas mulleres. O evento foi organizado pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) e celebrouse no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

O relatorio versou sobre o coñecido como Estirpe de Isis, termo empregado para agrupar ás mulleres pioneiras no eido das artes, as ciencias e do estudo da intelixencia feminina. Neste sentido Luz F. Pérez abordou a necesidade de avanzar sobre as principais liñas de intervención educativa para favorecer as propostas de integración e óptimo desenvolvemento de nenas e adolescentes con altas capacidades, o que redundará nunha maior calidade educativa en xeral.

A doutora Luz F. Pérez coordina na actualidade o Programa de Doutoramento en Educación da Universidad Camilo José Cela e é directora da Cátedra Honorífica Intelixencia Superdotación e Talento da Universidade Liberquaré. Ademais dirixe o Grupo Internacional de Investigación Recoñecido Gifted and Talented”, é presidenta da Presidenta de la Sociedade Española para o Estudo da Superdotación e directora desde o ano 2000 do Seminario Internacional sobre Muller e Superdotación.

Como profesional dedicou a súa traxectoria ao estudo da intelixencia humana e a intervención psicopedagóxica no eido da diagnose e intervención psicolóxica infantil, especialmente no alumnado con necesidades específicas de atención educativa. Ademais súa experiencia e formación no eido das altas capacidades é moi ampla. Non en balde creou o primeiro programa español de enriquecemento para nenas e nenos con altas habilidades, o Programa Estrella; e dirixe o título universitario en Experto en Desenvolvemento da Intelixencia, Capacidade Superior e Neuropsicoloxía da Universidade Camilo José Cela.

A traxectoria de Luz F. Pérez conta tamén con un importante número de recoñecementos entre os que se contan o Premio Nacional de Investigación Educativa,  o Premio Cruz Roja a Proxecto de boas prácticas de inclusión social ou o Premio da fundación Síndrome de Down ao labor científico e social a favor das persoas con Discapacidade Intelectual, entre outros.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Administración

A Xunta convoca 500 meses de licenzas de formación para os docentes non universitarios

Sáb, 08/06/2019 - 09:00
Summary: O portal educativo publica hoxe as condicións para participar neste programa Idioma Gallego

A Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de 500 meses de licenzas por formación para o curso 2019/20 destinadas ao funcionariado docente non universitario. As condicións para solicitalas poden consultarse no Portal Educativo.   

A duración de cada unha das licenzas será de entre un e tres meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado. Os permisos, todos eles retribuídos, poderán solicitarse para diferentes modalidades. Deste xeito, poderán solicitarse licenzas para proxectos individuais ou en grupo para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, bacharelato e FP e atención á diversidade, así como para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional e para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Asemade, poderanse solicitar para o perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior co obxecto de conseguir a cualificación necesaria para promover a creación ou continuación do programa de seccións bilingües ou centros plurilingües.

O obxectivo destas licenzas é facilitar o acceso do persoal docente á formación permanente, no marco da notable transformación que a función docente experimentou nos últimos anos. Así, a través delas, ofértase unha modalidade formativa de máis longa duración respecto das incluídas no Plan de formación do profesorado, nun contexto de implicación activa do profesorado no seu deseño e de acordo coas principais liñas de traballo marcadas para o sistema educativo, neste caso as linguas estranxeiras e a elaboración de materiais didácticos dixitais.

Licenzas por formaciónEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Formación do ProfesoradoProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Máis de medio millar de rapazas e rapaces réndenlle homenaxe á tradición musical da Raia no concerto No Bico un cantar

Ven, 07/06/2019 - 17:30
Summary: A Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega organizan de forma conxunta esta actividade que este ano celebra a sétima ediciónParticiparon alumnas e alumnos de conservatorios e escolas de música de Galicia e Portugal, acompañados polos metais de Hércules Brass e baixo a dirección de Maximino ZumalaveO concerto supuxo a estrea da versión musical do poema de Xosé María Álvarez Blázquez “No rego do prado!” a cargo do compositor Alexis Rozas. A vindeira edición renderá homenaxe á Xeración Nós e terá lugar na provincia de Ourense Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas e o alcalde en funcións de Tui, Carlos Vázquez asistiron esta tarde en Tui ao concerto da sétima edición de No Bico un Cantar no que preto de 560 rapazas e rapaces acompañados duns 50 docentes lle renderon homenaxe á tradición musical da Raia. Tanto Pomar como Núñez Seixas salientaron a importancia de iniciativas coma esta que, ademais de afondar na nosa tradición oral e musical, fomentan o esforzo e a convivencia entre as alumnas e alumnos participantes no concerto. Ademais, aproveitaron para anunciar que a vindeira edición renderá homenaxe á Xeración Nós e terá lugar na provincia de Ourense.

