Novas
Proxecto Terra
Enviado por Vicedirec. o 30 Xaneiro, 2009 - 10:01O vindeiro 3 e 4 de marzo os/as alumnos/as de 4º ESO irán a Melgaço en Portugal para realizar distintas actividades do Proxecto Terra.
Teatro "Llamada perdida"
Enviado por Vicedirec. o 21 Xaneiro, 2009 - 11:37O vindeiro martes 27 de xaneiro os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO asistirán a unha obra de Teatro "Llamada perdida" no Colexio La Salle de Santiago (cambio de ubicación). Sairán ás 10 :30 horas e voltarán ás 14:25 horas
Concerto didáctico
Enviado por Vicedirec. o 16 Xaneiro, 2009 - 10:44O vindeiro mércores 21 de xaneiro os alumnos/as de 4º ESO e 1º, 2º Bacharelato asistirán a un concerto didáctico da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA dirixida por Maximino Zumalave Haydn, Sinfonía nº 82 en Do maior “O oso” no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Sairán ás 09: 35 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ó centro.
Conferencia "Nenos Saharauis"
Enviado por Vicedirec. o 12 Xaneiro, 2009 - 09:59Mañá martes 13 de xaneiro terá lugar na aula de usos Múltiples do centro unha conferencia impartida por Ahmedu Mojtar Abdalahe, Delegado Saharaui para a Comunidad Autónoma de Galicia, sobre os nenos Saharauis para os/as alumnos/as de 3º (10:45 horas)e 4º ESO (11:35 horas). Entregaráselle o diñeiro recaudado nas representacións da obra de teatro Dormes?.
Semana Branca
Enviado por Vicedirec. o 12 Xaneiro, 2009 - 09:47Dende o domingo 11 de xaneiro ata o venres 16 algúns dos alumnos/as do centro están en Candanchú disfruntando do esquí.
Lecturas para o Nadal
Enviado por BiblioMGB o 16 Decembro, 2008 - 18:19Dende a biblioteca do IES Manuel García Barros recordámosvos que o Nadal é tempo de vacacións pero tamén de libros. É unha boa ocasión para pedir e regalar libros. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións.
"Primeiro por primeira vez"
Enviado por webmaster o 28 Novembro, 2008 - 11:54A USC fixo chegar a tódolos centros de ensino secundario de Galicia este documento en *.pdf con toda a información que necesita un alumno que vaia cursar por primeira vez estudos nesta universidade.
Teatro Francés
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2008 - 16:18O vindeiro martes 16 de decembro os alumnos/as de Francés acudirán a representación dunha obra de Teatro no Colexio A Salle en Santiago. Sairán ás 10:30 e voltarán ás 13:35 horas.
Visita aos muiños de Ribadumia
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2008 - 16:07O vindeiro xoves 11 de decembro o alumnado de 1º ESO A e C farán unha visita guiada polos muiños de Ribadumia como actividade da asignatura Proxecto Interdisciplinar. Sairán do centro ás 9:30 horas e voltarán ás 14:25
Meteogalicia
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2008 - 16:03O vindeiro martes 9 de decembro os alumnos de 2º Bacharelato B, C e D visitarán Meteogalicia en Santiago. Sairán ás 9:00 e voltarán ás 13:35 horas ao centro
"Eu tamén son climántica", un novo blogue no planeta MGB
Enviado por webmaster o 26 Novembro, 2008 - 13:25Hoxe Dormes? no Teatro Principal da Estrada
Enviado por webmaster o 21 Novembro, 2008 - 10:00Por fin chegou día. Hoxe venres, ás 21:30 horas, no teatro Principal da Estrada, poderemos ver a segunda representación de Dormes?, unha creación do taller de Expresión Artística do MGB dirixido polo profesor Miguel Carbajal.
Despois do éxito acadado na representación de xuño, esperamos volver emocionarnos esta noite con este fantástico espectáculo de danza, música e vídeo.
Chegade puntuais porque esperamos ter un cheo absoluto!
Le a crónica da rolda de prensa de onte na Voz de Galicia.
Conferencia de Gonzalo Moure
Enviado por Vicedirec. o 19 Novembro, 2008 - 23:07O vindeiro venres 21 de novembro na Aula de Usos Múltiples haberá unha conferencia de Don Gonzalo Moure destinada aos alumnos/as de 3º ESO. Comezará ás 9:00 horas
Visita a Citroën e o Museo Verbum
Enviado por Vicedirec. o 19 Novembro, 2008 - 23:02O vindeiro martes 25 de novembro os alumnos/as de Tecnoloxía de 4º ESO visitarán en Vigo, Citroën e o Museo Verbum-Casa das Palabras. Sairán ás 8:20 do centro e voltarán ás 14:25 horas.
Reunión informativa da excursión á neve
Enviado por webmaster o 19 Novembro, 2008 - 13:34- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- seguinte ›
- última »