Novas

Noticieiro do centro

Educación non concede o profesor de Audición e Linguaxe

Pese as peticións feitas dende o Departamento de Orientación, o Claustro de profesores e a ANPA do MGB, a Delegación de Educación non concedeu a praza de profesor especialista en Audición e Linguaxe. Podes ler a crónica de todo o sucedido aquí.

Comezo do curso 2009-2010

Circular informativa sobre o comezo do curso escolar 2009-20010.

Implantación de seccións bilingües de Inglés e Francés

Con data do 31 de agosto, confirmóuselle ao noso Centro a autorización para impartir 6 seccións bilingües dentro da súa oferta educativa para o vindeiro curso, correspondente coas seguintes materias:

  • INGLÉS:
    • Física e Química (3º ESO)
    • Matemáticas (3º ESO)
    • Tecnoloxía (3º ESO)
    • Educación Física (3º ESO)
  • FRANCÉS:
    • Filosofía e Cidadanía (1º BAC)
    • Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC) 

Pódese consultar a nova aquí.

Acto Mellores Expedientes Académicos galegos 2009

O pasado venres 10 de xullo celebrouse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, un acto homenaxe aos alumnos e alumnas galegos con mellores expedientes académicos (nota media das calificación das PAAU igual ou superior a 9). Dito acto formou parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" da Universidade de Santiago de Compostela. Do noso Instituto foi seleccionada a alumna Alba Chao Castelo. PARABÉNS A ALBA POLOS LOGROS AO SEU ESFORZO!!

Imaxes da excursión aos Oscos - Taramundi

Xa están penduradas na galería Flickr do centro o álbume das imaxes da excursión aos Oscos, realizada polo alumnado de 3º da ESO e organizada polo Departamento de Tecnoloxía. Para visulizala pincha aquí.

Fotos da viaxe a Túnez

Ya están subidas á nosa Galería en Flickr as imaxes da viaxe a Túnez de 4º de ESO. No bloque da dereita tedes unha mostra.

 

3654928730_773e39c383.jpg

Dormes? no Teatro Principal de Santiago o mércores 24 de xunho

O vindeiro mércores 24 de xunho, no Teatro Principal de Santiago, haberá unha dobre representación de Dormes?. O primeiro pase será ás 19:30 h. e o segundo ás 21:30 h.

Se queres asistir podes reservar as túas invitacións chamando a o teléfono  981 54 23 50

invita_dormes_24xunho_2009.jpg

O MGB e a excursión de Tecnoloxía na prensa ceutí

O MGB segue imparable. Esta vez saimos nun artigo de Jose Luis Navazo, especialista en política marroquina e columnista no diario "El pueblo de Ceuta". Ademais de periodista, Jose Luis foi o noso guía, cociñeiro... na excursión aos Oscos de Tecnoloxía. Preme no enlace para ler o artigo.

http://www.elpueblodeceuta.es/200906218109.html

Relación dos premios do ENDL

 Premios marcadores sobre Ramón Piñeiro:

  • Catarina Barcala Gosende  1º ESO B
  • Ariadna Silva Fernández     1º ESO B

Premios literarios  "Letras Galegas":

-Premios de Poesía:

  • Claudia Murás Bugallo        1º ESO A
  • Cristian Carbajales Neira   4º ESO B

-Premios Relato Curto:

  • Patricia Calviño Rivadulla       1º ESO B
  • Xoán Reyes Villar                     2º Bach  A

Máis de teatro

O profesor Lourenzo Álvarez lembra con nós a súa participación no teatro do instituto. Podes ver a entrevista onde nos conta todos os detalles. Ademáis, podes atopar o catálogo das obras representadas polo centro nos últimos corenta anos. E atopar toda a información das últimas dúas obras representadas por alumnos de 1º de bacharelato: "A liberación da potencia" e "Diálogo entre números primos".
3594902266_ec9d65be6f.jpg

Taramundi 3º ESO

O vindeiro venres 19 de xuño os/as alumnos/as de 3º ESO viaxarán a Taramundi para realizar distintas actividades. Voltarán o sábado 20 de xuño. 

Asemblea de fin de curso da ANPA do MGB

A asociación de pais e nais de alumnos (ANPA) do MGB convoca a asemblea de final de curso que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.

Excursión Túnez 4º ESO

Mañá 14 de xuño do 2009 os/as alumnos/as de 4º ESO comenzarán a súa viaxe de fin de curso a Túnez regresando o vindeiro 21 de xuño.

Tenis no MGB

Varios alumnos deste centro están matriculados na escola de tenis de A Estrada. Clica aqui para saber mais.

tenis.jpg

Equitación no MGB

Neste centro temos o placer de ter a un membro da selección española de equitación entre os nosos profesores, Miguel Carbajal Porto. Clica aquí se queres coñecer máis sobre él nunha entrevista que lle realizamos.

io.JPG
Distribuir contido