Abriu o programa “San Campio, Romaría galega”, un poema do tudense Manuel Lago González que foi musicado por Torres Creo e que recrea unha festa moi popular na zona.  “Veira d’o mar” é un poema do vigués Pío Lino Cuíñas ao que Reveriano Soutullo lle puxo música. A canción popular portuguesa “Oh rama, oh que linda rama” foi o terceiro dos poemas seleccionados nesta ocasión. Juan Durán realizou os arranxos musicais para coro de nenos e sexteto de metais das pezas.

Despois chegou o momento da estrea, a versión musical do poema de Xosé María Álvarez Blázquez “No rego do prado”. A música para este poema foi composta expresamente para esta ocasión por Alexis Rozas (Santiago, 1990). Rozas ten unha ampla formación musical, na que destaca o seu grao no Conservatorio Superior de Música da Coruña, na especialidade de Composición Musical; grao en guitarra clásica no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela; e a titulación como Mestre, especialidade en Educación Musical, pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten orientada a súa carreira profesional á formación musical infantil en diversos obradoiros e escolas da cidade de Compostela.

O poema de Rosalía de Castro “Maio longo” pertencente á obra Follas novas  puxo o peche, como vén sendo habitual desde a creación deste programa.

O recoñecido pianista e director Maximino Zumalave repetiu como responsable artístico do proxecto. Canda el, tamén volveu participar o grupo de metais Hércules Brass, un quinteto de diferentes instrumentos (trompeta, trompa, trombón e tuba), ao que se incorporou un músico para conformar un sexteto. Como mantedora do programa a estivo outro ano máis a escritora Rosa Aneiros.

No recital participaron alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol), Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo), Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Así mesmo tomaron parte estudantes da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas de Portugal, do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, da Escola de Música Municipal de Mondariz, do Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e da Escola de Música Municipal Vila do Corpus (ambos de Ponteareas), da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, da Escola de Música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, do Conservatorio Profesional de Música de Tui, da Escola de Música Municipal de Tui e da Escola de Música do Porriño.

No Bico un Cantar é unha iniciativa organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración pola consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, xunto co apoio do Concello no que se celebra cada ano, neste caso o de Tui. Nas súas seis primeiras edicións o proxecto estivo dedicado a Rosalía de Castro (2013, Santiago de Compostela), Curros Enríquez (2014, Celanova), Ramón Cabanillas (2015, Cambados), aos trobadores medievais (Cangas, 2016), aos poetas mindonienses (Mondoñedo, 2017) e aos alalás (Betanzos, 2018).

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalOutras entidadesProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

A FP galega mostra a súa oferta e saídas profesionais no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat)

Ven, 07/06/2019 - 15:43
Summary: Carmen Pomar visitou o stand instalado polo seu departamento na Feira Internacional de Galicia Abanca Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o stand de Formación Profesional no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), que se está a desenvolver na Feira Internacional de Galicia Abanca, na localidade pontevedresa de Silleda. Neste espazo ofrécese información sobre os diferentes ciclos de FP que se imparten no sistema educativo galego, así como sobre as súas saídas profesionais. Para iso o stand está atendido por persoal da Consellería e por orientadores e orientadoras dos CIFP Politécnico de Santiago e Paseo das Pontes (A Coruña), así como dos IES Pintor Colmeiro (Silleda), Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín), Laxeiro (Lalín), Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada), Xelmírez I (Santiago de Compostela) e Fraga do Eume (Pontedeume).

A maiores, no espazo instalado polo departamento educativo da Xunta de Galicia desenvolveranse diferentes obradoiros. Así o CIFP Paseo das Pontes ofrecerá un de elaboracións básicas de marroquinaría e outro de pregado artístico de toallas e servilletas; o CIFP Compostela encargarase do obradoiro de coctalaría; e o IES Vilamarín (Vilamarín) desenvolverá un sobre queixos artesáns galegos. Pola súa banda, o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) realizará un obradoiro sobre alimentación saudable, o IES Sanxillao (Lugo) sobre coctalaría sen alcohol e o IES Fraga do Eume sobre a elaboración de doces de bagazo de cervexa artesá.

 

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Nove graos universitarios aumentan as prazas para o vindeiro curso, no que tamén se impartirán por primeira vez catro títulos de nova creación

Ven, 07/06/2019 - 13:36
Summary: A Comisión Delegada da Conferencia General de Política Universitaria aprobou a oferta definitiva para o Sistema Universitario Galego no curso 2019/20O obxectivo da nova oferta de prazas é superar a taxa de cobertura do 90% Idioma Gallego

Un total de 9 graos universitarios aumentarán o número de prazas ofertadas para o vindeiro curso 2019/20 nas tres universidades galegas, que tamén impartirán por primeira vez 4 novos títulos de grao, tal e como acaba de aprobar en Madrid a Comisión Delegada da Conferencia General de Política Universitaria, o órgano estatal encargado de dar o visto e prace á oferta para a totalidade do Sistema Universitario Español, e no que están representados o Ministerio e as CCAA.

