Profesor de Audición e Linguaxe 2009/10

O 1 de agosto do 2009, a responsable do Departamento de Orientación (D O) ten constancia por medio da lista provisional de destinos de que o noso IES non se lle adxudica ningún profesional da especialidade A.L. (Audición e Linguaxe), aparecendo si un nombramiento similar para o IES nº 1.
Pensando que podía ser un erro e habendo tres días para reclamar, a Orientadora ponse en contacto co equipo directivo do centro para advertir da situación e que se reclamase ese nombramento, como así se fixo.
O 1 de setembro o comenzar o curso, tense constancia que non se vai momear a ninguén e haberá que compartir profesional co IES nº 1, mermando así as horas de atención o alumnado con necesidades específicas de atención nos trastornos de adquisición da linguaxe e fala, problemas de lectoescritura, etc.
Nunha visita o centro da inspectora Dna. Paz Lamela, mostrouse inflexible ante a petición de correxir esa decisión, polo cal plantexouselle o Claustro, que enviou un escrito de protesta o 21 solicitando unha rectificación; pola sua parte o D. O. enviou unh nota a prensa publicada o 19 -9- 09, nota contestada o 22 pola Consellería e outra da inspección manténdose na postura inicial.
O 26 de este mismo mes o ANPA manifesta por medio de un artigo a prensa (Faro de Vigo Tabeirós/Montes) o seu apoio a petición do Garcia Barros, e amplía a petición de especialistas para os demais IES da localidade.