No caso de Galicia -á proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional- esta oferta supón aumentar por primeira vez a oferta de prazas naqueles graos que nos últimos anos non eran suficientes para cubrir a demanda existente, e que presentan alta taxa de graduación e empregabilidade.

Deste xeito, no vindeiro curso auméntanse as prazas no Grao en Enxeñería Informática no Campus de Ourense e no Campus de Santiago (+24), no Grao en Dereito no Campus Coruña e Campus Santiago (+15), no Grao en Matemáticas no Campus Santiago (+10), no Grao en Pedagoxía en Campus Santiago (+2), no Grao en Psicoloxía Campus Santiago (+10), no Grao en Educación Social no Campus Santiago (+2), e no Grao en Enxeñaría Mecánica no Campus de Ferrol (+4). Neste último introdúcese a formación dual polo que o campus de Ferrol será o único de toda Galicia en ofertar un grao dual (o Grao en Enxeñaría Mecánica).

Cómpre lembrar que, por primeira vez logo de varios anos, a Consellería de Educación acordou permitir o incremento de prazas de grao e máster daquelas titulacións que cumpriran unha serie de requisitos como a demanda social, a taxa de egresados ou a taxa de empregabilidade entre outros, e tamén tendo en conta o equilibrio da oferta dentro do conxunto do Sistema Universitario Galego. Froito destes axustes agardase que por primeira vez en Galicia a taxa de cobertura das prazas ofertadas supere o 90% cando remate o proceso de matrícula do vindeiro curso.

Catro graos de nova implantación

Así mesmo, continuando coa segunda fase do cronograma dos acordos do Mapa de Titulacións subscrito polas tres Universidades, o vindeiro curso entrarán en funcionamento catro novos títulos universitarios que son o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos no Campus Coruña (50 prazas), o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos no Campus Coruña (50 prazas), o Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación no Campus Ferrol (45 prazas), e o Grao en Robótica no Campus Lugo (50 prazas).

Estes novos títulos xa figuraban na folla de ruta das titulacións nos campus galegos recollida no acordo de 2017 entre a Consellería e os reitores da USC, da UVigo e da UDC sobre o mapa de titulacións no Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o período 2017-2021, e que foi froito dun traballo previo de análise e valoración.

Un dos principios reitores desa planificación subscrita polas tres universidades é o de garantir o mantemento da actual oferta universitaria, polo que a entrada de 4 novos títulos no sistema leva aparellado a progresiva desaparición doutros tantos que son os graos en Humanidades e en Información e Documentación no Campus de Ferrol, o grupo do campus de Lugo do Grao en Lingua e Literatura Españolas e o Grao en Xestión de PEMES (Campus de Santiago).

Todos eles comezarán a retirarse en 1º curso no 2019/20. Non obstante, as Universidades deben garantir que o alumnado que agora mesmo está cursando estes graos complete os seus estudos ata a graduación. 

Cómpre subliñar que estes catro graos presentaban incumprimento dos mínimos de matrícula de novo ingreso fixados no decreto autonómico de titulacións (50 alumnos para os campus centrais e 45 para os periféricos), sen posibilidade mellora a curto e medio prazo, síntoma da non adecuación destas titulacións á demanda dos estudantes de novo ingreso.

Aínda que o aumento de prazas en 9 graos e a oferta de 4 novos graos suma un total de 262 prazas que se incorporan ao sistema no curso 2019/20, no cómputo total o SUG oferta para o vindeiro curso 11.340 prazas, 133 menos que no pasado curso académico xa que logo, como tamén se establece na resolución de 20 de marzo, diminuíuse a sobreoferta estrutural presente en algunhas titulacións, isto é, prazas que historicamente non eran solicitadas polo estudantado que accede ás universidades galegas.

Acceso á universidadeUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Administración

O alumnado que participa nos Clubs de Lectura destaca nas habilidades comunicativas, pensamento crítico, actitudes igualitarias e integradoras e rendemento académico

Ven, 07/06/2019 - 11:08
Summary: A conselleira de Educación, Carmen Pomar, inaugurou a XII Xornada dos Clubs de Lectura, que reúne unhas 300 persoas en SantiagoAsí se desprende do estudo “Clubs, lectores e lectoras no ensino secundario de Galicia” no que se recolle un traballo de campo logo de máis dunha década de funcionamento destes clubs nos centros escolares galegos O Premio Clubs de Lectura 2019 recaeu na escritora María Reimóndez Idioma Gallego

O alumnado que participa nos Clubs de Lectura dos seus centros escolares destaca nas súas destrezas comunicativas, nas habilidades de pensamento e nos seus comportamentos no ámbito da diversidade e da igualdade que repercuten de xeito positivo nos seus logros académicos, sobre todo no que atinxe á calidade de comprensión e expresión tanto oral como escrita.

Así se desprende do estudo “Clubs, lectores e lectoras no ensino secundario de Galicia” que se deu a coñecer hoxe en Santiago con motivo da XII xornada dos Clubs de Lectura, no que se dan cita arredor de 300 asistentes entre estudantes e profesorado, e que contou coa presenza da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.

Carmen Pomar sinalou que a lectura “é clave na construción dunha sociedade máis avanzada, xusta e libre, así como na formación dos cidadáns dunha sociedade democrática”. A titular de Educación do Goberno galego dixo sentirse “gratamente sorprendida” por dous aspectos en concreto que se recollen no estudo, que son “a súa contribución á mellora da calidade da educación, ao coidar tanto a igualdade entre mulleres e homes coma a atención á diversidade” e “a capacidade do alumnado para manter unha conversa construtiva, facer escoita activa, respectar as opinións alleas, e ter conciencia do valor da conversa como ferramenta de construción”.

Logo de máis dunha década de funcionamento dos Clubs de Lectura, Educación vén de realizar unha avaliación sobre a relación que teñen coa lectura tanto os rapaces como os adultos que participan nos 253 Clubs de Lectura que actualmente están funcionando nos centros escolares co apoio da Consellería, que no presente curso destinou a este fin un total de 236.000 euros.

Para isto, levouse a cabo un estudo de campo entre os meses de abril e xuño do pasado ano, da man de José Antonio Millán, doutor en Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona e Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid, con dilatada experiencia en tarefas de investigación sobre lectura.

O estudo centrouse en aspectos máis cualitativos que cuantitativos, xa que o obxectivo era comprender a realidade social complexa que representa a lectura no tramo de idade do ensino secundario e de adultos, así como os efectos dos clubs nos seus integrantes.                

Beneficios para o conxunto da comunidade educativa

Dos resultados obtidos despréndese unha serie de efectos destes clubs nos seus integrantes que cómpre destacar, como o carácter socializador e sentido de pertenza ao grupo, na medida en que se crean grupos de persoas que xeran comunidades de aprendizaxe que non terían interactuado entre si de non existir o club (especialmente notable nos clubs de persoas adultas); o efecto integrador, sobre todo na etapa da adolescencia, onde estes clubs ofrecen un espazo de seguridade para persoas que poden sentirse diferentes; e a construción de pensamento crítico derivada de actividades sociais de alto nivel que teñen repercusión na súa vida académica e social. Así mesmo tamén se comprobou que estes clubs constitúen espazos de liberdade onde os rapaces poden expresar libremente as súas opinións.

Todos estes aspectos tradúcense en beneficios xerais para a boa convivencia no centro e para as relacións co profesorado e, polo tanto, para o conxunto do sistema educativo.

Premio Clubs de Lectura a María Reimóndez

Ademais da presentación dos resultados do estudo, no decurso das xornadas fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2019 á escritora, tradutora e intérprete María Reimóndez, que foi a autora escollida polos alumnos e alumnas que participan nos clubs.

Este galardón foi creado en 2015 co obxecto de poñer en valor o labor de autores galegos que facilitan coas súas obras a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese das persoas que toman parte nos clubs, contribuíndo á construción de novos lectores e lectoras na etapa da adolescencia. Os autores galardoados ata o momento foron Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), e Carlos Negro (2018).

A xornada completouse con obradoiros de literatura e poesía, conferencias, e experiencias de boas prácticas sobre os funcionamentos dos clubs por parte de representantes de colexios e institutos.

XornadasBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/2020

Ven, 07/06/2019 - 09:03
Idioma Gallego

Resolución do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

  • O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo.
     

 

File:  Resolución do 27 de maio de 2019 (DOG)Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas deportivasDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

A Rede de Escolas de arte e superiores de deseño da Consellería obtén o certificado de calidade de Aenor

Xov, 06/06/2019 - 18:05
Summary: Carmen Pomar presidiu o acto de entrega das certificaciónsO selo acredita a consolidación dos sistema de xestión nestes catro centros educativos Idioma Gallego

A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia –dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional – acaban de obter o certificado de calidade ER-0225/2019, ISO 9001, de AENOR, un selo que acredita a consolidación dun sistema de xestión de calidade nas catro escolas que integran a rede. O certificado é ademais un recoñecemento á excelencia das ensinanzas que imparten e á formación artística dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño.

A conselleira presidiu esta tarde o acto de entrega das certificacións, celebrado na capital de Galicia, á EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a EASD Pablo Picasso da Coruña, a EASD Ramón Falcón de Lugo e a EASD Antonio Faílde de Ourense. A titular do departamento de ensino da Xunta de Galicia felicitou as catro escolas “por acadar esta certificación de recoñecemento dun organismo externo, concedido seguindo criterios de valoración obxectivos, e que verifica a calidade da formación artística dos futuros profesionais das artes plásticas e o deseño”.

Carmen Pomar salientou o papel destas escolas na profesionalización das actividades artísticas na nosa comunidade e na formación técnica e artística de profesionais recoñecidos e demandados.

Igualmente subliñou o carácter singular das EASD, como centros de referencia no ensino das artes plásticas e o deseño en Galicia “cunha oferta actualizada e axustada ás demandas profesionais neste ámbito, que se configura como piar básico da formación integral do individuo e do seu desenvolvemento persoal, pero tamén como unha verdadeira opción de futuro”.

Os certificados foron entregados pola conselleira de Educación e polo director de AENOR en Galicia, Martín Pita. No acto participaron tamén o director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira, os directores das escolas de Santiago, Santiago Riande; A Coruña, Manuel Andrés Soto Gómez; Lugo, Mª Esther Muñoz Mella; e Ourense, César Carlos Taboada Varela; ademais de responsables de calidade e inspectores das EASD.

Información xeralEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoEnsinanzas superiores de deseñoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Centros e Recursos HumanosProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Xov, 06/06/2019 - 16:44
Idioma Gallego

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

  • Contra esta resolución poderán formular alegacións e achegar os documentos que se consideren no prazo de 10 días naturais, a partir do día de publicación desta resolución provisional no portal educativo.

 

Anuncio principal: Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeirasTema: BolsasProgramas e plansAuxiliares de conversaCentros concertadosEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: CentrosSección: Linguas estranxeiras
Categorías: Administración

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Xov, 06/06/2019 - 15:57
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

 

Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: BacharelatoDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

A Consellería de Educación reforza a colaboración con Leroy Merlín, Media Markt e Volskwagen no marco do plan de dinamización da FP Dual

Xov, 06/06/2019 - 14:03
Summary: Carmen Pomar asinou hoxe os convenios para a posta en marcha de ciclos formativos nesta modalidadeOfertaranse 60 prazas para 3 grupos do ciclo de grao superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais en Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña na modalidade dualA formación profesionalizadora amplíase a máis alumnado e realizarase en centros de traballo de toda Galicia Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asinou hoxe convenios de colaboración con Julio Rodríguez Fernández (en representación de Leroy Merlín España) e con Sergio Negreira Lens (en representación de Media Markt Saturn Administración España) para a posta en marcha de 2 grupos na modalidade de FP Dual do ciclo de grao superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, que se completará con outro grupo máis neste mesmo ciclo froito da colaboración con Volkswagen Group España Distribución.

No marco do Plan de Dinamización da FP Dual que está a desenvolver o departamento educativo da Xunta de Galicia, con estes acordos renóvase e refórzase a colaboración con estas tres empresas, ampliando tamén o número de alumnas e alumnos que se poderán beneficiar e o número de centros de traballo implicados, distribuídos ao longo de toda a xeografía galega. Os grupos arrincarán en setembro de 2019 e a formación desenvolverase ata o 31 de agosto de 2021.

A través dos convenios asinados hoxe seleccionaranse un total de 60 alumnas e alumnos, que cursarán a parte de formación curricular no centro educativo no IES A Guía (Vigo), no IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña) ou no IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela). O período de permanencia do alumnado de cada grupo no centro educativo ascenderá a 1.094 horas, o que supón o 55% do total da duración do ciclo.

O 45% restante, de acordo coas características propias da FP Dual, corresponderá a actividade profesionalizadora que permitirá ao alumnado familiarizarse coa realidade do mundo laboral e que se desenvolverá en centros de traballo das empresas en  toda Galicia.

As empresas colaborarán cos centros educativos na selección do alumnado e establecerán un sistema de bolsas dirixido aos estudantes participantes neste proxecto durante os meses nos que realicen actividade profesionalizadora no centro de traballo. As alumnas e alumnos serán tamén incorporados ao réxime da Seguridade Social.

A distribución de alumnado por centros educativos e centros de traballo é a que se reflicte no seguinte cadro:

Centro

Alumnado e centros de traballo de Leroy Merlín

Alumnado e centros de traballo de Media Markt

Alumnado e centros de traballo de Volskwagen

Total alumnos

IES Ramón Menéndez Pidal

LM A Coruña: 4

LM Oleiros: 1

LM Ferrol: 1

MM A Coruña: 4

MM Ferrol: 1

Autogándara: 2

Yáñez: 3

Autogándara: 1

Vimianzo motor: 1

Roysan Auto: 1

19

IES A Pontepedriña

LM Santiago: 4

LM Lugo: 1

MM Santiago: 3

MM Lugo: 2

Yáñez: 5

Bonaval Premium: 4

Varela Motor: 1

20

IES A Guía

LM Mos: 1

LM Ourense: 3

Mm Vigo: 2

V. Pérez Rumbao (VEPERSA): 1

Pérez Rumbao Car (PERCAR): 11

Mourente Motor Automoción: 1

Álvaro Hermida: 1

Talleres Gumerjo: 1

21

Total alumnos

15

12

33

60

 

Colaboración do tecido empresarial

Carmen Pomar quixo agradecer a colaboración do tecido empresarial no desenvolvemento dos proxectos de FP Dual, sen o que sería imposible desenvolver esta modalidade da formación profesional. Neste sentido destacou que a implicación das empresas na FP Dual en Galicia é real e comprometida dado que, a diferenza de proxectos doutros lugares, a Administración non subvenciona nin bonifica á empresas colaboradoras.

A conselleira destacou tamén a este respecto o magnífico traballo que están a desenvolver os centros educativos na impartición dos ciclos formativos, unha formación de calidade que resulta atractiva para as empresas. “De feito, o tecido empresarial está a demostrar que confía na FP e nos seus titulados como unha fonte de cualificación excelente e de innovación”, destacou.

Plan de dinamización da FP Dual

Carmen Pomar recordou que o seu departamento ten en marcha o Plan de dinamización da FP Dual de Galicia, no cal se vai investir neste curso e no vindeiro case 5 millóns de euros. Un dos obxectivo do plan é o incremento da matrícula nun 40% nesta modalidade, que é tendencia en toda a Unión Europea e que ademais se ten demostrado como unha vía directa ao emprego dado que, segundo o último estudo de inserción laboral, 9 de cada 10 titulados da Dual conseguen traballo.

A principal medida do Plan é o impulso da implantación de novos proxectos de FP Dual a través da colaboración con todo tipo de empresas, independentemente do seu tamaño e dimensión, con asociacións empresariais e sectoriais, institucións e organizacións sen ánimo de lucro e, especialmente coas empresas punteiras en sectores estratéxicos para Galicia. A maiores, a Consellería apostará pola posta en marcha de proxectos no rural.

Por outra banda, e en relación directa co alumnado, poranse á súa disposición axudas ao desprazamento no período de estadía na empresa e realizarase, por primeira vez, unha convocatoria específica de mobilidade, para o profesorado e o alumnado que estea a cursar FP Dual. O obxectivo é permitirlles vivir unha experiencia que mellore a súa cualificación, tanto no eido das competencias técnicas como no das lingüísticas, en particular as correspondentes á linguaxe técnica específica de cada profesión.

Así mesmo, entre outras accións, recoñecerase a confianza e o compromiso do tecido empresarial galego coa creación, neste 2019, do Premio FP Dual Galicia, con categorías dirixidas aos titores, ás pequenas e medianas empresas, ás grandes empresas e ás organizacións (asociacións empresariais, cámaras de comercio, institucións, fundacións e outro tipo de colectividades sen ánimo de lucro).

Convenios de colaboraciónFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaEntidades autonómicasProfesoradoAlumnadoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2019/2020

Xov, 06/06/2019 - 13:03
Idioma Gallego

Resolución do 5 de xuño de 2019 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2019/20 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

Prazos de preinscrición e inscrición:

- Preinscrición: ata o 12 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO

- Inscrición: ata o 21 de xuño (incluído).

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2019/2020 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas modalidades de grupo, que con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, aplicarase a seguinte orde de prelación:

1º.- Todos eles sen licenza nos dous últimos cursos (2017/18 e 2018/19).

2º.- Algún sen licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

3º.- Todos eles con licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

No caso de quedaren prazas vacantes estas poderían ser concedidas a grupos conformados por máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, coa seguinte orde de prelación:

1º.- Todos eles sen licenza nos dous últimos cursos (2017/18 e 2018/19).

2º.- Algún sen licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

3º.- Todos eles con licenza nos últimos dous cursos (2017/18 e 2018/19).

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2017/18 e 2018/19, e no 2019/20 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2019/20, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2018/19, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

b) Persoal en prácticas

O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:

Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

Meses convocados: 80

2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

Meses convocados: 80

3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).

Meses convocados: 70

5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 30 de decembro de 2019)

Meses convocados: 40

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

Duración: mínima dun mes e máxima de tres meses (do 15 de setembro de 2019 ao 31 de agosto de 2020).

Este perfeccionamento levarase a cabo mediante cursos centrados no perfeccionamento lingüístico intensivo, de cando menos 20 sesións semanais de, como mínimo, 45 minutos cada unha, realizados en todo caso nun país estranxeiro, con preferencia para países da Unión Europea, Estados Unidos e Canadá. Estes cursos deberán estar vinculados ao Marco común europeo de referencia para as linguas ou de metodoloxía CLIL/AICLE (aprendizaxe integrada de contidos e linguas).

Meses convocados: 200

Documentación necesaria

 Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.

 Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

 A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

  1. 99 76 35. Cuestións administrativas e modalidade 6.

     981 52 24 11 (CAFI-Departamento Educación Dixital. Incidencias con Fprofe e modalidades 1, 2 e 5.

  1. 54 65 52. Modalidades 3 e 4.

Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

File:  Resolución do 5 de xuño de 2019 Temáticas modalidade 5Tema: Licenzas por formaciónEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO para maiores de dezaoito anos (convocatoria de maio de 2019)

Xov, 06/06/2019 - 09:31
Idioma Gallego

Publicadas as cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO para maiores de dezaoito anos  (convocatoria de maio de 2019).

 

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas de educación secundariaDepartamento: Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas AdultasColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá, xoves 6, as actividades no exterior dos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra

Mér, 05/06/2019 - 17:36
Summary: Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas Idioma Gallego

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá, xoves 6 de xuño, as actividades no exterior dos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora que comezará ás 12 horas e se prolongará ata as 20 horas

Como é habitual, no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral TécnicaProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 6 de xuño en Galicia

Mér, 05/06/2019 - 15:24
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 06.06.2019 ás 12.00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña, e da totalidade da provincia de Pontevedra.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral TécnicaColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Os colexios rurais agrupados de Santa Comba e Coristanco escenifican a súa fusión nun acto que congregou a representantes dos CRAs do resto de Galicia

Mér, 05/06/2019 - 13:59
Summary: A conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o conselleiro do Medio Rural, José González, visitaron ambos centrosA partires de agora a Escola de Educación Infantil de Lañas (A Baña) tamén se incorpora ao CRA resultante desta fusión Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron hoxe no acto de fusión do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Santa Comba e o CRA Novo Mencer (Coristanco) nun único CRA que inicialmente se denominará CRA de Santa Comba-Coristanco e ao cal tamén se incorpora a Escola de Educación Infantil de Lañas (A Baña), un evento organizado por AMCRAGA (asociación de Mestres/as dos CRA de Galicia) ao que asistiron como invitados os representantes dos outros CRAs que existen na nosa comunidade (27 en total contando o resultado desta fusión).

Esta fusión lévase a cabo atendendo á petición expresa das direccións de ambos CRAs, así como da EEI de Lañas, que foi referendada polos claustros dos tres entes, polos seus respectivos consellos escolares (onde están representadas as familias) e co apoio dos concellos de Santa Comba, Coristanco e A Baña.

Ambos conselleiros efectuaron unha visita á Escola de San Cristovo, un dos tres lugares de docencia que ten o CRA de Santa Comba; e posteriormente desprazáronse a EEI de Lañas, no limítrofe Concello da Baña, onde tiveron ocasión de manter un encontro cos representantes do resto dos CRAs de Galicia convidados ao acto.

Na visita a estes centros, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou a importancia desta fusión na medida en que permite aproveitar sinerxías canto á planificación da actividade educativa e organización de recursos que redundan nun servizo educativo de máis calidade.

De feito, o CRA de Santa Comba ten tres lugares de docencia (escolas de Boaña, O Busto e Mallón-San Cristovo) e o Novo Mencer outros catro repartidos por distintos lugares do concello de Coristanco (Feiranova, Oca, Rabadeira e Xaviña), polo que o CRA que agora resulta da fusión xunto coa incorporación da EEI de Lañas (A Baña), supón aglutinar oito escolas -que entre todas elas suman unhas 80 alumnas e alumnos no presente curso escolar- repartidas en tres concellos distintos baixo unha mesma dirección e coordinación administrativa e educativa.

Así mesmo, Carmen Pomar fixo fincapé no papel dinamizador e de cohesión do territorio que exercen as escolas de Educación Infantil e os Colexios Rurais Agrupados nas zonas onde se insiren, así como no excelente labor que están desenvolvendo os docentes que traballan nestes centros dispersos por aldeas e parroquias de toda Galicia. 

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González , defendeu a importancia da formación, non só na etapa infantil, senón tamén a nivel profesional. Por iso, e de cara a garantir a competitividade do noso agro e da Galicia en xeral, lembrou a importante aposta que está a facer a Consellería do Medio Rural por este ámbito a través do futuro Plan Estratéxico de Formación que desenvolverá a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Neste sentido, José González lembrou que na última década un total de 1.220 persoas cursaron diferentes ciclos formativos ordinarios da familia profesional agraria nos distintos centros de formación e experimentación agroforestal que ten a Consellería do Medio Rural. A esta cifra habería que sumar ademais, todos aqueles cursos de menor grao que buscan a continua actualización e reciclaxe do sector agrogandeiro, como cursos de fitosanitarios, de benestar animal e de incorporación á empresa agraria, entre outros. Neste caso impartíronse un total de 2.881 cursos que contaron coa participación de 63.102 persoas.

Os CRAs son centros educativos onde se imparte Educación Infantil e os dous primeiros cursos de  Educación Primaria no rural, que teñen as súas aulas en escolas repartidas entre varias parroquias; aínda que cunha centralización da xestión e administración que normalmente se confire ao centro que se atopa no núcleo de poboación máis importante.

Actualmente en Galicia existen un total de 27 CRAs (incluído o resultante desta fusión) que aglutinan a preto de 2.200 alumnos, aos que hai que engadir unhas 88 Escolas Unitarias que suman uns 1.000 alumnos máis.

Audio: Información xeralEducación infantilConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Composición dos tribunais que xulgarán os procesos selectivos no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Mér, 05/06/2019 - 08:52
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución  do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Anuncio principal: Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019Tema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Bibliotecas de 16 centros educativos da Mariña reflexionan arredor da poesía

Mar, 04/06/2019 - 19:29
Summary: A conselleira de Educación participou na inauguración destas xornadasCelebraranse recitais de poesía, actuacións musicais e representarase unha obra de teatro contra o acoso escolar, entre outras actividades Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde na inauguración das xornadas A Poesía que sentimos, coas que a Microrrede A Mariña –composta polas bibliotecas escolares de 16 centros educativos da zona– reflexionan arredor da poesía. As actividades son froito dun proxecto colaborativo realizado entre todas elas tomando como base o lema proposto pola Consellería para este curso 2018/19, Poéticas diversas na biblioteca escolar.

Durante a súa intervención a conselleira salientou o papel das bibliotecas escolares como motores de innovación nos centros educativos. “Nelas é onde primeiro se van adaptando as tendencias en aprendizaxe participativo, con enfoques acordes ás formas de acceder á información e de construír o propio coñecemento”, dixo. Así mesmo destacou a súa importancia na adquisición das competencias básicas do alumnado, ao funcionar como “centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, que axudan á consecución dos obxectivos educativos”.

Carmen Pomar explicou que se está a avanzar con firmeza cara a un modelo de biblioteca inclusiva, “que responda, de xeito real, ás necesidades de todo o alumnado e que enfronte os retos que a diversidade presenta”. “As experiencias que se están a levar a cabo na Microrrede son un moi bo exemplo deste papel, así como do compromiso das comunidades educativas coa formación dos máis novos”, sinalou, felicitando a docentes, alumnado e familias implicadas polo traballo realizado.

As xornadas A Poesía que sentimos desenvolveranse os días 4, 5 e 6 de xuño en Viveiro. Tras a inauguración desta tarde celebrouse un recital poético a cargo das nenas e nenos da EEI San Roque, así como dúas actuacións do Conservatorio de Música de Viveiro. A xornada inaugural contará tamén cun recital poético do creador de historias Antón Cortizas e coa intervención artística da asociación Tá en Artes, que pintará en directo na rúa trasladando as palabras poéticas ao debuxo para espertar emocións.

O mércores será a quenda do teatro, cunha obra contra o acoso escolar da agrupación teatral da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A mariña, Es único: teatro contra o bullying. O xoves pecharanse as actividades cun concerto audiovisual a cargo de David Catá e Juan Cabalar e coa presentación do libro Esta non é outra historia de piratas, da mestra e escritora María Rollé.

As xornadas complétanse cunha exposición de traballos elaborados polo alumnado dos centros educativos que compoñen a Microrrede A Mariña, que se pode visitar no salón multiusos do Concello de Viveiro. Ademais, o Centro Comercial Histórico difundirá a poesía oral en voz das nenas e nenos por megafonía nas rúas do casco histórico e os establecementos da zona exporán tamén a poesía manuscrita feita polo alumnado.

Na Microrrede A Mariña participan as biblioteca escolares da EEI San Roque (Viveiro), do CEP Lois Tobío (Viveiro), do CEIP de Celeiro (Viveiro), do CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), do CEIP Plurilingüe Santa Rita (Viveiro), do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove), do CEIP de Cervo (Cervo), do CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela), do CEIP Castro de Ouro (Alfoz), do CEIP Fondo-Nois (Foz), do IES María Sarmiento (Viveiro), do IES Vilar Ponte (Viveiro), do IES Perdouro (Burela), do IES Monte Castelo (Burela), do IES Illa de Sarón (Xove) e da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo

Poéticas diversas

A consigna escollida este curso desde a Consellería, Poéticas diversas na biblioteca escolar, apunta cara a biblioteca escolar, os seus recursos e posibilidades como un lugar privilexiado para estimular o descubrimento da poesía, que se atopa en todos os lugares: nas paisaxes, na música, no cine, na palabra dos poetas, na tradición oral ou no último descubrimento científico. Poéticas Diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades e a que o alumnado descubra a tradición lírica da nosa Comunidade.

XornadasBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut